Apoio aos traballadores de Novo y Sierra


TRABALLADORES DE NOVO Y SIERRA

O BNG de Pontecesures quere mostrar o seu apoio aos traballadores de Novo y Sierra. Non só na manifestación deste próximo sábado, senón en calquer outro acto ou manifestación que se produza no futuro. Ademaís queremos deixarlle claro aos traballadores que estamos a súa disposición para calquer cousa que precisen e na que nós lle puidesemos axudar.
Nós cremos que como forza política do pobo de Pontecesures, do cal temos moitos traballadores con esta problemática , temos que estar a súa plena disposición.
Sen maís queremos dende o BNG darlle todo o noso ánimo e apoioe e esperando que en esta loita consigan os seus obxectivos.
E pedirlle a todos os veciños de Pontecesures a que acompañen a estes traballadores o sábado na manifestación.Xa que creemos que o que lles pasa hoxe a eles pódelle pasar mañán a calquera.
Consello local do BNG de Pontecesures

Morreu Luz Divina Márquez Magariños.

Aos 84 anos de idade, morreu esta veciña da rúa Calera nº 39 de Porto. Era viúva de Alfredo Sánchez Grela.
O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón, e mañá, día 29, as 18:00 terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecesures. Recibirá sepultura no camposanto municipal de Condide.
Descanse en paz.

Sindicatos y trabajadores de “Novo y Sierra” contactarán con colectivos y políticos para que respalden la movilización.

La manifestación por los despidos de los trabajadores de Novo y Sierra está convocada para el sábado a las cinco de la tarde. Partirá de las inmediaciones del puente de Pontecesures y recorrerá las calles centrales de este municipio, para dirigirse posteriormente hacia la fábrica de ladrillo, situada en A Torre (Campaña). Sindicatos y trabajadores pretenden conseguir un respaldo importante por parte de la ciudadanía y por ello, en los próximos días se pondrán en contacto con organizaciones sociales, formaciones políticas y colectivos vecinales para instarlos a que participen activamente en la marcha ya que, ??para este entorno, perder trinta e seis postos de traballo suporá un impacto moi grande?, sostiene Juan Fajardo.
En los últimos días, la plantilla de Novo y Sierra ya trató de implicar a los vecinos de Valga y Pontecesures en el conflito laboral que les ha tocado vivir. De hecho, la pasada semana pegaron, en estos dos municipios, carteles que contenían duras críticas hacia los propietarios de la empresa, dos familias naturales de Pontecesures. En ellos se leen frases como: ??Gracias aos xefes por deixar tirados na rúa a tódolos seus obreiros. Coa súa actitude chulesca e prepotente levaron á empresa á total destrucción, despois de lucrarse da mesma durante cinco xeracións?.

DIARIO DE AROUSA, 27/05/09

Substituídos algúns integrantes das mesas para as eleccións europeas.

Por imposibilidade dalgunhas persoas elixidas nun principio para formar parte das mesas, e ao aceptar as causas xustificativas a Xunta Electoral de Pontevedra, no día de hoxe o concello elixiu, por sorteo, os novos compoñentes. Son os seguíntes:

MESA U
Presidenta: Genma Barreiro Sanmiguel
1º suplente da presidenta: Luis Magariños Iglesias

MESA B
Presidente: Enrique José Herránz Grela

Salvaxes

O BNG de Pontecesures quere manifestar o seu malestar, asi como o de numerosos veciños do pobo, pola tala indiscriminada das árbores do entorno da praza do monumento do Coche de Pedra. Esta praza está a ser remodelada polas obras que está a realizar o concello no centro do pobo cos fondos do Fondo Estatal de Iversión para o Emprego.
Para a nosa sorpresa encontrámonos estos días con que a totalidade das árbores desta praza foron taladas eliminando de forma radical a única zona do centro do pobo donde os veciños podían desfrutar dun espazo verde para o lecer e donde se podía descansar nos seus bancos no verán á sombra destas árbores que polo menos levaban ahí uns 30 ou máis anos.
Para nós este feito é considerado como un atentado ecolóxico contra o entorno do centro do pobo, e máis tendo en conta que cando se presentou o proxecto das obras non se mencionou para nada a tala das árbores.
Pontecesures, 22 de maio de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

O desgoberno cesureño continúa coas súas

O BNG de Pontecesures quere felicitar á ASOCIACI?N MIRÁNDOLLE OS DENTES polo éxito da Feira do automóbil FEGACLASIC celebrada os pasados 16 e 17 de maio. Durante estes 2 días foron moitos os visitantes a este evento de distintos lugares de Galicia, así como doutros lugares do estado español no que tiveron a posibilidade de ver de primeira man a amplia exposición de automóbiles antigos de todo tipo que ofrecía a Feira e tamén de mercar recambios para vehículos clásicos que se ofertaban nos stands que se instalaron para a ocasión.

Esta feira supón un antes e un despois no auxe de Pontecesures como referente de feiras destas características, facéndolle recuperar ao noso pobo a condición de pioneiro en feiras do automóbil antigo e, ao mesmo tempo, dándolle proxección a nivel de toda a península ibérica ao Concello de Pontecesures.

O BNG tamén quere calificar de lamentable a ausencia da primeira autoridade do pobo, a señora Alcaldesa, nos actos desta feira nos cales non fixo acto de presencia en nengún dos días. Tamén lamentamos e criticamos que o Concello de Pontecesures non fixera nengún tipo de aportación económica a esta feira e ademáis puxera todo tipo de impedimentos e atrancos para que este evento se desenvolvese con normalidade.

Así, non se cortou o tráfico rodado polo centro do pobo no momento da ofrenda floral no monumento do Coche de Pedra, denegar por parte do concello á organización da feira a utilización dos baños da plaza de abastos aos visitantes da feira, por poñer algúns exemplos.

A Asociación Mirándolle os Dentes tiñan solicitado por escrito tanto o corte de tráfico, que non chegou a producirse; e a utilización dos baños, que lles foi denegada tamén por escrito. Para nós estas actitudes son reprobables e son unha mostra máis do talante antidemocrático do goberno que estamos a padecer en Pontecesures.

O BNG considera que esta feira dalle un lugar privilexiado a Pontecesures no eido da compraventa e exposición de vehículos clásicos e pezas para os mesmos. E nesta ocasión o goberno local de Pontecesures, encabezado pola Sra. Alcaldesa, non estivo á altura á hora de apoiar como corresponde a unha actividade que tanta proxección lle dá ao noso pobo.

Entendemos que o equipo de goberno actuou por revancha ao poñer impedimentos para a celebración da Fegaclasic e que pretenden dividir aos veciños de Pontecesures con estas actitudes pouco democráticas.