El BNG cesureño aboga por dejar las viejas casas de los maestros para centro de día

El gobierno local pretende usar estas instalaciones para construir un albergue de peregrinos

El BNG de Pontecesures ha presentado una moción para debate en el próximo pleno por la que solicita que se reserven las antiguas casas de los maestros para ubicar allí un centro de día de atención para las personas mayores e insta al gobierno local a que haga las gestiones ante la Xunta con el fin de conseguir la financiación necesaria para realizar esta obra.

La iniciativa nacionalista surge a raíz de que el gobierno local haya anunciado su intención de destinar las viviendas situadas en la calle Pousa Antelo, al lado de la Escola Infantil Municipal, para ubicar allí un albergue de peregrinos con motivo del inminente año Xacobeo

No a los «caprichos»

«? obriga dos gobernantes priorizar nas necesidades e, polo tanto, nos investimentos que o pobo necesita, e non opoñéndonos a que Pontecesures poida contar cunha instalación deste tipo, cremos que primeiro e ante todo, está atender á consecución de servizos para os nosos veciños e para as nosas familias. As escasas zonas públicas de equipamentos con que conta o Concello deben ser empregadas con racionalidade e sentido común e non con ‘caprichos’», indica el Bloque.

«Asimesmo, e logo do exposto, non consideramos que sexa un lugar axeitado para un albergue de peregrinos, pois ao estar lonxe do centro do pobo, pouco ou nada contribuiría a un sector económico fundamental para o noso concello omo é a hostelaría e mailo comercio en xeral», según explica el BNG.

Visto bueno de la Xunta

El grupo de la oposición alude a que las gestiones realizadas en su etapa de gobierno para ubicar en las casas de los maestros el centro de día estaban muy avanzadas, hasta el punto de que desde la Xunta habían informado favorablemente la viabilidad de este proyecto. «Polo tanto non cabe ningunha dúbida da idoneidade desta ubicación como o corroboran os informes técnicos do arquitecto redactor do anteproxecto, do arquitecto municipal e do informe favorable de viabilidade da propia Xunta de Galicia», señala el BNG.

«No anteproxecto presentado, para un centro tipo de 30 prazas, se facía constar que a construcción nesa ubicación se axustaba por completo á legalidade urbanística segundo o PXOM, extremo que corrobora o arquitecto municipal nun informe emitido en agosto de 2007 a instancias do goberno actual», explica el Bloque.

Por tanto, la apuesta de los nacionalistas por el centro de día en esta ubicación es clara y, al mismo tiempo, solicitan al gobierno tripartito, que dirige Maribel Castro, que busque una ubicación alternativa para el albergue de peregrinos «máis próxima ao centro do pobo, pois só así sería realmente beneficiosa para a hostelería e comercio en xeral», concluyen en su moción.
La Voz de Galicia

Concedida unha subvención para seguir contando cun axente de emprego e desenvolvemento local.

Para seguir contando con este posto no concello, solicituouse unha subvención á Consellería de Traballo e Benestar ao abeiro da Orde de 31 de agosto de 2009 dentro do Programa Operativo “Fomento do Emprego”.

Pois ben; no día de onte a xefa territorial da consellería en Vigo, Carmen Bianchi Valcarce, comunicounos a concesión dunha subvención de 21.562,90 euros que equivale ao 79,76% do custo laboral total deste traballador durante un ano incluida a cotización laboral á Seguridade Social.

Con satisfacción recibe a nova o goberno local, xa que a continuidade do axente de emprego e máis necesaria que nunca nestes tempos de incremento do número de desempregados e cando vai comezar un obradoiro de emprego que demanda unha atención preferente.

Pontecesures, 16/12/09
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais

Os internautas prefiren o Centro de día

gráfico
A enquisa sobre o que desexan os internautas que se faga nas antigas casas dos mestres “marcha” cun bo ritmo de participación. En poucos días xa teñen participado 63 internautas.

Os resultados están a ser claramente favorables a prol do centro de día frente as outras opcións, así:

Centro de Día para maiores 47 votos, o 73 % do total

Albergue para peregrinos 16 votos, 0 25 % do total

Outros usos 1 voto, case o 2% do total.

Non obstante o BNG anima a seguir participando libremente aos internautas sobre esta cuestión, que non é menor.

Menos para emerxencias, para todo

pick-up

O BNG quere manifestar o seu malestar e o dos veciños de Pontecesures pola utilización que dende o concello se lle está a dar ao vehículo de emerxencias pick-up, xa que estamos a obsevar nestos días que operarios do Servizo Municipal de Obras do concello o están a usar para baldear camiños municipais. Nos cremos que esta non é a finalidade para a que se concebíu este vehículo.

Dende o noso grupo xa denunciamos publicamente que en 2 incendios que se produciron recentemente no noso pobo non intervira esta pick-up porque non estaba posta a disposición da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tendo que actuar nestos operativos a motobomba e a pick-up do concello de Padrón.

Temos constancia de que a Agrupación de Protección Civil ten practicamente vetado o uso deste vehículo, o que é inaudito.

O BNG solicita unha vez máis ao concello que esta pick-up sexa cedida en uso aos voluntarios de Protección Civil para que estea dispoñible para emerxencias. Ao mesmo tempo instamos á autoridade da Xunta de Galicia competente nesta materia, que foi a que subvencionou este vehículo, que controle a correcta utilización destes medios.