Recordatorio e Petición

Boas tardes,

Coido que debería sobrar o que vou dicir, pero parece que hai que repetilo moitas veces. Este é un sitio para falar, dialogar, discutir sin que sexa necesario entrar en provocacións, fallas de respeto e insultos.

Non teño moito tempo para revisar os comentarios e coido que non debería facer falla que alguén os supervise, xa que todos deberiamos saber comportarnos, pero parece ser que non é así.

Acabase de anular a conta dun usuario rexistrado por repetidos avisos, e ningunha resposta ou mostra dun cambio de actitude. Todo comentario que pode ter algún problema, de forma, porque está todo en maiúsculas, ou porque está escrito en quente, está duplicado, e pasado a moderación e enviado por correo electrónico ó usuario, para que sepa a razón e poida refacelo, e ó momento podese voltar a publicar.

O que está a pasar é que parece que todo vale, e teño que estar detras de todo o mundo, e eso non e así. Non sei por onde tirar á hora de evitar saidas de tono e non hai moita axuda, moita sangue a ferver e pouca cabeza fría. Si vos parece idoneo o medio empregadeo correctamente, doutra forma non o empreguedes, ninguén obriga a ninguén a por un comentario, e si se pon debe ser baixo o respeto mutuo.

Un saudiño dende Sevilla,

Antonio Cortés

Finsa solicita licencia para abrir unha nova caldeira

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte a solicitude feita por Financiera Maderera, Finsa, para a apertura dunha caldeira de 35 Mw para a xeración de aceite térmico na zona de Paraíso-A Ponte (Padrón). O anuncio, feito público polo Concello de Padrón, sométese a exposición pública polo prazo de dez días (contados a partir de hoxe) para que todos aqueles que se consideren afectados por esta actividade poidan presentar reclamación.

Traducido de: El Correo Gallego

Ligazón ó anuncio: Boletín Oficial Provincia A Coruña

Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas

Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas

Xa se pode solicitar cita para a xestión do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2006 a través de internet dende a seguinte dirección:

* https://www5.aeat.es/es13/h/citaiden.html

Para máis información:

* Portal da Axencia Tributaria: Con Información e acceso a tódolos recursos
* Oficina Virtual da Axencia Tributaria: Onde acceder en liña á declaración, borradores, solicitar a cita (A maioría de servicios requiren un certificado dixital).
* Fabrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT): Información do organismo que xestiona a creación e mantemento dos certificados dixitales de usuario