Con satisfacción recibeu este concelleiro da ACP a nova de que onte operarios municipais procederon á retirada da pequena cruz de pedra ubicada en días pasados no paraxe coñecido coma “Cruz de Infesta” que se está a acondicionar con cargo ao programa LEADER PLUS da ADR Ulla-Umia. A colocación desta cruz sobre unhas rochas foi denunciada por este concelleiro recollendo as queixas veciñais xa que o elemento ornamental lembraba, con evidente mal gusto, os que se colocan nas sepulturas dos camposantos. Ademáis, por enriba, a cruz estaba inestable e abaneábase con risco de caída e de perigo para nenos e maiores que transitan polo lugar.
Celébrase así esta retirada corrixíndose unha auténtica “chapuza” propiciada polo goberno local. Espérase así que se coloque, en lugar da cruz retirada, un cruceiro típico galego que é o que desexan tódolos veciños.
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.
El concejal de ACP, Luis Sabariz, solicitó por escrito al ingeniero jefe de la zona sur de Portos de Galicia que acomenta con “urxencia” la limpieza de uno de los márgenes del río Ulla, en el que “a maleza esta alta e acumúlanse desperdicios de todo tipo como plásticos, cartóns ou vasos”. Asimismo insta a esta entidad a limpiar “a fondo” las rampas del muelle y reparar varios puntos de luz.
Un grupo de padres de alumnos del colegio cesureño de Infesta mostraron su malestar porque, desde que comenzó el curso escolar, todavía no se ha producido ninguna reunión de la APA. Por ello exigen al presidente de este colectivo, Luis Angel Sabariz Rolán, que convoque un encuentro con urgencia en el que comunique a los padres la cuotas que deben pagar este año, un aspecto a que a día de hoy todavía desconocen.
Sobre ás dúas da madrugada do día de hoxe o Golf GTI de tres portas guiado por un xoven de 19 anos de O Forno-Cordeiro (Valga) precipitouse ao río á altura da rampla nº 6 do peirao cando viña dende a rúa Calera con dirección á ponte ramana. O conductor, na curva onde esta a caseta que utilizaban os Valeiros de Porto, perdeu o control do vehículo e despois de colisionar contra o lateral do muro de formigón xusto ao comezo do mesmo, caeu ao río coa marea mediada.
No concurso “Vai de baile” do programa LUAR que se emitirá o vindeiro venres día 13 de outubro na TVG participará unha parella cesureña de baile tradicional composta por Silvia Diz Fernández, de 16 anos e Igor Gonzaléz Refojo de 15. Ambolos dous pertencen ao grupo “Algueirada” de Pontecesures e, nestes días, están a preparar o concurso co director do grupo Martín Agrasar.