ACP solicita que sexan colocadas con urxencia os sinais na praza dos Valeiros de Porto.

Rematadas o 25 de agosto as festas de Porto aínda non se colocaron de novo os sinais de tráfico na praza dos Valeiros cos riscos para a circulación que ocasiona isto.
Tampouco se colocou de novo a xardiñeira onde estaba na zona adoquinada preto da beirarrúa de dita praza.

Non foi reposto o espazo da beirarrúa na rúa dos Namorados que quedou destrozada por mor do peso dos camións das orquestras os días 24 e 25 de agosto.

Por todo o descrito solicitouse no día de onte á alcaldesa en funcións Maribel Castro que se corrixan con toda urxencia estas deficiencias.

Disculpas públicas de Luis Sabariz a la gasolinera de Redondo.

En relación con lo manifestado por mí el pasado mes de junio de 2006, sobre el exceso de consumo de combustible de un vehículo municipal y en la parte concerniente a la gasolinera A Palmeira (JERS S.L.), quiero exponer lo siguiente:
1-Dichas acusaciones contra la gasolinera fueron fruto del debate político y de la intensidad con la que yo traté este tema. En ningún momento fue mi intención formular acusación contra la estación de servicio.
2-Es cierto que, en cuanto al propietario y personal de la gasolinera, carecía y carezco de prueba alguna que involucrase a éstos en el asunto del gasoil.
3-Quiero disculparme públicamente con el propietario y personal de la citada gasolinera por mis declaraciones.
Luis Angel Sabariz Rolán

Ampliado o plazo do concurso de fotografía sobre as festas de Porto

Durante o plazo especificado para o I Concurso de fotografía Festas de Porto fixemos unha migración de correo ó novo servicio de Gmail para dominios polo que algúns correos electrónicos con imaxes igual non chegaron. Para evitar que alguén que enviase imaxes non entre no concurso ampliámolo plazo ata o vindeiro 24 de Septembro. As imaxes deberán enviarse a redaccion @ pontecesures.net.

Aproveitamos para lembrar a todos que están dispoñibles contas de correo pontecesures.net (oteunome@pontecesures.net) para quen as queira cas seguintes características: 2GB de espacio, os alias (otronome@pontecesures.net) que queirades asociados á conta, e todo dende o mesmo interface web do gmail. Para ter unha só hai que solicitala por correo electrónico a admin @ pontecesures.net

A ACP denuncia que se está a desviar e a entubar un regato preto da rúa Sagasta sen autorización algunha.

O día 5 de setembro este concelleiro apreciou que obreiros da empresa do promotor Constantino Taibo Tojo estaban a realizar unha obra de cambio do curso dun cauce natural (se estaba colocando unha tubaría de 50 cms.) por onde coreron sempre as augas que baixan de San Xulián, fundamentalmente en tempos de choiva, e no tramo máis próximo á rúa Sagasta onde o promotor pretende construir un edificio de vivendas (xa preto da desembocadoura do regato no río Ulla).

Este cauce está grafiado e contemplado no PXOM e así este concelleiro sostén que tanto o cauce como a zona adxacente son de titularidade pública non entendendo que o promotor pretenda a desviación para apropiarse do terreo do cauce natural para construir enriba do mesmo, trasladando o regato a unha futura zona de cesión.

(máis…)

Finsa pone en marcha una planta de biomasa en su fábrica de Padrón.

En “La Voz de Galicia” de hoy aparece la siguiente noticia que se resume para detallar lo concerniente a Pontecesures:

La maderera gallega Finsa se ha gastado 15 millones de ? en su fábrica de Padrón para producir calor a través del aprovechamiento de los residuos de la madera, lo que permitirá secar el tablero con su propia energía renovable y sin depender de los combustibles fósiles.

(máis…)

A ACP solicita melloras relacionadas co campo de fútbol

Rematada a obra de construcción do muro lateral de peche do campo de fútbol “Ramón Diéguez” no monte de Porto resulta urxente colocar de novo a alambrada por enriba do muro para impedir, no posible, que os balóns vaian fora do recinto.
Tamén resulta moi necesario colocar unha porta e unhas esqueiras no muro para facilitar o labor do persoal do club de fútbol precisamente cando os balóns saen das instalacións.
Solicitan tamén os veciños das vivendas de protección oficial que están preto do peche construído que se coloque un taboleiro para a información municipal no novo muro como tiñan antes.
Tamén urxe que sexan talados os piñeiros que están escorados preto do novo muro como foi solicitado hai uns días. Se ven algún temporal con vento forte os piñeiros poden desplomarse destrozando o muro cos conseguintes riscos para os veciños.
Esta petición trasladouse á alcaldesa en funcións Maribel Castro, esperando que todas estas cuestións sexan resoltas canto antes.