
O CIM ofrece servizos gratuítos de atención psicolóxica e asistencia xurídica na casa do concello de Pontecesures.
| O Concello de Pontecesures informa de que o Centro de Información á Muller (CIM) ofrece dous tipos de servizos gratuítos ás veciñas de Pontecesures: atención psicolóxica e asistencia xurídica. O servizo de atención psicolóxica estará dispoñible todos os mércores en horario de 12:00 a 14:00 horas, mentres que o de asistencia xurídica terá lugar todos os venres, de 9:30 a 11:30 horas. A atención prestarase nas oficinas emprazadas no baixo da casa consistorial. Máis información: 986 557 125 ou 986 564 409. |

O lento camiñar da FP: Valga perde dous ciclos do metal por falta de demanda.

O director do instituto pide traballar na erradicación de estereotipos entre os rapaces.
O IES Plurilingüe de Valga veu comezar o mes pasado o prazo de inscrición na Formación Profesional coñecendo a decisión da Consellería de Educación de trasladar o seu Grao Medio Dual de Mecanizado ao CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía. O mércores abriu a primeira das tres quendas de matriculación que ao longo do verán acabarán casando as preferencias dos 51.454 solicitantes de praza na FP en toda Galicia e a oferta do sistema para o vindeiro curso. E neste punto, o instituto valgués xa sabe que entre as súas aulas de primeiro haberá finalmente dúas titulacións menos das impartidas no último ano académico: o Ciclo Superior de Construcións Metálicas en réxime ordinario e o Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría para adultos.
Trátase de dúas titulacións, como a de Mecanizado, dun sector do metal que sustenta unha porcentaxe principal da economía de Valga e da súa contorna, con empresas tractoras coma Extrugasa, Exlabesa ou Gama e Hijos. De aí que a supresión dos graos apuntados resoe con especial estrondo cando o director do IES Plurilingüe de Valga, Eliseu Mera, explica a razón: «A Consellería de Educación pide un mínimo de 8 alumnos para que haxa o primeiro curso de calquera ciclo e unicamente había dúas peticións validadas tanto para o de Construcións Metálicas como para o de Soldadura e Caldeiraría para adultos». Mera conta que o ano pasado, a estas alturas do verán, tampouco se chegaba á ratio esixida desde a Xunta para a primeira das titulacións, con máis de dez anos de antigüidade no programa de estudos do centro do Baixo Ulla: «Había 4, só que entón a Consellería preferiu agardar a setembro a ver se se chegaban aos 8, e conseguiuse o número xusto de alumnos».
Cun ecosistema empresarial como o valgués, que sucede para que aconteza algo así? Eliseu Mera apunta en dúas direccións. No caso do Ciclo Superior de Construcións Metálicas, di: «Haino tamén en Santiago, e para un rapaz de 18 anos, resulta máis atractivo vivir en Santiago ca en Valga». Con todo, no fondo da cuestión, o director do instituto entende que segue a ser preciso traballar na superación dun estereotipo retroalimentado durante décadas: «O alumnado debe deixar de ter medo a apostar pola FP pensando que é unha formación inferior á da universidade. Hai que continuar facendo un traballo de divulgación do alto grao de inserción laboral dos titulados en FP».
Mera recorda que, desde a estrea do CS de Construcións Metálicas no instituto de Valga, houbo outro ano no que á falta de demanda levou a eliminación do seu primeiro curso e, como entón, «confío en que o ano que vén volva haber alumnado suficiente para ofertalo outra vez». Ata entón, no 2023/24 o IES de Valga ofertará o primeiro curso dos graos básicos de Agroxardinaría e composicións florais e de Fabricación e montaxe e os graos medios en Soldadura e caldeiraría no réxime ordinario e no dual.
La Voz de Galicia
Finsa facturó 1.419 millones el año pasado, 300 más, con una plantilla de 3.369 trabajadores.

La maderera destaca que sus costes se elevaron un 28 %
La maderera Finsa incrementó sus ventas el año pasado en 300 millones de euros, hasta un total de 1.419 millones.
La Voz de Galicia
La comedia “O furancho” se representará el próximo 28 de julio en Valga.

“O furancho”, escrita por Santiago Cortegoso, trata de cuestiones que afectan a la sociedad contemporánea como la pobreza cultural, la complejidad de los sentimientos o los perjuicios que todos arrastramos. Este espectáculo, protagonizado por Isabel Risco y Marián Bañobre, llegará al auditorio de Valga el 28 de julio a las 20 horas y con entrada libre.
La llegada de la compañía teatral Ibuprofeno Teatro a Valga se debe al programa de dinamización lingüística FalaRedes de la Xunta de Galicia.
La Voz de Galicia.
A romaría da Casa Vella volve este sábado a Campaña.

Esther Ordóñez, á esquerda da imaxe, nun acto de Mel de Galicia.
Esther Ordóñez dará o pregón da 42 edición da festa
Este sábado volve a romaría da Casa Vella a Campaña. Xa son corenta e dúas edicións desde a súa aparición. O evento comenzará ás dez da mañá co pregón, ofrecido este ano por Esther Ordóñez Dios, presidenta do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia.
Xa pola tarde, dende ven cedo, a partir das catro, haberá varios DJ pinchando distintos estilos de música para atraer a todos a desfrutar da festa. O colofón será actuación do grupo M80.
A organización quere asegurarse que sexa un gran día e terá ben preparadas as reservas de cervexa. Ademais, haberá unha exhibición de fogos artificias, aproximadamente ás doce da noite, a cargo de Pirotecnia López.
La Voz de Galicia