Roubo na tenda de Sara Castro na rúa Carlos Maside de Pontecesures.

Sobre ás 17:45 horas do día de hoxe, entraron tres mulleres xoves nesta tenda. Tras entreter unha delas ás presentes, as outras dúas roubaron a cartera dun bolso dunha señora de Condide que se atopaba probando roupa. A carteira tiña documentación, cartos e un décimo de lotería de nadal. Ás tres mulleres foron recollidas por un vehículo de cor obscura guiado por un home.

Con anterioride, estas tres mulleres tentaron, sen éxito, roubar algún obxecto da Ferretería Hermanos Castro Figueira.

Foi avisada a Policía Local e a Garda Civil, que instrúe dilixencias. Segundo datos de última hora, o trío de mulleres roubou tamén más tarde nun establecemento de Padrón, onde os axentes da Policía Local andaban na súa busca.

Un camión causa danos nunha beirarrúa de Doctor Mosquera en Condide.

Sobre ás 15:45 horas do día de hoxe, o tracto camión 3578 FMH dunha empresa de bebidas de Valladolid danou un tramo duns 10 m2 de beirarrúa en Doctor Mosquera (intersección coa rúa do Ensanche) ó subir pola mesma.
O camión dirixiase a unha nave de bebidas da zona e o conductor foi identificado pola Policía Local. Os danos serán afrontados polo seguro do vehículo.

Un vehículo empotrouse contra a fachada dun local na praza de Pontevedra.

Foi esta pasada madrugada cando un vehículo guiado, ó parecer, por unha muller que ía buscar familiares a Chanteclair, saiuse preto da rotonda da praza de Pontevedra de Pontecesures e bateu contra un local comercial baleiro (ten anuncio de aluguer) que está situado entre a óptica Visión XXI e un estudo de arquitectura. Está o local no baixo nun edificio promovido no seu día por Constantino Taibo S.L, nas rúas Redondo e Carlés, pero con entrada por esta última, números 1 e 3.
O local tivo danos considerables na parede e na luna de cristal pero, afortunadamente, non houbo danos personais.

La recta de Campaña es escenario de un nuevo accidente de circulación.

Esta fatídica recta, en el Concello de Valga, fue escenario ayer del enésimo accidente de circulación, aunque afortunadamente se saldó sin daños personales. Un turismo se incorporaba a la PO-548 cuando fue alcanzado levemente, en la parte frontal, por un camión cargado de eucalipto. Según Protección Civil de Valga, que reguló el tráfico hasta la llegada de la Guardia Civil, no se registraron heridos y los daños materiales fueron leves.

FARO DE VIGO, 05/12/08