Entrevista con O Leo i Arremecághona que actúa o sábado 31 no pub Taboga.

«VESTIRSE DE PALLASO ? UNHA FORMA DE RIRSE DUN MESMO»

«Son único cantautor do mundo que se separou de si mesmo », asevera O Leo i Arremecághona!!! Así o demostrará o vindeiro sábado, cando ofreza unha esperadísima actuación en Pontecesures. Non por nada é un dos ‘showman’ máis queridos, xa que leva máis de 10 anos poñendo en escena os seus espectáculos cheos de irreverencia, reivindicación filolóxica e un especie de travestismo paródico que non deixa títere con cabeza. ‘A maldiçión dos ghusanitos’ ou ‘Suspiros de kaña’ son dous dos seus clásicos, como di a frase, de ‘ayer, hoy y siempre’.

Xa hai que non se vía ó Leo pola beira do Ulla. Si, volvemos a Cesures despois de tocar na Casa Vella de Campaña e no festival Artenativa. Estivo aí a xente facendo presión e veño tamén co dj Arturo B, que ademais é compañeiro e ‘amigho’.

Cando di «volvemos» é porque non vén vostede só…

Vai ser a primeira vez que leve por esta zona o espectáculo novo, Todos metidos nun bote tour. Son o primeiro cantautor do mundo que se separou de si mesmo e agora somos catro: un cantautor da transición na liña comunista-independentista dos 70; o espectáculo novo do Leo, que se titula ‘A neurona na patineta’; o seu irmán xemelgo descoñecido, En-Riquinho, que, como era ‘pijo’, estivo pechado no faiado ata os 33 anos, e o fillo do Leo, un rapeiro que é unha crew el só.

Non van caber no Taboga!

Bueno, desta vez só imos O Leo e o En-Riquinho, que é un trasunto de Iván Ferreiro. ? unha parodia do pop, unha enmenda á totalidade do pop. Aí queda iso. Vai cambiar o punk polo pop? A música é de base pop, pero as letras teñen moi mala ostia agochada. O motor é a parodia, pero cunha base pop máis asumible para o público.

E con que sorprenderá O Leo?

O novo espectáculo do Leo é minimalista, con temas de menos dun minuto. Todas as cancións son do poemario que publiquei, ‘Hai cu’. Se tes algo que dicir, dío rápido. ? a máxima do punk. Por iso improviso a música do momento. Este novo espectáculo é máis punk. Así que mira que falso é Gusiluz.

Ten dúas caras! Pero, traxe de galega ou de faralaes?

O novo espectáculo é máis punk. Cando empecei con el tentei vestirme de rúa, pero non puiden evitalo e ó final vou un pouco de pallaso. Un pouco como Jonhy Rotten, dos Sex Pistols, en Paredes de Coura. ? unha forma de rirse dun mesmo. En canto ó En- Riquinho, vai vestido de marca, pero de marca moi sui generis, con pantalón de Citroën, gorra de Piensos Biona, camiseta tamén de propaganda…

E que foi dos clásicos? Non van a parecer por Cesures?

Si! Abrirá O Leo, logo seguirá En-Riquinho e pecharán os clásicos de sempre, como ‘A maldiçión dos ghusanitos’ ou ‘Suspiros de kaña’. O fin de festa será con Lolita de Coristanco, co traxe de faralaes. O novo espectáculo é máis punk.

Leoi
Fotografía: Diario de Pontevedra

DIARIO DE PONTEVEDRA, 28/10/09