«O GES de Padrón está entre os de máis intervencións porque estamos nunha zona de moito movemento».

seco

José Carlos Seco Santos (Padrón, 1975) está ao fronte do servizo de Protección Civil da capital do Sar dende que se fundou, no ano 1995, e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) dende o seu inicio, hai tres anos. O GES de Padrón é un dos que atende máis actuacións de toda Galicia.

-¿Está sendo un ano de moito traballo para o servizo?

-? moi similar o ano pasado, con máis de 750 intervencións polo de agora.

-Está entre os servizos de emerxencias con máis intervencións de Galicia, ¿a que o atribúe?

-Posiblemente, a que estamos nunha zona na que temos un movemento de tráfico moi importante. Hai varios polígonos industriais e estamos situados nunha zona de paso para moitos cidadáns. E no verán somos un punto de enlace coa costa. Nesta zona tamén temos vías de comunicación moi transitadas.

-Primeiro Protección Civil e agora o GES son servizos plenamente integrados na vida da comarca. ¿Son tamén imprescindibles?

-Claro que si. Se estes servizos non existisen, ¿quen ía atender todas as intervencións que nos facemos? ¿Como se atenderían todos os eventos deportivos e culturais da comarca que a día de hoxe demandan a nosa presenza? ¿Como se lle daría unha resposta os veciños da comarca en caso dunha emerxencia? Os parques de bombeiros máis próximos son os de Boiro e Santiago e teñen un área de intervención moi grande. Ademais, o seu tempo de resposta vai ser moi alto comparado con ter un servizo de emerxencias na propia comarca.

-¿Ten o GES medios suficientes ou precisaría dalgún en concreto?

-Nestes servizos de emerxencias todos os medios que veñan son benvidos. Agora mesmo a carencia máis importante que temos é a dun camión autobomba con capacidade para moita auga, xa que solo dispoñemos dun vehículo con 800 litros e dunha pick-up para incendios forestais con 500. E tamén precisamos renovar outros medios que xa están moi gastados ou, practicamente, son case inoperativos.

-Tamén se fan cargo de retirar niños de avespa asiática. ¿Hai moita presenza na comarca?

-Este ano levamos algo máis de 50 avisos. Para poder atendelos, a Xunta dotounos con tres traxes especiais e a semana pasada facilitounos unha pértega para poder tratar os niños máis altos.

-No Sar tamén se fan cargo da extinción dos lumes forestais, ¿foi un verán duro?

-Non en especial, tivemos un par de semanas con varios lumes, pero non foi como os veráns de anos anteriores.

-Tamén teñen que asumir tarefas de limpeza de terreos públicos. ¿Afecta negativamente ese traballo ás condicións do persoal para afrontar posibles intervencións?

-Temos que facer unha serie de desbroces de acordo co convenio e hai que ter en conta que, en moitas ocasións, tardase en poder dar unha resposta a unha emerxencia, xa que o persoal ten que cambiarse e recoller o material de desbroce e logo ir a atender a emerxencia.

-Hai tempo incorporaron unha unidade canina. ¿Teñen previsto algunha especialización máis?

-A unidade canina foi presentada o ano pasado, no vinte aniversario de Protección Civil. Andase a voltas cunha unidade de salvamento e rescate acuático.

La Voz de Galicia

EXPOSICI?N P?BLICA DA VARIANTE DA N-550 EN PONTECESURES E VALGA (ALTERNATIVA 4).

Por Resolución do Ministerio de Fomento aprobouse provisionalmente e sométese a información pública O ESTUDO INFORMATIVO E O ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL: N-550, Tramo: Variante de Pontecesures e Valga. Clave: EI2-PO-23. Provincia de Pontevedra.

Por tal motivo, pola Demarcación de Estradas do Estado en Galicia procedeuse a incoar o expediente de información pública publicándose o correspondente Anuncio no Boletín Oficial do Estado de data 19 de outubro de 2016.

En consecuencia, a exposición pública que será de trinta días hábiles rematará o día 1 de decembro de 2016 (incluído este).

Infórmase por tanto a todos/as os/asinteresados/as que no taboleiro instalado na Casa do Concello, atópase exposto o citado Anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, a Resolución da DirecciónXeral de Estradas do Ministerio de Fomento, unha memoria e planos en papel do estudo informativo. Na devandita documentación o Ministerio de Fomento recomenda como solución más favorable a ALTERNATIVA 4,que é a que figura exposta.

ACTIVIDADE DE YARN BOMBING “TECENDO POLO CAMBIO”.

cartel-tecendo-cambio

@s participantes aprenderán a calcetar. Reflexionaráse sobre cooperación e igualdade de xénero e tecerán unha peza conxunta de calceta coa que cubrirán un elemento de Pontecesures (monumento, mobiliario urbano, etc…) –YARN BOMBING

Esta actividade levaráse a cabo os venres 18 e 25 de novembro e 2 de decembro en  horario de 18.00 a 20.00 horas.
Lugar: Aula do semisoto da Casa do Concello.

Prazas: 15 por rigoroso orde de inscrición.

Prazo de inscrición: Ata o mércores 16 de novembro no concello.

Acto de YARN BOMBING: Venres 9 de decembro.

Continúan as obras de saneamento na rúa do Ensanche de Condide.

mos1mos2

Continuan estas obras de mellora da rede da saneamento nas rúas Ullán e Ensanche incluídas no Fondo de Compensación Ambiental 2016 cun custo aproximado duns 39.000 euros dos que o concello achega uns 8.000. Na rúa do Ensanche estase a construir ademais un bo tramo de beirarrúa.

A obra da Rúa Ullán que comezou o sábado pasado xa está prácticamente rematada e co firme resposto. Foi ben valorada polos veciños a rapidez dps traballos que afectaban bastante ao tránsito de vehículos e peóns.