VOLCA O REMOLQUE DE EMBARCACI?NS DO CLUBE NA?TICO DE PONTECESURES AO SEU REGRESO DE TRASONA NESTA FIN DE SEMANA, AFORTUNADAMENTE SEN NENG?N DANO PERSOAL.

A mala sorte volve a cebarse unha vez máis co Clube Naútico de Pontecesures. Se fai poucas semanas, cando voltaban á Pontecesures procedentes dunha regata en Verducido (Pontevedra), se desprendeu unha embarcación do remolque cando circulaban por carretera, quedando esta totalmente inservible; nesta fin de semana a incidencia foi máis grave.

Na xornada de onte ao seu regreso dunha regata en Trasona (Asturias), e logo de que as últimas probas da mesma foran suspendidas por temporal de vento e choiva, xa circulando pola autovía o remolque dou dous fortes bandazos debido ao vento, por este motivo todo o grupo decidíu parar e aproveitar para xantar. Unha vez reemprendido o regreso decidiron facer o resto da viaxe por carretera, para evitar o vento nos viaductos da autovía, e a unha velocidade moi moderada, pero en Mondoñedo aproximadamente ás 18.30 horas entrando moi despacio nunha rotonda e ao cambiar o sentido da marcha unha forte racha de vento empuxou o remolque e provocou que volcase, afortunadamente a pouca velocidade. O máis importante e que non se producíu nengún dano persoal nos membros do clube. Nembargantes, o remolque quedou inservible e está aínda por ver o estado das embarcacións que ían nas súas fundas e que foron recollidas e gardadas no Clube de Piragüismo de Foz, ata que se volvan a traer para Pontecesures non se poderá evaluar o estado das mesmas. Agradecer ao clube de Foz a súa axuda e amabilidade neste trance.

VUELCO REMOLQUE CNP 2

VUELCO REMOLQUE CNP 3

Anxo Angueira: «Rosalía é veciña de Novalis e Hölderlin».

anangu

Ademais de presidir a fundación Rosalía de Castro, con sede na casa-museo de Padrón, o filólogo e escritor Anxo Angueira (Dodro, 1961) traballa na edición da obra completa en galego e castelán de Rosalía (1837-1885). Froito dese labor publicouse no 2013 Cantares gallegos (Xerais) e hai uns días que o mesmo selo levou ás librerías Folla novas. «Máis xente implicada no proxecto continuará con outras obras», adianta.

-¿Facía falta unha nova edición?

-Cómpre dar unha visión global ou sistemática de Rosalía de Castro. E desde a perspectiva da literatura galega, interesa tamén o que produciu en castelán.

-¿E «Follas novas», en concreto?

-? un libro tan denso, tan vasto, oceánico, que os seus poemas precisan anotacións de toda índole. E isto é o que fai esta edición, ademais de revisar a fixación do texto orixinal e ofrecer un lóxico estudo introdutorio.

-¿Hai achegas novidosas?

-Creo demostrar que non é unha obra, como di Rosalía no prólogo, con palabras nas que ela parece desligarse, feita había tempo, «escrita no deserto de Castela». Foi medrando como universo en expansión. ? filla do seu tempo, da Restauración, do pesimismo, do fracaso da primeira República española, na que Rosalía e Murguía tiñan postas moitas esperanzas. E non é unha obra segmentada, senón que mostra moita unión global, que sitúo arredor da muller como protagonista, como nación poética e política de penélopes.

-¿E a súa poesía?

-Nos seus eixos líricos máis relevantes advirto o diálogo que Rosalía mantén coa alta poesía europea do seu tempo, a poesía da soidade, da poética da dor, do adeus: falo de Leopardi, Novalis, Byron, Hölderlin, da poética da noite, da sombra. Rosalía é moi veciña de Novalis e de Hölderlin. E falo tamén da poética da nación. En Follas novas hai un discurso poético da nación, da nación desas penélopes líricas e políticas, da nación dunha Galicia traballadora. Era lectora da literatura do seu tempo, traducida ao francés. Estaba en todas as grandes encrucilladas, e nunha posición vangardista.

-Se fala dela sempre á beira de Bécquer, nun tic empobrecedor.

-Aquí non hai suspirillos germánicos. A literatura española situou a Rosalía como posromántica, cando é todo o contrario. ? unha escritora realista, con ecos da alta poesía do século XIX, pero non é pos nada. En todo caso será proto algo, xa que avanza o que despois ían ser as grandes liñas e os temas da poesía do século XX.

-«Follas…» non é unha colectánea de folliñas. Hai algo programático.

-Aínda que sexa un libro feito ao longo de dez anos, non é como di no prólogo: que eran poemas esquecidos, destinados á destrución, e agora xunteinos; non é así.

-¿? para quitarse importancia?

-Si. ? o principio retórico da captatio benevolentiae. Ela di: non pensedes que isto é poesía transcendente, as mulleres non podemos facer ese tipo de cousas, están reservadas para os homes. ? todo ironía. Intenta distanciarse da súa obra, dicindo que eses versos estaban condenados ao esquecemento. Non é así. ? unha obra filla do seu tempo, aínda que viña de atrás; Rosalía ordenouna e deulle unha arquitectura global extraordinaria. Comeza cunha serie de poemas, Vaguedás, que son poesía sobre a poesía, metaliteratura. Iso está no discurso máis contemporáneo, hoxe. En Silencio! hai ecos do que 110 anos despois vemos en Lois Pereiro en Narcisismo. E adianta a análise das profundidades do ser humano nas que combaten as forzas de Eros e Thanatos: «Inmortales deseios que atormentan/ e rencores que matan». No proceso da escrita, que describe como violento, frustrante, indaga a grande escisión que ven recoñecendo o home sobre a incapacidade da linguaxe. Ese discurso que Rosalía comeza en Follas está nas poetas de hoxe.

-No conxunto da obra, ¿cal é a importancia de «Follas novas»?

-Rosalía ten tres obras extraordinarias. Cantares gallegos, cun gran poder simbólico, é a primeira en galego, cun discurso sobre a alegoría nacional, froito da mocidade, da esperanza, a obra da alborada que canta ao amencer, con ilusión. Follas novas é unha obra pesimista, que ela di do solpor, do ocaso, do outono, que xa non canta á alborada senón á noite, a soidade, ao adeus, á dor, coma Leopardi. Son obras distintas, fases da escrita: na primeira pesaba moito máis a poesía popular, e aquí queda algo pero xa a música é un adagio solemne. E está En las orillas del Sar, un dos máis altos cumios da poesía en castelán do século XIX. Na que se desprende da voz polifónica popular para dar paso á propia voz autorial máis asimilable. Non digo que sexa o cume, pero advírtese un camiño na poética polo cal Rosalía se vai facendo cada vez máis ela.

-¿Por que deixa o galego tras «Follas novas»? ¿Foi falta de eco?

-Con Cantares gallegos, obtivo un recoñecemento extraordinario; foi o único que reeditou en vida. E Follas novas mereceu reseñas positivas. Pero ela, ao mellor, tiña un proxecto distinto. Non sei por que o fixo, pero o que sei é que En las orillas del Sar non esquece o seu compromiso con Galicia. E hoxe a crítica xa está vendo en novelas como El primer loco o El caballero de las botas azules a vangarda no castelán do século XIX.

-¿Que cómpre facer para mellorar a apreciación da súa obra?

-A proxección internacional é complexa. Había traducións de poemas illados, e no 2013 editouse Cantares gallegos traducido ao inglés pola poeta Erín Moure, que este ano fará o propio con Follas novas. Son grandes avances. Hai pouco que Cantares gallegos foi traducido ao xaponés. Isto está convertendo a Rosalía nun referente literario de Galicia no mundo, pero os procesos son lentos.

-Foi pioneira no uso do galego e en amosarse como muller esritora.

-? unha muller que asume o conflito da muller escritora. Ten dous textos marabillosos, Lieders (publicado en Vigo, en 1858, cando tiña 21 anos) e Las literatas (Lugo, 1865), que son auténticos manifestos que critican a posición subalterna que no mundo de homes escritores teñen as mulleres que fan literatura. E expono dun xeito totalmente descarnado.

-Cite algo positivo e algo negativo do matrimonio con Murguía.

-Todo no matrimonio é positivo, de simbiose exemplar. Hai documentos que desapareceron, pero os que coñezo dan fe dunha relación estreita no persoal e no intelectual. Rosalía era unha intelectual ao nivel de Murguía. Sempre queda iso de que el era o intelectual e ela o talento natural; diso nada. A biblioteca era común, e os dous se facían circular entre eles as obras, os textos dos autores.

-A fama de que el era algo bruto…

«A identificación de Galicia con Rosalía non pode ser»
Rosalía foi pioneira en Galicia como muller escritora; despois, anota Angueira, veu Pardo Bazán.

-?sase moito a unha para negar á outra. ¿Non poden ir da man?

-? comprensible. Poderían ir da man, pero xa elas se desmarcaron mutuamente. Dalgunha maneira Pardo Bazán desconsideraba a literatura en galego e rexional, que asimilaba ao folclórico. E mentres Pardo Bazán cre no progreso, Rosalía desconfía dos intereses dun capitalismo incipiente que arrasa todo. Teñen criterios opostos, o que non quere dicir que unha sexa mellor ca outra.

-¿Hai na posición de Rosalía un romanticismo reaccionario?

-Non quere unha volta ao pasado, senón que desconfía do progreso. Curros confía na locomotora, encántalle; Rosalía, non. Critica a présa con que se vive. Iso non é reaccionario, ao contrario, é un aviso dos tempos que veñen, devastadores. Ela é escéptica, non canta as excelencias da modernidade como Bazán. Son distintas, sendo escritoras que defendían a súa condición de mulleres nun mundo dominado por homes.

-¿Na Rosalía como gran figura do feminismo, non hai peros?

-Non. Pero a muller de Rosalía é a muller traballadora, do pobo, do seu tempo, abandonada polo home que marchou para Cuba, que non sabe se vai volver, e se encadra perfectamente na literatura universal: son penélopes. «Tecín soia a miña tea». Non fala só da soidade individual, senón da soidade política e social.

-¿E a nación de Rosalía?

-Si está o «Pobre Galicia, non debes chamarte nunca española!», pero, ¡ollo!, hai un substrato que é o pobo traballador galego. A nación de Follas novas é a nación das mulleres. Non hai peros, pero si matices. Esa lectura que veu despois de Galicia=Rosalía=saudade, esa ecuación, é falsa. A identificación de Galicia con Rosalía non pode ser. Galicia para Rosalía era un proxecto, como continúa sendo para moitos de nós. Non é esencia permanente.

-¿? unha visión social?

-A visión social tamén é política. A nación de Rosalía é a alborada de Cantares gallegos, esa esperanza de rexurdir, de empezar un novo tempo, pero tamén os emigrantes que non volven e as mulleres que quedaron soas.

-? devolver a dignidade ao pobo.

-Os grandes principios de Rosalía están xa en 1858 en Lieders, texto no que fala de independencia, liberdade e igualdade para a muller, para o ser humano. ? devolverlle a dignidade a Galicia, ao pobo. Non hai unhas esencias que conservar nin preservar, máis alá da nosa cultura, do idioma. Pero detrás disto está un proxecto social de emancipación e de liberdade e de dignidade.

La Voz de Galicia

La actriz Raquel Queizás llega con sus cuentos infantiles al Auditorio de Valga.

La sesión, dirigida a un público familiar, está prevista para las seis de la tarde de hoy.

El Auditorio de Valga recibe esta tarde a la actriz y narradora Raquel Queizás, que protagonizará una sesión de cuentos infantiles dirigida a un público familiar y que comenzará a las 18 horas. Con una trayectoria de más de diez años dedicada a la narración oral profesional, Queizás mantiene actualmente en cartel cerca de una docena de espectáculos de cuentacuentos sobre temas diferentes y adaptados a distintas edades. En los últimos años fue integrante de varias compañías gallegas de teatro profesional.

La actividad está organizada por la Diputación de Pontevedra e incluida en la programación del Año Castelao. Exposiciones, conciertos o talleres infantiles contribuyen a divulgar la figura y obra de este autor entre la población de toda la provincia pontevedresa.

Faro de Vigo

El PSOE se queja de la falta de debate en los plenos de Valga.

deva

La portavoz del Partido Socialista de Valga, María Ferreirós, fue recibida esta semana en Santiago por la Valedora do Pobo, Milagros Otero, un encuentro en el que también participó Patricia Vilar Lorenzo, diputada socialista en el Parlamento autonómico.

La principal queja que Ferreirós le trasladó a la Valedora fueron “los continuos impedimentos y dificultades que el Partido Popular pone a nuestra labor de control y fiscalización en el Ayuntamiento de Valga”. Pone como ejemplos la negativa del gobierno local a ceder al PSOE un local en el que atender a los vecinos o “impedirnos constantemente ejercer nuestro derecho al uso de la palabra en los plenos”. En referencia a esto último “le trasladamos a la Valedora lo ocurrido en el último Pleno, en el que el alcalde nos impidió debatir la moción presentada” para retirar el título de Hijo Predilecto de Valga a Castelao Bragaña. María Ferreirós salió satisfecha de la reunión ya que la Valedora “nos informó de que abrirá un expediente y requerirá información y explicaciones al gobierno local” que preside José María Bello Maneiro.

Faro de Vigo