Intentará repetir el título logrado la pasada temporada por Dani Cavia
El Padronés Cortizo defiende en la ronda castellana el título logrado la pasada temporada por Dani Cavia. La escuadra gallega afronta desde este lunes la Vuelta a Castilla y León élite y sub 23, una prueba de seis etapas en la que tratarán de recuperar las buenas sensaciones tras el sabor agridulce que les dejó la Vuelta a Madrid.
Los de Marcos Serrano acuden a esta cita con el objetivo de repetir los éxitos logrados en la primera edición en la que se adjudicaron el triunfo final con Dani Cavia, ahora profesional con el Burgos BH, y una victoria parcial con Maksym Bilyi. Precisamente, el ucraniano volverá a ser una de las bazas del Padronés en la pelea por la general.
Isorna cos alcaldes e Anxo Angueira na presentación do evento
Vilarello, en Valga, será, un ano máis, porto de referencia para a actividade “Inchadiña branca vela”, a remonta do Ulla en embarcacións tradicionais coma homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro. A concelleira de Turismo, Malena Isorna, participou na Casa Museo da escritora, en Padrón, na presentación da actividade, xunto ao presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, e os alcaldes de Padrón, Dodro e Rianxo, localidade que nesta edición acollerá a saída da travesía en lembranza de Castelao, de quen se cumpren 75 anos do seu pasamento.
A “Inchadiña branca vela” celébrase este sábado, 26 de xullo, coa participación dunhas vinte embarcacións tradicionais que surcan a Ría ata os ríos Ulla e Sar: Gamelas, galeóns, bucetas, un carocho, un bote de Ribadeo e dornas de distinto tipo (polbeiras, de tope, xeiteiras), chamadas pola Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa.
A novidade desta XII edición é que boa parte das embarcacións sairán xa pola mañá do porto de Rianxo para logo unírensese ao percorrido habitual, coa saída ás 16:00 horas desde a praia fluvial de Vilarello ata Padrón, onde se lle renderá unha homenaxe a Rosalía diante da súa estatua no Espolón.
Esta actividade, que se celebrou por primeira vez en 2013 para celebrar o 150 aniversario da publicación de “Cantares gallegos”, xurdiu como iniciativa das xentes da cultura marítima para honrar a unha autora que, precisamente nesa obra, falaba das dornas que subían Ulla arriba no seu tempo.
Conta ademais cun importante valor paisaxístico, ao difundir a beleza da Ría de Arousa e do Ulla, un mar e un río que estiveron moi presentes na obra da internacional Rosalía de Castro.
Finalizadas as obras de mellora no antigo matadoiro de Pontecesures, 𝐚𝐜𝐚𝐝𝐨𝐮𝐬𝐞 𝐮𝐧 𝐞𝐬𝐩𝐚𝐳𝐨 𝐦𝐞𝐝𝐢𝐨 𝐚𝐦𝐛𝐢𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐬𝐨𝐬𝐭𝐢𝐛𝐥𝐞 𝐞 𝐪𝐮𝐞 𝐠𝐚𝐫𝐚𝐧𝐭𝐢𝐳𝐚𝐫á 𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐟𝐨𝐫𝐭 𝐧𝐞𝐜𝐞𝐬𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐞𝐧 𝐜𝐚𝐧𝐭𝐨 𝐚 𝐜𝐥𝐢𝐦𝐚𝐭𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐞 𝐢𝐥𝐮𝐦𝐢𝐧𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐚𝐬 𝐮𝐬𝐚𝐫𝐢𝐚𝐬/𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐦𝐞𝐬𝐦𝐨, conseguindo, ademáis un espazo aberto e diáfano para a realización de calquera tipo de actividade. O edificio estaba considerado como enerxeticamente ineficiente ata o momento de realizar as obras actuais.
𝐀 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢ó𝐧 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐢𝐬𝐭𝐞𝐮 𝐞𝐧:
𝐀𝐮𝐝𝐢𝐭𝐨𝐫í𝐚 𝐞𝐧𝐞𝐫𝐱é𝐭𝐢𝐜𝐚do local
𝐈𝐧𝐬𝐭𝐚𝐥𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐞 𝐚𝐥𝐮𝐦𝐞𝐚𝐝𝐨 𝐋𝐄𝐃 𝐞 𝐝𝐞 𝐞𝐦𝐞𝐫𝐱𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚, que garantiza unha mellora substancial respecto da preexistente.
𝐍𝐨𝐯𝐚 𝐢𝐧𝐬𝐭𝐚𝐥𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐞𝐥é𝐜𝐭𝐫𝐢𝐜𝐚 conforme á normativa vixente
𝐈𝐧𝐬𝐭𝐚𝐥𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐞 𝐜𝐚𝐥𝐞𝐟𝐚𝐜𝐜𝐢ó𝐧 𝐞 𝐯𝐞𝐧𝐭𝐢𝐥𝐚𝐜𝐢ó𝐧. Colocación de radiadores de baixo consumo e bomba de calor (aerotermia) e acumulador de AQS
𝗥𝗲𝗻𝗼𝘃𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗲 𝗳𝗶𝗲𝘀𝘁𝗿𝗮𝘀, 𝗽𝗼𝗿𝘁𝗮𝘀 𝗲 𝘁𝗿𝗮𝘀𝗱𝗼𝘀𝗮𝗱𝗼 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿 co fin de mellorar o aillamento térmico.
El BNG y asociaciones animalistas convocan una concentración en contra mientras el PSOE tacha a dicho partido de hipócrita.
Como era previsible, la organización del derbi asnal del 24 de julio en Padrón, por parte de la Asociación do Burro Fariñeiro (Abufa y fuera del programa del Concello, está generando desde hace días reacciones a favor y en contra de ciudadanos, de algún representante del sector hostelero y, por supuesto, del ámbito político. El BNG y asociaciones animalistas convocan un concentración para el día y hora del derbi, en la víspera del día del Santiaguiño a las ocho de la tarde en el Paseo del Espolón.
Por su parte, Podemos Padrón remitió ayer una carta al Concello para mostrar su condena a la carrera, al tiempo que señala la necesidad de una consulta ciudadana sobre este asunto.
El partido socialista, que gobierna en Padrón, contrarrestó el anuncio del BNG de la concentración en contra con una publicación en las redes sociales en la que señala el «tremendo nivel de hipocresía» del partido nacionalista que no se opone, señalan los socialistas, a eventos con animales cuando estos se celebran en concellos gobernados por alcaldes del BNG. También recuerda que en la lista de este partido en Padrón «levaron de número dez unha persoa que competiu en repetidas ocasións como xinete de burros no derbi asnal de Padrón». A mayores, apunta el grupo socialista, «a propia Ana Pontón está a defender un maior nivel de protección para a rapa das bestas», según sus propias palabras recogidas por el PSOE.
Este grupo y el BNG firmaron en el 2023 un acuerdo de gobernabilidad en el que uno de los puntos es que las fiestas y actividades promovidas por el Concello estén libres de maltrato animal, así como que no haya corridas de toros dentro de los límites del municipio. Por ello, el derbi asnal está fuera del programa del Ayuntamiento y su organización parte de la Asociación do Burro Fariñeiro, desde la que aseguran que recuperan la carrera después de que así se lo pidieran vecinos de Padrón. La recupera pero, advierte la asociación, primando siempre el bienestar del animal y sin que este sea objeto de mofa.
En cuanto al PP, también tiró de las redes sociales y de la sarcasmo para calificar la posición del alcalde respecto de la carrera de burros y sostienes que es «non, pero si; si, pero non; nin si nin non, senón todo o contrario».
Este ano aporta 50.000 euros para arrancar o proxecto de mellora do CER
A Casa de Rosalía recibiu onte unha «visita histórica», tal e como a cualificou o presidente da fundación padronesa, Anxo Angueira. O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, estivo pola tarde no inmoble de A Matanza para manifestar a vontade do seu ministerio e do Goberno de España «de trabajar juntos», en alusión a la fundación, e de apostar pola labor que esta fai e pola memoria de Rosalía, segundo asegurou.
O ministro recorreu a casa acompañado polo presidente e parte de la directiva da fundación, ademais do conselleiro de Cultura, do delegado do Goberno e da subdelegada na provincia de A Coruña e do alcalde de Padrón. Ernest Urtsaun anunciou una «colaboración permanente» coa fundación, para recoñecer a «figura de una mujer pionera y clave» da literatura galega, pero tamén española, dixo. Esa colaboración comeza coa achega este ano de 50.000 euros para o deseño do proxecto de rehabilitación do deteriorado Centro de Estudos Rosalianos (CER), motivo polo que hai uns meses recibiu en Madrid a Anxo Angueira.
Este mostrouse exultante por contar coa colaboración do Ministerio de Cultura, unha vez que a fundación conta co apoio económico da Xunta, Deputación e Concello de Padrón.
Angueira tirou de datos para lembrar que a figura de Rosalía de Castro «merece o apoio de todos» e para explicar que urxe a rehabilitación do edificio do CER, para gañar espazo expositivo pero tamén para actividades pedagóxicas con escolares (cada ano pasan máis de 7.000 pola casa) e mesmo administrativas, dixo. O presidente da entidade sinalou que a escritora «é a figura central da cultura galega, pero tamén é fundamental na española» e que ten «unha proxección universal que cada vez ten máis forza». Así, contou que o 50 % dos visitantes que ten a casa son estranxeiros, polo que falou de que a visita de onte debe de sela primeira pedra para que o Goberno español, ao igual que o fai o galego, «considere a Rosalía como unha figura propia».