A ACP pide adicarlle a María “A Cuca” a rúa que une a Subida de Requeixo co Camiño dos Acevedos deixando o Camiño de San Xulián como está.

Escrito presentado no día de hoxe na Casa do Concello

“”Teño coñecemento de que na sesión que vai celebrar no día de hoxe a Comisión Informativa de Asuntos Xerais vaise debater unha proposta do equipo de goberno para que un espazo anexo a un tramo do Camiño de San Xulián (o que se se atopa ao remate desta rúa na intersección coa rúa José Novo Núñez, na N-550) pase a denominarse Praza de María ??A Cuca?.

Como quedei excluído de todas as comisións informativas, prégolle que transmita aos integrantes da comisión que se reúne ás 13:30 horas, o seguinte:

1.Nestes temas de denominación de rúas sempre é desexable a busca dun consenso entre todos os concelleiros. Son cuestións delicadas sobre todo cando as persoas propostas teñen familiares na vila, e resultan inevitables as comparacións e avaliacións de méritos das persoas propostas ou doutras que teñen tamén merecementos. Por iso, non se entenden estas presas con iniciativas dun día para outro sen contar cos integrantes da oposición.

2.Non discute este concelleiro os méritos da ceramista María Magariños ??A Cuca? para ter o nome dunha rúa en Pontecesures. Pero considera que a rúa debe ser unha do lugar de San Xulián que ata o de agora non ten un nome concreto e que foi ampliada e pavimentada hai uns anos. ? a rúa que une a Subida a Requeixo co Camiño dos Acevedos ¿Por que?. Pois porque alí está a casa na que viviu María, alí está o seu obradoiro de traballo e alí era onde os veciños aprezaban as súas pezas de cerámica.

3.O Camiño de San Xulián debe deixarse todo coa denominación actual. Non se pode considerar praza un pequeño espazo de lecer acondicionado en 2007 polo anterior goberno e dotado con mobiliario urbano onde se atopa a fonte denominada popularmente como ??Fonte de Zabala? que tamén foi restaurada na mesma actuación. O espazo está a carón do camiño pero de praza nada de nada, nin aínda que se inclúa o propio camiño coas beirarrúas.

4.Ademáis, como concelleiro e como veciño directamente afectado como titular dunha vivenda da zona, considérase que non procede realizar trocos deste tipo por razóns de nova numeración das vivendas, novas rotulacións, trámites con Estatística, trámites a realizar polos particulares para variar o enderezo na documentación de varios organismos, etc…

Espero que se teña en conta esta proposta na comisión e no acordo a tomar polo pleno ordinario da corporación a celebrar o vindeiro luns, 26 de novembro, ás 20:30 horas.

Pontecesures, 22/11/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

SR. D. ROQUE LUIS ARA?JO REY
PRESIDENTE DA COMISI?N DE ASUNTOS XERAIS DO CONCELLO DE PONTECESURES””

La ACP reparte los nuevos horarios del tren por los establecimientos.

El pasado 12 de noviembre, Renfe Comercial emitió de nuevo los horarios vigentes a partir de esa fecha en los que hay muy pocas variaciones. En concreto a Pontecesures solo le afecta el cambio de horario del último tren procedente de A Coruña y Santiago, que llega a las 22:04 horas, en lugar de a las 21:49 como se anunció hace unos días.

Como en anteriores ocasiones, la ACP comenzó a repartir en estos días los horarios en los establecimientos de la villa. Además del interés en informar a la ciudadanía, se quiere potenciar, como se hizo siempre, el uso del ferrocarril en Pontecesures y comarca. El interés que nos mueve es que cada vez haya más usuarios con el fin de que continuemos con el servicio por la vía convencional cuando entre en funcionamiento la Alta Velocidad. Sería una pérdida enorme que nos quedemos sin un dervicio cada vez más utilizado y queremos aportar todo nuestro esfuerzo para que eso no ocurra.

Pontecesures, 21/11/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
ACP Pontecesures

Mañá reúnese a Comisión de Asuntos Xerais do Concello de Pontecesures.

A orde do día desta comisión presidida por Roque Araújo e que terá lugar o 22 de novembro de 2012 ás 13:30 horas é a seguinte:

1. Acta anterior.
2. Moción da ACP sobre establecemento dunha quenda de rogos e preguntas para o público ao rematar os plenos ordinarios.
3. Moción do equipo de goberno para denominar praza de Maria “A Cuca” a unha pequena zona do Camiño de San Xulián.
4. Moción do equipo de goberno para denominar rúa Carlos Bóveda, a unha rúa de recente formación.
5. Moción do BNG e do PSdeG-PSOE con motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero.
6. Moción do BNG e do PSdeG-PSOE sobre medidas deste concello fronte aos desafiuzamentos.
7. Aprobación inicial do Inventario Municipal.
8. Aprobación inicial do Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións.
9. Aprobación inicial da Ordenanza Reguladora do uso dos Locais Municipais.

Convocatoria da escola de nais/pais do CPI de Pontecesures.

Programa de Educación para a Saúde e Prevención das Drogodependencias e Trastornos Adictivos. Este programa ten como obxectivo a promoción da saúde a prevención do consumo de tabaco, alcohol, outras drogas e a prevención do desenrolo de outros trastornos adictivos na pubertade-adolescencia; está organizado polo Concello e o C.P.I. de PONTECESURES.

Un dos novos problemas a que se teñen que enfrentar os nosos fillos/as e, o mesmo tempo, que nos temos que enfrentar como pais/nais é o uso das denominas Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TICs): móviles, internet, redes  sociais, chats, Twenti, facebook, etc.

Os datos dos que dispoñemos mostran claramente que un importante grupo de nenos/adolescentes pasan máis horas das recomendadas diante de esas TICs, e na maior parte dos casos, os seus pais non o saben ou ben descoñecen as posibles consecuencias negativas que poden acarrearlle ese tipo de comportamentios os seus fillos; sendo a razón principal esgrimida por parte de moitos pais o descoñecemento, xa que son hábitos de consumo moi recientes. Así xurden problemas como poden ser o acceso a contidos nocivos ou ilegales por parte dos menores e a todo isto hai que añadirlle a telefonía da 3ª xeración, que supón una maior independencia e menor control por parte dos pais á hora de controlar a utilización que os seus fillos fan das mesmas, chegando a falarse xa en moitos casos de CIBERDEPENDENCIA.

Para falar deste tema, e sobre todo en que medida os pais/nais poden contribuir a que este programa de prevención sexa eficaz, convócase ás nais e pais a unha xuntanza:

M?RCORES 21 DE NOVEMBRO DE 2012 ÁS 19.30 HORAS NO CPI DE PONTECESURES.