Na pasada madrugada entraron nun vehículo que estaba estacionado preto da Igrexa Parroquial de Pontecesures sen causa apenas danos. A persoa ou persoas que entraron no coche deixaron no interior un mazo dos de cantería.
Xa funciona o alumeado da ponte interprovincial sobre o río Ulla.
Na tarde de hoxe foi corrixida a deficiencia comunicada pola ACP ao Enxeñeiro Xefe do Servizo de Estradas do Estado en Pontevedra, xa que dende o venres o alumeado permanecía apagado por mor da treboada co conseguinte perigo.
Tamén foi colocado na N-550 un sinal vertical dun paso de peóns na rúa Novo Núñez que caiu derrubado por mor do temporal destes días.
Un tramo do Camiño de San Xulián permanece a escuras dende hai tempo.
O Camiño de San Xulián é a rúa que une a N-550 coa Plazuela. ? unha rúa moi transitada con moitos peóns xa que comunica o lugar de San Xulián co centro da vila. Precisamente no tramo medio, o máis estreito, á altura da Portiña, hai una zona que está a escuras e os veciños que van a pé teñen que arrimarse por completo as muros das marxes pois os condutores dos vehículos teñen dificultades para para velos na noite.
? necesario, como propuxo a ACP no pleno ordinario de setembro, colocar un novo punto de luz alí. Non só non foi colocado, senón que o punto de luz que está na intersección do camiño coa Portiña está apagado en moitas ocasións e así agora o perigo e dobre e a zona de escuridade moito maior.
Hai bastantes queixas por esta deficiencia e incluso algunha veciña vese na obriga de atravesar o camiño nese tramo pola noite cunha lanterna.
Prégase ao goberno local unha vez máis que, por razóns de seguridade, adopte as decisións oportunas para corrixir estas deficiencias.
Pontecesures, 18/12/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
Elección de compromisarios por Pontecesures para o Congreso Autonómico do PP.
Escrito enviado aos afilliados do PP de Pontecesures.
Estimado/a afiliado/a:
O Comité Executivo Provincial do Partido, reunido en Pontevedra, o día 10 de decembro, aprobou a distribución de compromisarios na provincia para o XV Congreso Autonómico a celebrar en Lugo, os días 19 e 20 do mes de xaneiro de 2013.
A elección dos 5 compromisarios que corresponden ao concello de PONTECESURES, efectuaranse mediante lista aberta, á que poderá presentarse como candidato calquera afiliado que goce da súa condición plena segundo os Estatutos e o solicite por escrito na Sede Local do Partido ou ben por correo electrónico no e-mail populares depontecesures@gmail.com.
Unha vez rematado o prazo de inscrición de aspirantes a compromisarios/as, celébranse as asembleas para elixir aos/ás compromisarios/as desta provincia, que terán lugar o día 21 de decembro na Sede Locais do Partido e que se prolongarán ata ás 20:00 horas dese mesmo día, espazo de tempo no que poderás exercer o teu dereito
ao voto para a elección de compromisarios/as e para o que poderás retirar a papeleta oficial de votación a partires das 10:00 horas do día anterior, nas mencionadas sedes do Partido ou Xuntas Locais.
Estas asembleas faranse só no caso de que o número de aspirantes sexa maior que o de prazas.
Para calquera dúbida e información podes chamar á Sede do Partido Popular (683-655921)
Alertan de que el alumbrado del puente interprovincial no funciona.
El edil de ACP, Luis Sabariz, remitió un escrito a Carreteras del Estado en Pontevedra para alertar de que el alumbrado público del puente romano interprovincial sobre el río Ulla, en la N-550 no funciona desde el viernes pasado, a cuasa de una tormenta. “La situación es de riesgo, sobre todo al entrar al puente desde la provincia de A Coruña con la pronunciada curva de noventa grados. La falta de iluminación puede ocasionar problemas a los conductores y también a los peatones que transitan por la zona”, advierte. En consecuencia, ruega que se corrija la deficiencia a la mayor brevedad posible “como demanda la ciudadanía”.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 18/12/12
