Campionato de truco por parellas no Belsay.

Neste café/bar da Avda. de Vigo celebrarase o día 28 de setembro un campionato de truco por parellas. O sorteo será ás 21.30 horas e as partidas comezarán ás 21:00 horas.

Premios:
1º. 50% do importe da recadación.
2º. 30% do importe da recadación.
3º. 15% do importe da recadación.
4º. Devolución da inscrición.

Prezo por parella: 30 euros.
Máximo: 32 parellas.

Información e inscricións: Bar Belsay. Tfno.: 669/530887

IIª EDICION DO 3×3 BASKET NA RUA: CASE 100 PARTICIPANTES REPARTIDOS EN 24 EQUIPOS DIRONLLE VISTOSIDADE ? TORNEO

Organizado polo Club Baloncesto Rio Ulla , celebrouse por 2º ano consecutivo este espectacular torneo de baloncesto, que sirve para dar inicio a unha nova temporada baloncestística.

Finalmente foron 3 os equipos que participaron neste torneo de na categoria A (Minibasket), 6 na categoria B (Cadete), e 15 equipos na categoria C (Senior).

Na categoría A (minibasket), habilitoúselle un campo nun lateral da igrexa, onde os 3 equipos participantes estiveron xogando unha liguilla que determinou que o gañador foio equipo dos “Allstars”

Os nenos/as dos 3 equipos participantes no momento de recoller os regalos.

Na categoria B, os 6 equipos, dos cales 3 viñeron dende Marín, disputaron pola mañá unha liguilla repartidos en 2 grupos. Xa pola tarde disputaron as semifinais, clasificandose para a final os equipos “Dora exploradora” e “Chicago me limpio”. Final gañada contundentemente polos xogadores do “Dora Exploradora”

Os 2 equipos finalistas logo de recoller os seus premios. (Foto de Carlos Parada).

Na categoria C, onde dicíamos que participaron 15 equipos, destacando a presenza de 3 equipos chegados dende Vilagarcia, 1 de Valga e 1 de Dodro, disputouse o campeonato ó longo de toda a tarde, clasificándose finalmente para a final os “Golden boys”, frente ó “san Roque”, equipo de Vilagarcía, gañando a final os primeiros, que revalidan o título conseguido o ano pasado.

Os 2 equipos clasificados para disputar a final posaron xuntos antes de xogala. Vemos ós “Golden Boys” de negro, e ós arousans “San Roque” de amarelo.

O equipo gañador dos “Golden Boys”.

Por último agradecer o apoio das casas comerciais que colaboraron no torneo:

– COCACOLA que nos serviu a bebida para todo o campionato.

– CASA CHAVES, que colaborou doando 1 cea para o equipo gañador dos maiores.

– XOIERIA RIVEIRO, que proporcionou medallas para os equipos gañadores das 3 categorias.

Asimesmo, houbo durante todo o día unha venta de rifas para o sorteo duns regalos obsequio de distintas casas comerciais do pobo.

COMERCIAL MONCHO cedeunos unha batidora, entregada ó gañador do sorteo.

ELECTR?NICA COUSELO donou un mp4 que se foi para Valga.

BELBELLITA REGALOS E AGASALLOS posibilitou que sorteáramos este polo de vestir, que se foi para Marín.

INFOSERVI regaló una minicamara de video, que le tocó a un participante de Marín.

DEPORTES PODIO regalounos este balon, e dende o club xestionamos que o firmaran os xogadores e corpo técnico do OBRADOIRO de Santiago de Compostela, que milita na ACB.

Por último queremos dende a directiva do club resaltar a boa convivencia ó longo do dia, e a deportividade existente ó longo do campionato.

Tamén agradecer a colaboración desinteresada a un grupo de voluntarios/as que posibilitaron que esto se levase a cabo.

E aproveitamos para destacar a colaboración do Concello de Pontecesures para a realización desde evento que, nas 2 edicións levadas a cabo gustou entre os praacticantes do basket local e comarcal.

Resposta á nota do goberno local sobre o reloxo da Plazuela.

Ante as acusacións do goberno local, quero manifestar o seguinte:

1. Non fun eu o encargado de mercar este reloxo en 1999, (recadación, trámites, empresas, etc..) nin tampouco o encargado de recibir ou coustodiar código algún. A do reloxo foi unha iniciativa (moi boa, por certo) de dous dos meus antigos compañeiros de corporación, os exconcelleiros socialistas Enrique José Herránz Grela e ?scar Gerpe Rodríguez. ¿Os códigos?, non os coñezo, pero pódenlle preguntar os integrantes do goberno, se acaso, á persoa que os lidera, o alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira. Presidia a corporación cando se mercou o reloxo en 1999 e logo de tantos anos no cargo pode ter algunha infomación.

2. Dende logo, en doce anos, o reloxo funcionou perfectamente, e tivo que chegar este goberno para que nos atopemos con esta desidia e incapacidade. ? o colmo ter un goberno que en catro meses non xestione o arranxo dunha avaría do reloxo da Plazuela.

3. Din que xa falaron co párroco sobre o arranxo. Tempo tiveron pero non sei de que falarían e que acordaron cando en catro meses non son quenes de solucionar esta cuestión.

En fin; que nos detallan un relato peliculero sobre chantaxes, libros e códigos, que non fai máis que amosar unha completa ineficacia que esta a provocar xa ata bromas entre os veciños. Haberá que tomalo con humor, e a ver se o reloxo alomenos funciona para o remate do ano.

Pontecesures, 17/09/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Contestación ó Sr Sabariz polo reloxio da igrexa.

Xa está ben de que vostede intente enganar á xente coa sua demagoxia e coas súas medias verdades.

Acúsanos de liarnos en canto a  titularidad do ben, coa casa comercial que instalou o reloxio, que non falamos co párroco e que non informamos sobre o coste da reparación.

Todo iso é mentira. Non temos ningún lío coa titularidade do ben xa que coma este señor dí, sí foi adquirido polo concello pero no seu día foi doado á parroquia, polo que claramente a titularidade é da igrexia. Como ben sabe o sr Sabariz o reloxo non está no inventario municipal de bens.

O problema que temos coa casa comercial (de Vigo), que instalou o reloxio, ben motivado pola deixadez do propio sr Sabariz que non se preocupou de que cando se comprou pedirlle ó comercio o libro de instruccións e o código de acceso ó equipo informático que regula o funcionamento. O que si ten claro este equipo de goberno é de non aceptar a chantaxe de que sempre que hai unha averia teña que ser a empresa de Vigo quen teña que solucionalo xa que isto dispara os custes do arranxo.

Por último segue vostede mentindo cando dí que non se falou co párroco. Sí se falou con el, e acordamos a colaboración do concello en facer todas as xestións coa empresa de Vigo para reclamarlle tanto  o código de acceso coma o libro de instruccións cousa que debería ter feito vostede xa no ano 1999 ou ben durante os máis de 10 anos que estivo no equipo de goberno.

Polo tanto esa acusación de abandono e de deixadez do equipo de goberno debería reclamarlla a ¡VOSTEDE MESMO!