Pontecesures celebra este domingo o Desfile Valeiro na honra da patroa: a Virxe do Carme

Este venres actúan Wöyza & The Galician Messengers e o sábado A banda da loba

Desfile Valeiro nas festas do Carme de Pontecesures / cedida

Desfile Valeiro nas festas do Carme de Pontecesures.

O Concello de Pontecesures vén de dar a coñecer o programa das Festas na Honra á Virxe do Carme, que terán lugar desde este venres 30 de xuño ao luns 3 de xullo. Catro días de festexos con pasarrúas, concertos, actividades infantís e o tradicional Desfile Valeiro do domingo 2 de xullo. A alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino Barreiro, asegura que “sacar unhas festas coma estas en menos de oito días foi algo moi difícil … pero penso que fomos quen de conseguir unhas festas moi dignas que de seguro desfrutarán os veciños e veciñas”.

O programa dará comezo este venres coa actuación musical de Wöyza & The Galician Messengers, un grupo liderado pola artista de hip hop e soul Sofía Trigo e que interpreta cancións populares do patrimonio histórico-cultural galego en clave de música urbana. Poderá gozarse a partir das 21.00 horas na Plazuela. O sábado 1 de xullo, haberá unha actuación na Plazuela ás 12.00 horas, e xa pola noite, a partir das 22.00 horas, chegará o gran concerto a cargo de A banda da loba.

El Correo Gallego

El IES de Valga oferta el ciclo de Construcións Metálicas, con una gran salida profesional en la zona.

Desde el centro educativo destacan que la formación que se obtiene en este ciclo es muy demandada por parte de las empresas. Sin embargo, el pasado curso académico (y debido a que no hubo casi matriculados) el centro casi pierde la opción de ofertar este ciclo. Desde el instituto valgués manifiestan que hay unos talleres y unas aulas muy bien equipadas y que “sería unha pena” perder el ciclo cuando hay empresas del entorno solicitando alumnado en prácticas. Lamentan que con la poca matriculación que tienen no puedan satisfacer todas las peticiones.

El plazo de matrícula para este ciclo es hasta el 5 de julio.. En el IES Valga también se ofertan otras formaciones como el ciclo medio de Soldadura e Caldereiría (tanto el ordinario como el que cuenta con formación dual), así como el ciclo básico de Fabricación e Montaxe.

Diario de Arousa.

Cincuenta anos dende a gradación da derradeira promoción do bacharelato técnico laboral de Vilagarcía

Forma parte da mesma, Luis Ángel Sabariz Rolán.

O grupo vaise reunir unha vez máis, o 25 de agosto, nun xantar que se desenvolverá na capital arousá

O 30 de xuño, un grupo de alumnos do entón chamado instituto laboral Calvo Sotelo remataban o Bacharelato Superior Técnico-Laboral. Sete anos de bacharelato que comezaban aló por 1966, Daqueles 139 alumnos divididos en tres primeiros só remataron 24 en 1973. Dende ese día van xa cincuenta anos. Foron a última promoción de bachilleres superiores técnico laborais.

Eses alumnos aínda tiñan que pasar dúas probas máis para acceder a estudos superiores en facultades ou escolas técnicas. A primeira proba era a reválida, que unha vez aprobada acreditábate como bachiller superior. A segunda era a proba de madurez, que facultaba os estudantes para iniciar estudos superiores. Facíase nalgunha vila de Galicia, naquel caso Betanzos, xunto con outros institutos da comunidade.

Pois ben, esta última promoción vaise xuntar nun xantar. Será o 25 de agosto, en Vilagarcía. Aqueles alumnos eran José Manuel Abalo Ares, Fernando Abalo Cores, José Manuel Abalo Crespo, Braulio Antonio Alcalde Silva, Jorge Alonso García, Juan Benito Antón Lede, José Ares Villanueva, Nicolás Barcala Patiño, Manuel Bouzada Ortigosa, Antonio Candamil Rosales, Eduardo Carregal Doval, Álvaro Antonio Gómez Giménez, Antonio González Berride, José Vicente Jamardo Chazo, Manuel Enrique Jiménez Abalo, José Santiago López García, Enrique Ramón Meaños Melón, Jaime Pidre Rosales, Luis Alberto Puga Trigás, Roberto E. Rietz López, Manuel Jesús Riveiro Peleteiro, Luis Ángel Sabariz Rolán, Jesús Manuel Veloso Batanero e José Jaime Villaronga Fuster.

La Voz de Galicia

O exalcalde, Vidal Seage, na asemblea do GDR SALNÉS ULLA/UMIA.

O GDR SALNES ULLA UMIA PECHA A SUA ESTRATEXIA DO PROCESO LOCAL PARTICIPATIVO 2023-2027.

Onte tivo lugar en Exposalnés, Cambados, a xornada de peche da EDLP contando coa presencia dos Alcaldes, concelleiros e asociacións participantes na elaboración da nosa estratexia. O Presidente expuso os obxectivos, Plan de acción e medidas a levar a cabo para o novo período, ademais de explicar os novos baremos para a valoraración dos proxectos que se presenten ao programa LEADER.

A continuación celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria cos seguintes puntos do orde do día:
* Aprobación das contas anuais 2022
* Memoria de actividades 2022
* Orzamento e Plan de actuación 2023
* Informe de Avaliación e seguemento
* Toma de acordos sobre a EDLP
Damos a benvida aos novos representantes do Concello de Moraña, o Alcalde Jose Luis Gómez Fontenla e o concelleiro Juan Deza do Concello de Sanxenxo.

Grazas a todas as persoas, entidades e colectivos sociais que se achegaron a Exposalnés de Cambados, por contribuír á elaboración dos obxectivos e Plan de acción da futura estratexia do territorio

Aviso do Concello de Pontecesures para as Festas do Carme 2023.

Hoxe a alcaldía acordou ampliar nunha hora o horario xeral de peche de cafeterías, bares, salas de festas, discotecas, pubs e cafés espectáculos no Concello de Pontecesures, durante o período de celebración das Festas do Carmen 2023, os días 1 e 2 de xullo de 2023. Polo que a veciñanza poderá gozar un pouco máis dos establecementos da zona durante as festas. Aconsellamos aos residentes que pregunten os horarios dos seus establecementos favoritos, que verán aumentados nunha hora a maiores do que indica a norma reguladora (DOG nº 219 de 30.10.2020). Compartimos o cartel da FESTA NA HONRA DA VIRXE DO CARMEN esperando vervos a todos e todas alí!

Concello de Pontecesures