Anxo Arca, alcalde “in pectore” de Padrón: “O goberno de progreso será estable, serio e con gran capacidade de traballo”

O PSdeG consegue gañar por primeira vez no concello de Padrón

  • Anxo Rei Arca será o próximo alcalde de Padrón

Anxo Arca será o próximo alcalde de Padrón

Que lectura fai dos resultados do 28M e como valora o envorco dado no Concello de Padrón?

É cedo para realizar unha análise precisa dos resultados do pasado 28-M en Padrón. Necesitaremos coller un pouco máis de perspectiva para ser certeiros na valoración que fagamos. Non obstante, semella evidente que existen polo menos dous motivos básicos que explican este cambio tan significativo: por unha parte, o deterioro da imaxe do goberno municipal liderado por Antonio Fernández e, por outra, a composición da candidatura, a proposta programática e o grande esforzo que realizamos dende o PSdeG-PSOE para acadar esta oportunidade. Fomos quen de ofrecerlle á nosa veciñanza unha alternativa de goberno formal, capacitada e ilusionante, e isto tivo como resultado a primeira vitoria socialista nunhas eleccións municipais en Padrón. Todo o meu equipo está moi contento por ter acadado esta oportunidade. E eu tamén o estou, e sinto o enorme peso da responsabilidade que vai supoñer liderar este cambio tan necesario e esperado en Padrón.

Esperaba este apoio por parte dos padroneses?

Esperaba ter a oportunidade de gobernar, si. Os datos dos que dispoñíamos adiantaban un resultado semellante no que a número de representantes se refire. Pero é certo que viamos moi difícil ser a forza máis votada. Por tanto, acadamos o obxectivo principal, que era ter a oportunidade de gobernar e ademais acadamos tamén ese logro histórico que supón gañar por primeira vez as eleccións no noso municipio. Estou enormemente agradecido a toda a cidadanía padronesa por toda esta confianza depositada en min e no conxunto da candidatura.

Prefire gobernar con maioría simple e chegar a acordos puntuais co BNG ou, pola contra, ofreceralle á concelleira nacionalista un posto no seu goberno para garantir unha lexislatura tranquila?

En primeiro lugar debemos escoitar cales son as aspiracións de cada forza. Como xa manifestei noutras ocasións, en política a opción preferida é gobernar en solitario, pero en todo caso o próximo goberno de progreso de Padrón será froito da clara vontade de cambio manifestada pola maioría de padronesas e padroneses o pasado domingo. Será un goberno estable, serio e con gran capacidade de traballo.PUBLICIDAD

Iniciou xa as negociaciones cos nacionalistas?

Conversei en dúas ocasións coa candidata do BNG, Beatriz Rei. Acordamos darnos esta semana de marxe para pechar as cuestións pendentes da campaña electoral e tamén para procesar os resultados, determinar os equipos negociadores e reflexionar respecto do propio proceso de negociación. A próxima semana manteremos a nosa primeira reunión. Debo dicir que por ambas partes existe unha boa vontade por acadar un acordo de calidade para comezar canto antes a mellorar a situación do noso pobo.

Cales son os principais proxectos nos que centrará a xestión do seu goberno unha vez que sexa elexido alcalde?

O novo goberno de progreso de Padrón botará a andar centrado en garantir, en primeiro lugar, as necesidades máis básicas: establecendo sistemas de traballo que permitan aos distintos departamentos municipais un funcionamento eficiente; garantindo os niveis de mantemento de todas as instalacións, infraestruturas municipais e espazos públicos (limpeza viaria, desbroces, adecentamento de zonas verdes, etc.) e avanzando canto antes cara a consecución dunha infraestrutura fundamental para o noso municipio como o é a residencia para a terceira idade. Paralelamente traballaremos para acadar o cumprimento das nosas propostas programáticas a curto, medio e longo prazo.

Foi dos poucos candidatos socialistas que lle deu o pasado domingo unha alegría ao seu partido. Seguirá traballando cara os comicios xerais do 23-J ou vaise centrar únicamente na xestión municipal?

Non son cuestión incompatibles. Afortunadamente, creo que son unha persoa bastante organizada e intento repartir con eficiencia o meu tempo e o meu traballo. Teño un compromiso primario co meu municipio e farei todo o posible, xunto co equipo que me acompaña, por estar á altura das expectativas depositadas en nós. E tamén teño un deber como socialista e como cidadán deste país que pasa por facer todo canto estea na miña man por acadar unha España máis xusta, máis igualitaria, máis feminista, cunha ampla protección social, defendendo o público, a convivencia e a diversidade fronte a aqueles que se moven polo seu propio interese dende plantexamentos baseados no odio e rancor que nada bo poden aportar a unha sociedade san.

El Correo Gallego

Beatriz Rei do BNG de Padrón: “O que temos claro é que o PP non debe continuar”

Os nacionalistas apostan polo cambio e decidirán a súa postura nunha asemblea de militantes

Beariz  Rei

Beatriz Rei

“Se algo temos claro no BNG e que non lle imos facilitar nada ao PP e que non debe continuar no goberno”, di a concelleira do Bloque Nacionalista Galego, Beatriz Rei, que repite acta tralas eleccións do 28-M.

Rei explica que aínda non iniciaron as negociacións cos socialistas, “falamos algo por teléfono, pero ata a vindeira semana non nos reuniremos. Alí coñeceremos o proxecto e como queren xestionar o Concello, e despois decidiremos na asemblea local do BNG cal vai ser a nosa postura, tanto na investidura como na lexislatura”.

Con respecto ao resultado que deixaron as urnas o 28M, a candidata nacionalista afirma estar satisfeita, “porque nós apostabamos polo cambio e este chega, despois de dúas lexislaturas de despropósitos do goberno de Antonio Fernández Angueira. É hora de traballar por e para o pobo”, argumenta.

De calquera xeito, asegura que os nacionalistas “non lle van dar unha carta en branco a ninguén, pero repito que o que si temos moi claro, e que ao PP non lle facilitaremos nada. Foi un goberno sen capacidade de dialogar; eu espero e que a próxima semana poñamos enriba da mesa os proxectos e dialoguemos pensando en Padrón”.

El Correo Gallego

Los purines, única anomalía del río Ulla en su desembocadura.

Estudio realizado en aguas del río Ulla.

La continuidad del estudio de la USC sobre el estado de las aguas del río Ulla que desembocan en Carril, promovido por Cobre San Rafael y la agrupación de parquistas, apunta a que llegan limpias a la desembocadura y que la única anomalía que han detectado procede de los purines. Por tanto, concluyen, que la mortandad de marisco y el hecho de que los bivalvos no crezcan lo suficiente no se debe a una posible contaminación del río sino a otros motivos que, anuncian, continuarán investigando. En este sentido, los técnicos subrayan que la pérdida de producción no solo es palpable en la Ría de Arousa, sino que se trata de un problema generalizado en toda Galicia y que todavía se desconocen las causas de esta situación que desespera al sector del mar.

El Ideal Gallego

Los resultados del 28M comprometen el geodestino Mar de Santiago.

Catoira y Pontecesures tendrán gobiernos del BNG, que se opone a la polémica partición turística de Arousa que impulsó Vilanova.

En Catoira es cosa hecha, gracias a la mayoría absoluta que Xoán Castaño obtuvo el domingo. En Pontecesures, está pendiente de un acuerdo entre nacionalistas y socialistas, al que ambas formaciones se han mostrado ya dispuestas a través de sus respectivos números uno, Maite Tocino y Roque Araújo. Como resultado de las elecciones municipales del domingo, dos de los cuatro municipios que alumbraron el controvertido geodestino Mar de Santiago, que parte en dos el territorio de Arousa como enclave turístico, pasarán a contar con gobiernos que no creen en este proyecto. Ni lo hace el BNG, que desempeñará el bastón de mando en ambas plazas, ni tampoco el PSOE, socio necesario del Bloque en Cesures. Así las cosas, Vilanova, el principal impulsor de su creación, tendrá a su lado a Valga, pero habrá que ver qué decisiones adoptan los nuevos equipos de gestión en tierras catoirenses y cesureñas.

La mitad de la base política que vio nacer a Mar de Santiago, en definitiva, ha desaparecido con la caída de Alberto García en Catoira y de Vidal Seage en Pontecesures. Pero el geodestino, que el Consello da Xunta aprobó en octubre, entre críticas del propio empresariado del sector turístico, tiene un problema anterior: la Mancomunidade do Salnés ha recurrido ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia el mapa de geodestinos turísticos que dio carta de naturaleza a esta controvertida iniciativa, que en la práctica divide a la comarca y aísla a Vilagarcía del resto del territorio, al sellar una alianza entre Vilanova, por el sur, y los tres concellos ribereños del Ulla por el norte.

La idea en la que se basa Mar de Santiago nació, de hecho, en el seno de la Mancomunidade do Salnés, cuya estrategia turística discurrió por un fructífero camino común hasta que la elección de la socialista Marta Giráldez como su presidenta hizo que su predecesor, el popular Gonzalo Durán, rompiese amarras con el ente supramunicipal. Una decisión cuyas consecuencias al margen de lo turístico fueron puramente formales, puesto que Vilanova nunca ha prescindido de los muchos servicios que presta el ente mancomunado.

1,7 millones de euros

En todo caso, la cuña del geodestino sí es importante. Incluso en lo económico. No en vano, el Gobierno central acaba de aprobar, hace apenas dos semanas, la entrega de 1,7 millones de euros a Mar de Santiago para el desarrollo de diferentes proyectos. Una cuantiosa inyección cuya gestión tendrá que compartir Durán con sus contrincantes del Baixo Ulla.

La Voz de Galicia

Regades: «El PSOE facilitará gobiernos de progreso en la provincia».

Reunión del comité ejecutivo provincial del PSOE en el aula magna de la UNED en Pontevedra

Reunión del comité ejecutivo provincial del PSOE en el aula magna de la UNED en Pontevedra.

Los socialistas admiten que el resultado electoral fue malo, pero ya ponen la mirada en «volver a ser primera fuerza en las generales»

«No hemos tenido el resultado deseado». El secretario general del PSOE de Pontevedra, David Regades, no ocultó la decepción de los socialistas en la reunión del comité ejecutivo provincial celebrada este miércoles en Pontevedra. Eso sí, se consoló con que el los resultados del PSOE en la provincia fueron mejores que en el resto de Galicia, e incluso «que muchas otras del resto de España», y lamentó que «vino una ola que nos hizo no sacar el resultado previsto».

Hecha esta valoración, Regades dejó muy claro que la voluntad de la ejecutiva provincial socialista es «facilitar todos los gobiernos de progreso». Para ello se dará «autonomía a cada una de las agrupaciones locales» para pactar los gobiernos allí donde sea necesario. En el caso del área de Pontevedra, los socialistas son necesarios como segunda fuerza para conformar mayorías en la capital provincial, en Bueu y en Barro.

El secretario provincial también lanzó un mensaje aquellos partidos que condicionan dar la alcaldía al PSOE a que se cambie al candidato que concurrió a las elecciones, como sería el caso de Redondela. «Los candidatos el PSOE no se cambian —subrayó—, y menos en una mesa de negociación. Eso sería la antidemocracia».

El mal resultado en las municipales acarreó la pérdida de la Diputación tras ocho años de gobierno presidido por el PSOE, y el secretario general se refirió al futuro de la institución provincial para criticar que se postule la candidata derrotada del PP en Vigo. «No entendemos como un candidato que saca 5 de 27 concejales está planteándose para presidir instituciones», aseguró.

David Regades enfoca ya la mirada en las generales: «Estamos preparados para volver a ser la primera fuerza política en la provincia».

La Voz de Galicia