“O vestiario témolo do ano pasado e compramos catro armas de época”

Lagos leva ensaiando a batalla varios días xunto con medio cento de veciños.

José Lagos Coordinador das alarmas de Casal de Eirigo

Na capela da Saúde, en Valga, van recrear por segundo ano consecutivo a batalla de Casal de Eirigo, lembrando o levantamento dos veciños contra as tropas francesas que se produciu en abril de 1809. Con motivo do bicentenario, o ano pasado, organizáronse unha serie de actos, e este ano repítese o programa. Así pois, os veciños vanse volver vestir de época esta fin de semana, imitando aquelas tropas de civís que foron quen de botar aos franceses. José Lagos está á fronte destas alarmas, pendente de que ninguén perda o paso.
-¿Como están indo os ensaios?
-Empezamos a finais de marzo e reunímonos unha vez por semana. Aprendemos a desfilar, a subir as bandeiras a poñer en posición as armas…, pero, máis ou menos, a xente xa sabe o que hai que facer do ano pasado.
-Xa terán moito adiantado ¿hai algunha novidade?
-O vestiario témolo do ano pasado e este ano compramos catro armas de época. O resto vai ser máis ou menos igual.
-Estas conmemoracións serven, polo menos, para que os valgueses coñezan a súa historia ¿que lle parece a iniciativa?
-Moi ben. A xente que non coñece a súa historia non é nada.
-¿Vai haber batalla no 2011?
-Mentres sigamos tendo a colaboración do Concello, nós imos seguir aí. Sen o Concello non poderiamos levar isto adiante, e tamén quero agradecer a colaboración dos veciños.

LA VOZ DE GALICIA, 23/04/10

Los voluntarios de Valga atrapan de nuevo a los caballos que ya huyeron en Semana Santa.

Los voluntarios de Protección de Valga atraparon en la tarde del miércoles a dos caballos que los vecinos llevaban viendo sueltos desde el lunes y que finalmente fueron localizados junto a la Casal do Eirixo. Nada más encontrarlos, los voluntarios ya se percataron de que eran los mismos caballos que en Semana Santa andaban sueltos por la N-550 y que también fueron recuperados por la agrupación.
Los animales son propiedad de un vecino de Pontecesures que aseguró que alguien les cortaba las cuerdas para que huyeran. Los equinos provocaron daños en algunas fincas de la localidad.

LA VOZ DE GALICIA, 23/04/10

Estase o solucionar o problema de ruido que causan as tapas dos servizos na rúa dos Mariñeiros de Porto.

Rematada a obra de saneamento e novo firme na rúa dos Mariñeiros de Porto (PPC 2009) observouse que varias tapas dos servizos (se recolocaron as vellas) ocasionaban ruido ao pasar por enriba os vehículos, coas conseguintes molestias para os veciños sobre todo no horario nocturno.
Arestora, estase a solucionar o problema por parte da empresa adxudicataria que está a colocar uns topes de caucho nas tapas.

Actividad en la biblioteca de Pontecesures.

Más de medio centenar de alumnos del colegio de Infesta, en Pontecesures, abandonaron a mediodía de aqyer las aulas por unos minutos para asistir en la biblioteca municipal a una sesión de cuentacuentos titulada “Os contos do Pablísimo”, una iniciativa con la que el centro de lectura, en colaboración con la consellería de Cultura e Turismo conmemora o mes dos libros.
Con un frondoso bosque como telón de fondo, el cuentacuentos fue desgranando las peripecias de distintos animales, desde ratones, hasta serpientes y un zorro. La historia logró captar la atención de los niños.
La ocurrencias del cuentacuentos hicieron que los niños se divirtieran. Sus relatos provocaron, en multitud de ocasiones, las carcajadas de los escolares.

DIARIO DE AROUSA, 22/04/10