Nunha tarde soleada e con récord de participación (correron 292 atletas de todas as idades) celebrouse hoxe a X Edición da Carreira Popular de Pontecesures. También houbo moito máis público que nas pasadas edicións.
Na categoría absoluta, o vencedor en homes foi Ángel José Rodríguez López de Santiago. Segundo foi Miguel Bieito Valenzuela de Negreira. Terceiro foi Manuel Márquez Martínez de Vigo
En mulleres, a gañadora foi Isabel Sáez Batallán de A Estrada. Segunda foi Guadalupe Lodeiro Núñez de Vilanova de Arousa. Terceira foi Mª José Grobas Garaboa de Ordes.
Foi premiado tamén como atleta máis veterano, José Neira Hermida de Rianxo (77 anos).
A entrega de premios tivo lugar no Centro Social de Pontecesures.
O pleno, de xeito unánime, desestima a alegación de REDTEL contra a ordenanza da telefonía móbil.
A sesión foi hoxe sábado 26 de decembro ás 13 horas e asistiron 9 dos 11 membros da corporación. Fallaron Margarita García Castro (BNG) e Arturo Ferro (BNG).
Sen debate, e por unanimidade, a corporación rexeitou a alegación presentada contra a aprobación inicial da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial de dominio público local polas empresas explotadoras dos servizos de telefonía móbil no Concello de Pontecesures.
A ordenanza foi aprobada definitivamente e agora para a súa entrada en vigor ten que ser publicada no Boletín Oficial da Provincia.
A TVG retransmitirá o luns, 28 de decembro, imaxes en directo dos talleres de Nadal de Pontecesures.
O equipo da TVG chegará o luns ás 11:30 horas ao Centro Social de Pontecesures (Camiño de San Xulián nº 4) onde se desenvolven estes talleres baixo a dirección da técnica de cultura Cecilia Ferreiro. En concreto o luns os nenos/as van construir un papa noel articulado. Ás imaxes serán emitidas en directo ás 12:30 horas dentro do programa “Bos días”.
El lunes se inaugura el taller de empleo “Pontecesures II”
El gobierno local comunica que el acto de presentación de este obradoiro que tendrá lugar en el salón de sesiones de la Casa Consistorial de Pontecesures el lunes día 28 de diciembre a las 10:30 horas.
Asistirán, además de los 33 alumnos trabajadores seleccionados, la directora, la tutora, y los tres expertos en albañileria, trabajos forestales y fontanería solar térmica, que son las tres especialidades que se van a impartir en este taller que tendrá su sede en la nave municipal situada en la rúa Avelino Pousa Antelo de la localidad.

