Magosto no CPI Pontecesures.

Para recadar fondos para a excursión de 4º da ESO, organízase este Magosto que terá lugar o venres, día 13 de novembro, no patio do CPI Pontecesures.
Dende as 19 horas poderase degustar, por 5 euros, de castañas, ración de empanada, boliño preñado, bebida…e sorpresas.
Haberá colchonetas de balde, é ás 19:30 horas actuará “El Show de los Payasos”.

Colocación de nuevos guardarraíles o quitamiedos en la N-550 a su paso por Pontecesures.

En estos días la empresa adjudicataria de la obra de seguridad vial que se está ejecutando en esta carretera, esta procediendo a sustituir los guardarrailes en la curva del puente del ferrocarril (tanto los apoyos, como la valla en sí) que estaban bastante deteriorados.
En principio se trata de un mera sustitución, pero desde el ayuntamiento comunicamos a la Unidad de Carreteras de Pontevedra que, cuanto antes, debía instalarse también una valla inferior para protección de los motoristas al tratarse de una curva que tiene cierto peligro.
Parece ser que se está estudiando la colocación de estos elementos en varios puntos de las carreteras estatales, esperando que este tramo de la N-550 que afecta a Pontecesures, sea prioritario por el gran número de tráfico que soporta y por la peligrosidad de la curva.

Convocada a Comisión de Contas de Pontecesures para tratar da ordenanza fiscal da taxa ás empresas de telefonía móbil.

Será o mércores, 11 de novembro, ás 16:00 horas. Ademáis da derrogación do texto da ordenanza aprobada provisionalmente en 2008 que non se chegou a aprobar definitivamente, tratarase da aprobación dun novo texto desta ordenanza reguladora da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras dos servizos de telefonía móbil e do acordo de imposición. O novo texto xurde da circular da FEGAMP, das sentenzas do Tribunal Supremo que lexitiman esta taxa e dos criterios do ORAL en canto á fixación das cotas aos suxeitos pasivos.
Por último, tratarase tamén da delegación no ORAL da inspección, liquidación e recadación de dita taxa.

Convocatoria para cubrir prazas de persoal no obradoiro de emprego “Pontecesures II”.

DIRECTOR/A Ref. Of. Emprego 19085
Requisitos (ver baremo no concello ou na oficina e emprego)
Titulación universitaria. Experiencia profesional relacionada co posto (nos últimos 10 anos) de 12 meses en dirección e /ou técnicos en programas de emprego e desenvolvemento local (agás funcións de orientación e docencia).

TITOR/A Ref. Of. Emprego 19086
Requisitos (ver baremo no concello ou na oficina de emprego).
Titulación universitaria. Experiencia profesional relacionada co posto (nos últimos 10 anos) con adultos, segundo baremo de 12 meses.

EXPERTOS/AS DOCENTES:
Un experto en albanelería Re. Of. Emprego 19087
Un experto en traballo forestal Ref. Of. Emprego 19089
Un experto en fontanería-solar térmica Ref Of. Emprego 19088
Requisitos (ver baremo no concello ou na oficina de emprego).
Experiencia profesional (nos últimos 10 anos) minimo oficial 1ª, na especialidade, como mínimo de 2 anos tendo a titulación adecuada; ou de 4 anos sen titulación.

NOTA: A data de inicio do proxecto é o 28/12/09
Todos os candidatos a calquera dos postos de persoal para o proxecto deberán presentar curriculo segundo o modelo facilitado, na Oficina de Emprego de Vilagarcía, debidamente acreditado (orixinais ou fotocopias compulsadas) ata o 12/11/09 inclusive.
O proceso de selección e os baremos estarán expostos na oficina de emprego e no concello.
O 01/12/09 exporanse, na oficina de emprego e no concello, as listas de candidatos que superen a primeira fase de selección (baremación de curriculo).
Nas citadas listas figurará o prazo de alegacións, ata o dia o2/12/09, e a de publicación das listas definitivas que será o 09/12/09 a última hora.