GRUPO ALGUEIRADA DE PONTECESURES COMEZO DAS CLASES DO CURSO 2022/23

Clases de baile para pequenos/as. Os venres ás 16:00 h. e os sábados a partires das 15:45 h. 1ª clase, 7 e 8 de outubro.

Clases de baile para maiores e pandeireta para todos/as. Os sábados a partires das 16:00 h. 1ª clase, 8 de outubro.

Clases de gaita e percusión para todos/as. Os sábados a partires das 18:00 h. 1ª clase, 8 de outubro.

  • As clases impartiránse no ximnasio do CPI Pontecesures  Información: Teléfono 659/352996

Colabora:

O Partido Galego pide reforzar a liña de ferrocarril Santiago/Vilagarcia.

  • O Partido Galego presentou este venres á persoa que se vai encargar da Secretaría Local da agrupación no Concello de Compostela. Dentro da estratexia de presentación de candidaturas nas sete cidades máis grandes de Galicia, o Partido Galego continuou en Santiago coa ronda de presentacións públicas. Neste acto estiveron presentes varios membros da Agrupación Local e da Executiva Nacional, entre eles a secretaria de Finanzas e o secretario de Coordinación Xeral, arroupando a Maxi Vázquez e Beatriz Estévez como representantes da Agrupación de Compostela.

Abriu o acto Maxi Vazquez como voceiro do Partido e membro da agrupación de Santiago, que fixo unha introdución sobre a constitución do partido, todos os beneficios que conleva para Galicia o seu partido, e os pasos que se están dando en orde á consolidación do proxecto cara as municipais 2023, “camiñanado con moita forza” e incidindo na idea da “política útil” do Partido Galego.

Beatriz Estévez, licenciada e doutorada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é a nova secretaria local da capital galega, e desenvolve a súa actividade profesional como avogada e mestra. Na súa intervención incidiu fortemente na necesidade de darlle un cambio político ó Concello de Santiago.

PROPOSTAS DO PARTIDO A NIVEL MUNICIPAL. Beatriz Estévez destacou a vontade de axilizar e priorizar a conexión da estación intermodal co aeroporto Rosalía de Castro, en Lavacolla, así coma de reforzar a liña de ferrocarril con Vilagarcía, por ser este concello, xunto con Padrón, as principais entradas marítimas a Compostela.

El Correo Gallego

Chega a Cesures uha exposición de fotos antigas e actuais do Camiño Portugués.

A Plazuela de Pontecesures acolle ata o vindeiro venres 23 de setembro a exposición “Pegadas. Pasado e e presente do Camiño Portugués da Costa” promovida polo Xacobeo e a Xunta de Galicia para dar a coñecer a memoria desta ruta xacobea. Unha mostra que, a través da confrontación de imaxes antigas e fotografías actuais, permite afondar no patrimonio, a historia e a cultura do Camiño Portugués.

O proxecto inclúe fotografías históricas e actuais dos principais municipios polos que discorre o Camiño Portugués da costa. No caso de Pontecesures, este proxecto inclúe imaxes antigas e actuais da ponte sobre o río Ulla, da estación, da rúa José Novo Núñez, vistas panorámicas dende o barrio de San Xulián…..A exposición, que poderá visitarse na Plazuela ata o 23 de setembro, inclúe códigos QR para que os veciños e veciñas poidan visitar a web de Pegadas.

La Voz de Galicia