Vacaciones para mujeres con cargas familiares en Valga.

El Concello de Valga informa del programa de vacaciones para mujeres con cargas familiares. La iniciativa está destinada que vivan solas con cargas no caompartidas, que los ingresos de la unidad familiar no superen los 600 euros y quke no padezca enfermedad que impida la normal convivencia. Podrán ir acompañadas de sus hijos siempre que estos tendan entre dos y doce años. La estancia será de ocho días en la primera quincena de julio. El coste será gratuito y el plazo para acogerse a estas vacaciones termina el 19 de mayo.

LA VOZ DE GALICIA, 16/05/08

André Oliveira non pasou á final de C-2 500 no Europeo de Piragüismo de Milán

Competiron na semifinal nove embarcacións, e a parella André Oliveira-Miguel Rodríguez que representou a España quedou en 8ª posición cun tempo de 1 minuto, 48 segundos e 606 milésimas. O dúo español supero só a Italia, e quedou a case 4 segundos do terceiro posto. Pasaron á final as embarcacións de Hungría, Alemania e Bulgaria que se engaden ás 6 que acadaron a clasificación directa no día de onte.
Ten moito mérito a participación nun europeo do xove palista do Club Náutico de Pontecesures. Ánimo e a seguir traballando. Noraboa a él e a todo o club.

Adriana Rivas participará no VI Certame de Gaiteiros Solistas “Festa do Salmón” da Estrada.

img48215fdbc393d.jpg

O día 18 de maio, ás 17:00 horas, no Teatro Principal terá lugar o VI Certame de Gaiteiros Solistas Festa do Salmón na Estrada.
A gaiteira de “Algueirada”, Adriana Rivas Seijo, participa neste concurso xunto con 11 gaiteiros máis. Segue a gaiteira cesureña participando en certames de prestixio para mellorar a súa formación ó competir con músicos moi experimentados.

Establécense tres premios, cunha dotación de:
1º. Clasificado: 1000.- euros. e Diploma
2º. Clasificado: 600.- euros. e Diploma
3º. Clasificado: 300.-euros. e Diploma

198c_140330.jpg

Adriana e ó seu monitor Miguel o domingo pasado no concurso de Bandeira.

“Lecer para os nosos maiores”. Encontro en Carballiño.

DÍA 14 DE XU?O

O Concello de Pontecesures vai colaborar coa Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar Social no 3º encontro do Programa “Lecer para os nosos maiores” facilitando o trarsporte (54 prazas) para as persoas maiores de Pontecesures poidan achegarse ao Carballiño e participar nestre encontro de maiores.

Programa:
-Saída ás 9 da mañá desde a Plazuela.
-Sesión Vermú.
-Coñecendo o País: actividades interactivas.
-Xantar nas carpas acondicionadas e restaurantes, con precios asequibles (Non incluído, os e as participantes páganse os produtos que queiran consumir).
-Obradoiros Galegos: actividades interactivas con demostración en vivo.
-Xogos Galegos: actividades interactivas con práctica de xogos tradicionales.
-Gran Romaría Galega: actuación de orquestras e diversas animacións.

Inscricións: do 15 ao 22 de maio.

Requisitos: ser maiores de 60 anos (os/as cónxuxes e/ou parellas de feito estan eximidos deste requisito) e estar empadroados/as en Pontecesures.

Prazas limitadas. Se non hai un mínimo de 30 prazas cuberrtas suspenderase a viaxe.
Os asentos no autobús serán asignados segundo a orde de inscrición.

Para máis información e inscricións deben dirixirse ao Servicio Social de Atención Primaria do Concello os luns, martes e venres de 9 a 13:30 horas.