Esta mañá observouse coma varios operarios de ADIF revisaban a vía en distintos puntos da estación do tren de Pontecesures. En concreto a media mañá estaban na zona onde foi o descarrilamento, e posteriormente na zona do paso a nivel da “Factoría”.
ACTOS DO PATRON SAN XULIAN
Celebrouse esta mañá a Misa Solemne, contando coa asistencia do Arcebispo de Santiago de Compostela Monseñor Xulián Barrio. ? remate da misa houbo procesión arredor do templo, presidida polo Arcebispo :
Tamén participaron na procesión as autoridades e os cativos de Xarandeira:
Logo da procesión houbo un concerto pola Banda de Valga, onde os mais animados botaron un bailongo:
Tamén a Parroquia ofreceu un aperitivo ós asistentes a estos actos:
FOTOS DA CABALGATA DE REIS
O sábado á tardiña pasaron os Reis Magos por Pontecesures, coma noutras ocasións.
Este ano achegaronse en “Carroza Real”.
Na Prazuela do pobo foron recibidos polas autoridades do Concello e o Cura:
Acompañaban a comitiva real varias carrozas, coma unha de anxeliños:
Ou a da Princesa Brancaneves:
A Asociación Cultural Xarandeira sumouse a este desfile de carrozas cunha escena mais galega:
Non faltaba detalle nesta escena:
Finalizou o desfile de Reis cunha entrega de regalos para todos os nenos participantes:
E así as suas Maxestades de Oriente marcharon a entregar os regalos ós nenos nas casas:
Ernesto López Veiga, de Cordeiro, gañador do VI Concurso de Beléns de Valga.
Onte pola tarde celebrouse a entrega de premios e roscóns os gañadores deste concurso. A cerimonia estivo presidida polos Reis Magos de Oriente.
O primeiro premio, dotado con 300 ?, foi para a composición elaborada por Ernesto López Veiga, mentres que o segundo posto, con 200 ? levaronno Raúl e Fernando Gómez Mendoza, de Valga. En terceiro lugar quedaron empatados, e se levaron 100 ? cada un, Pablo Touceda (Valga) e Samuel Millán (Xanza)
O valeiro Cándido Portas capturou hoxe a primeira lamprea da tempada no Ulla.
A media mañá de hoxe o valeiro Cándido Portas Pérez, levantou a primeira lamprea da tempada no Ulla. Foi un exemplar de entre 1.100 e 1.200 gramos e o feito levantou certa espectación no peirao coa presenza de varios medios de comunicación.
A lamprea foi adquirida polo Restaurante “Olivo” de Pontecesures que pagou a cantidade de 70 euros polo peixe.