Como habitante deste pobo gustariame poñer en coñecemento,de todo o que visita esta páxina,unha serie de irregularidades que existen no interior da escola infantil.
Non hai unha lavadora nin unha secadora,non hai babeiros para os nenos,non hai tarteiras para facela comida,a galeria mete auga e no pasillo patinase como nunha pista de xeo.
Hoxe mesmo unha das empregadas caeu cun bebe no colo e gracias a deus non pasou nada.Pero que non pasase hoxe non quere decir que non pase outro dia.Con todo isto,o máis grave ainda é que nunca hai unha directora ca que falar,á que pedirlle respostas ou darlle unha queixa.
Espero que isto sirva de algo e se lle poña solución a todos estos problemas.