Dende hoxe estou empadronado en Sevilla. Levo aquí seis anos e medio e, tras mercar unha casa en Sevilla, e ter a miña vida máis ou menos feita aqui, xa era hora de marcar o cambio de domicilio.
Moitos son os cesureños que viven fora de Pontecesures, algúns estarán ainda empadronados en Pontecesures, outros non, e moitas serán as causas polas que non viven en Pontecesures. ? por isto que plantexo unha pequena equisa, cunhas simples preguntas, para ver cales estamos nesta situación. Uns vivirán preto (Padrón, Santiago, Vigo…), e outros máis lonxe, e noutros paises.
As preguntas son as seguintes, e aproveito para poñer a primeira resposta a esta «enquisa». O resto de respostan poden ir coma comentarios.
A) Lugar de Residencia actual e tempo dende que estás nese lugar:
En Sevilla, fai seis anos e medio.
b) ¿ Cómo é que chegastes ahí ?
Por traballo, apareceu unha boa oferta laboral en Sevilla e alá fun.
c) ¿ Pensas voltar a Pontecesures algún día ? ¿ Cando ?
Si, pero ainda non sei cando poderá ser.
d) ¿ Que votas de menos ?
Moitas cousas, á miña familia, á miña xente, …
e) ¿ Cantas veces vas a Pontecesures ó longo do ano ?
Normalmente tres veces: No nadal, pola Pascua (este ano non fun), e en Agosto, para as Festas de Porto.