Quería estar pendente da entrada número 500 pero ó final pasouseme, esta ven a ser a entrada 506 de pontecesures.net. En pouco máis dun ano a información xerada sobre o noso concello é realmente impresionate. Unha vez máis gracias a todos, ós colaboradores, os que nos len, os que comentan, e a todos en xeral, que fan que está páxina manteñase viva.
Aproveitando o comentario de «Oscarín» (de que moito se fala de política), fixen unha pequena análise de que temas trata a web e como vai, parece que hai quen cree que é todo política, agora van os datos:
Si collemos a actual portada temos 15 entradas (a número 15 pasará á segunda páxina), e son como siguen:
Por orixen:
- 9 Novas de xornais
- 6 Entradas de produción propia (engadidas por autores/redactores).
Por temática:
- 3 de politica
- 12 dotros temas (deportes, sociedade, estatísticas, …)
Outra cousa é que se comenten máis cousas de política que doutros temas, pero a realidade é que as entradas de política non son a maioría, e eso é un feito que contradí á impresión xeral de que esto é política. Tamén hai que salientar que novas coma a do inicio do proceso de identificación das parcelas do polígono (que non é política) acaban con comentarios de política, e como esto moito.
Algo salientable, e que considero que debería ser resolto, é que de cultura sobre o Pobo «nada de nada». ¿ Non se fan cousas ?, si se fan non chegan e se non se fan, deberían facerse.