Este fin de semá pasado acudimos a primeira regata da copa de España de promoción que se celebrou na localidade de Alcúdia en Mallorca. A expedición do Nautico estivo formada por José González como delegado, Javier Bouzas o adestrador e seis palistas das categorías infantil A e B.
Partimos o xoves pola tarde e viaxamos xunto os integrantes do club As Torres de Catoira en autobús. Por diante esperabanos horas de camiño ata a chegada a Barcelona que se produxo o venres pola maña. Finalmente desde Barcelona collemos un ferry que nos levou ata a illa de Palma de Mallorca.
Unha vez in situ todos os clubes estivemos aloxados nun complexo hostaleiro e turistico de grandes proporcions e magnifico. A organización desta regata puxo o listón moi alto xa que non se lles escapou ningún detalle para facer cómoda a estancia de todas as persoas ali albergadas. O mencionado hotel, o comedor, o campo de regatas, os regalos, a zona de masaxes, a zona de xogos, a parrillada fin de regata,? fixeron que por un momento se nos olvidase o agotador que foi a viaxe.
A competición desenvolveuse o sábado pola tarde no lago Esperanza situado en Alcúdia. Cumpre resaltar que é a primeira regata da tempada e a intención do Nautico Pontecesures era polo menos facer algún podium, desta vez non puido ser é a sensación foi de non cumplir os obxectivos marcados.
Os resultados acadados foron os seguintes:
* INFANTIL B K1: Samuel Vázquez: 15º posto de 106 palistas
* INFANTIL B K1: Ismael Llerena: 76º posto de 106 palistas
* INFANTIL A C1 DIESTRO: Alvaro Loureiro: 5º posto
* INFANTIL A C1 ZURDO: Javier Bernal: 8º posto
* INFANTIL A C1 ZURDO: Iván Pesado: 15º posto
* INFANTIL A K1: Alex Gonzalez: 117º posto de 139 palistas
CLASIFICACI?N POR CLUBS: 27º posto de 68 clubs
A volta iniciamola o domingo a primeira hora da maña facendo o mesmo itinerario chegando a Pontecesures o luns o amencer. Para todos foi unha experiencia nova, divertida e agradable o acudir a unha competición nun lugar como Palma, pola beleza do lugar, polas experiencias do viaxe, pola competición en sí,?
Javier Bouzas- Adestrador do Nautico Pontecesures