O alcalde de Pontecesures, Luís Álvarez Angueira, xa dixo en máis dunha ocasión que daba por rematado o debate político sobre os gastos de gasóleo do parque móbil municipal, pero, ao seu pesar, terá que seguir dando explicacións ao respecto.
Desde que o pasado mes de xuño se celebrou un pleno monográfico sobre o tema – a petición do Partido Popular – a oposición non deixou escapar ningún pleno sen sacar a relucir o asunto no capítulo de rogos e preguntas e xa anunciou que levaría o asunto ao xulgado.
A saída das clases da tarde do día 15 de novembro ás 16,50 horas haberá unha demostración onde os alumnos do CPI Pontecesures poderán apreciar o vóo dos pequenos avións e incluso dun helicóptero en miniatura.
Esta vindeira fin de semana os horarios dos partidos do C.B. RIO ULLA en Pontecesures son os seguintes:
Nesta 4ª xornada da liga de futbol sa o equipo de Pontecesures tocáballe de desprazarse ata Noia, pero problemas de dispoñibilidade de pista no polideportivo por parte dos noieses fixo que as 2 directivas chegasen a un acordo para cambiar a orden dos seus encontros, xogando en Pontecesures maña, e o partido da 2ª volta celebrándose en Noia, cando toque no calendario. Así, dase a circunstancia de que o eqipo cesureño vai xogar 3 encontros seguidos en Pontecesures, o da semana pasada e o da próxima semana, mais este de mañá sabado.