O vindeiro luns día 29 de maio ás 17,30 horas celébrase na biblioteca do CPI Pontecesures a entrega de premios do Concurso de Redacción “LETRAS GALEGAS 2006” no que participan alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria de catro colexios da comarca: CEIP “Ferro Couselo” de Cordeiro-Valga; CEIP de Baño-Valga; CPI “Progreso” de Catoira e CPI de Pontecesures.
Neste 2006 corresponde a organización do acto a este ANPA (xa levamos varias edicións e vai rotando a organización entre as ANPAS dos distintos centros) e no acto de entrega de premios (están convidados os alcaldes dos tres concellos) haberá unha charla da filóloga Elvira Riveiro Tobío sobre a obra de Manuel Lugrís Freire.
Os traballos que participan no concurso son individuais, manuscritos, en galego e sobre tema libre e mañá xoves día 25 ás 16,00 horas reúnese o xurado no colexio de Pontecesures que está composto por representantes do profesorado dos tres centros.
Coa organización deste evento as catro ANPAS queren potenciar o uso do galego na nosa comarca.
Para rematar, quérese salientar a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra con este acto.
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA
El concejal de Agrupación Cidadá de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz, denunció ayer la indefensión que, a su juicio, sufren los vecinos de la localidad ante el problema de salud que implican las emisiones de polvillo provenientes de la factoría de Finsa.

