Como consecuencia das necesarias medidas de
prevención e contención do coronavirus COVID-19, e da situación de Emerxencia Sanitaria
(Consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020), desde mañá mesmo
estará operativo un sistema de traslado ao domicilio de produtos de primeira
necesidade (alimentación, hixiene, medicación) dirixido a persoas vulnerables
que vivan soas ou unicamente con outras persoas vulnerables (maiores de 70 anos,
persoas con enfermidades crónicas, persoas que teñan ao seu cargo outras
persoas que precisen supervisión permanente,…), aos efectos de evitar
situacións de risco para estas persoas.
Para solicitar
o Servizo (ou para calquera consulta de servizos sociais) deberán chamar de 9 a 12 horas ao teléfono do Servizo Social
Comunitario do Concello 986564409 ou
aos teléfonos 986557251 986556415,
ou remitir un correo electrónico a ssociais@pontecesures.org ou a concello@pontecesures.org.
Lembren respectar en todo momento as
indicacións: reducir o contacto social ao mínimo, non achegarse a menos de 1
metro de outras persoas, lavar as mans con auga e xabón varias veces ao día,
evitar tocar a cara coas mans, e non saír do domicilio se non é imprescindible.
Chamar ao 900400116 se ten tose, febre e sensación de falta de aire.
Agardamos que coa colaboración de todas e todos
a situación se normalice canto antes.