Os veciños de Valga quedan exentos de pagar no punto limpo.

A Xunta de Goberno Local de Valga aprobou a semana pasada a revisión dos prezos públicos do punto limpo e da planta de residuos da construción do municipio. As modificacións nos prezos non afectan aos veciños de Valga, que seguen mantendo as mesmas condicións que ata o de agora para utilizar o servizo. Os cambios introducidos nas tarifas unicamente se refiren ás empresas e ás persoas empadroadas noutros municipios que queiran facer uso das instalacións. Nestes momentos, o punto limpo abre os martes pola mañá e os venres pola tarde. É unha situación provisional derivada dos problemas que afectan á empresa concesionaria, Soil Recovery, que se declarou en quebra e entrou en concurso de acreedores, segundo informa o Concello.

La Voz de Galicia

OBRAS DE MELLORA EN 2 EDIFICIOS MUNICIPAIS (BIBLIOTECA E CASA DO CONCELLO)

Este mércores 7 de novembro de 2018 a Xunta de Goberno Municipal aprobará a Certificación e a factura da obra de “Mellora en 2 edificios Municipais (Biblioteca e Casa do Concello)”

Esta obra realizouse entre os meses de setembro e outubro de 2018 e consistíu en:

  • Arranxo e renovación da carpintería exterior da Biblioteca Municipal
  • Sustitución de dous portalóns da planta semisoto do Concello, por unhas novas portas seccionais de lamas de panel sándwich de aluminio, con apertura automática mediante motor eléctrico.
  • Instalación dun trasdosado autoportante de paneis de xeso laminado con illamento térmico en dous despachos do Edificio do Concello.

Esta obra foi adxudicada á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones SA por un importe de 19.533,72€ dos que 11.720,23€ foron subencionados por Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e 7.813,49€ a través da baixa dunha obra do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra.

Misas de defuntos.

No día de hoxe, 1 de novembro, haberá unha misa ás 19:30 horas na Capela do Pilar do cemiterio parroquial para lembrar aos defuntos de dito cemiterio.
No cemiterio municipal de Condide a misa xa tivo lugar ás 11:30 horas.
Mañá 2 de novembro, Día de Defuntos, o Solemne acto de Ánimas terá lugar ás 19:00 horas na Igrexa de Pontecesures.