Un accidente en Pontecesures obliga a evacuar en ambulancia a un bebé y cuatro adultos.

Cinco personas, una de ellas un bebé de siete meses, tuvieron que ser evacuados en ambulancia a centros hospitalarios tras haberse visto implicados en un accidente de tráfico que ocurrió el domingo por la tarde en la N-550 a la altura de Pontecesures. Ninguno de los heridos parecía grave. El suceso se produjo por la colisión entre dos vehículos. Hasta el lugar de los hechos se desplazó el Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valga.

La Voz de Galicia

Morreu María del Carmen Portas Cascallar.

Aos 80 anos de idade morreu esta veciña de Infesta, viúva de José Carril Santiago. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá 3 de xaneiro, ás 12 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecesures. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

Os socialistas de Pontecesures tamén critican os charcos no centro da vila.

As «burgas» en Pontecesures!!

Estimad@s veciñ@s, neste momento que tod@s temos que facer compras navideñas, encontramonos con este fenomeno da natureza, ou sexa, un inmenso charco, co cal disminue notablemente o aparcadoiro para tal fin. Supoño que vostedes opinan o mesmo. Que fai o goberno local? Teñen en conta os servizos da veciñanza? Non se ven.
Solucion: un pouco de xabre evitaria tal piscina. Xulguen vostedes. Saudos.

Socialistas de Pontecesures

A Deputación asina co Concello de Pontecesures un convenio sobre o plan de reequilibrio.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este xoves convenios con 21 dos 25 concellos que contarán coas inversións do novo plan dotado de 15 millóns de euros para obras singulares que “vai permitir que agora exista un equilibrio”, porque “vai cubrir a todos sen depender de quen goberna”.

Carmela Silva expresou a súa satisfacción por asinar estes convenios dun xeito moi rápido “entre todas as administracións” o que permitirá poñer a disposición dos concellos estes fondos e de maneira inmediata licitar as obras incluídas neste plan de reequilibrio territorial.

A presidenta provincial subliñou que estes convenios van permitir que a provincia conte con novas infraestruturas como bibliotecas, centros sociais, piscinas ou pavillóns deportivos, “polo tanto falamos de equipamentos moi importantes”, resumiu.

Este xoves asináronse os convenios con Barro, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Covelo, Crecente, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Meis, Mondariz, Moraña, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Rodeiro, Silleda, Soutomaior e Vilaboa e que soamente faltan os de As Neves e Nigrán, que se aprobarán mañá venres en xunta de goberno e quedan pendentes os de Bueu e Caldas.

Carmela Silva suliñou que o plan de reequilibrio é unha iniciativa, “con bases claras, transparentes e obxectivas”, dirixida aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, para poñer en marcha novos investimentos en dotacións singulares na mellora do equilibrio territorial.

Os 25 concellos beneficiarios poderán poñer en marcha grandes equipamentos e dotacións, “para dar resposta á situación de falta de equilibrio entre os concellos da provincia por mor das decisións arbitrarias dos anteriores gobernos”, afirmou a presidenta.

Os proxectos enmarcados no plan de reequilibrio da Deputación de Pontevedra deberán estar iniciados antes do 30 de xuño de 2018 e rematados antes do 30 de xuño do 2019.

pontevedraviva.com