Na rúa Doctor Mosquera de Condide (Pontecesures), houbo dúas avarías de auga hai tempo, que obrigaron a levantar dous tramos de beirrarúa como se aprecia nas fotografías.
Tanto tempo pasou que incluso creceu a maleza no terreo dando unha sensación de abandono que chama a atención con vallas e pivotes colocados de calquera xeito. Ademais os veciños vense na obriga de ter que ir pola calzada neses tramos.
Solícitase ao concelleiro de obras e servizos, Ángel Souto, (que coñece perfectamente as deficiencias pois reside nesa rúa a escasos metros das zonas afectadas) que se acometan canto antes as obras de reposición das beirarrúas. Dende logo é unha falla de respecto aos seus veciños de Condide que na rúa Doctor Mosquera teñan que soportar esta desidia do goberno local para con eles.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures