Xúntase a nota do que pediamos áo concello o pasado 19 de agosto. Claro que ía o abastecemento e saneamento de Doctor Mosquera. Non fixeron caso e, por exemplo, pediron a renovación dos xogos do parque infantil central, pago de facturas de gasto corrente…. Agora nos veñen coa preferencia das zonas rurais. Todo é bo pero gobernar e priorizar, e non botarlle a culpa aos demais.
A nota publicada foi a seguinte:
«»PROPOSTAS DA ACP AO GOBERNO LOCAL SOBRE OBRAS A INCLUIR NO PLAN DA DEPUTACI?N.
O pasado 14 de agosto foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases reguladoras o Plan de Obras e Servizos provinciais 2013 para os concellos da provincia. A Pontecesures correspóndenlle actuacións por un importe de 119.790,06 euros que serán adxudicadas, no caso de investimentos, pola propia deputación.
Propón a ACP ao goberno local a inclusión no plan das dúas actuacións seguintes:
1. ??Recuperación dos manantiais e das conduccións no monte municipal Salgueiras-Lagoa para o abastecemento de auga de Pontecesures?.
2. ??Obra de renovación das redes de abastecemento e saneamento na rúa Doutor Mosquera?.
Sobre a primeira das actuacións xa hai un documento técnico para reparar a traída municipal de augas que procede do monte municipal Salgueiras-Lagoa e que se atopa soterrada. cuxas partidas hai que adaptar polo tempo transcorido dende a súa redacción en tempos do goberno anterior.
A reparación desta traída suporía un notable aforro para o concello, xa que no outono, inverno e incluso na primaveira (dependendo da cantidade de choivas) utilízanse para o abastecimento aguas soterradas que proceden de fontes e manantiais do monte de utilidade pública Salgueiras-Lagoa. Estas fontes mináronse hai máis de 40 años e instaláronse entón unhas tubarías que levan a agua ata a vila. Estas canalizacóns están case destrozadas e na actualidade, debido ao deterioro das instalacións, pérdese moita auga polo monte abaixo e así desaproveitase un ben prezado considerándose gran importancia a reparación desta traída. Esta é unha auga de calidade, que, sen custos e por gravidade, pasa a ETAP para o seu tratamento. Cando hai posibilidade de usar este caudal diminuen considerablemente os custos para o concello, pois non é necesaria a entrada en servizo da canle que ven do río Ulla, que eleva a auga por bombeo cos conseguintes gastos de enerxía eléctrica.
Tendo en cuenta eo aforro que aa traída dol monte reporta ás arcas municipais consideramos que debe de realizarse un investimento que sempre será rendible co aforro que imos ter logo pois as aguas soterradas chegarán para o subministro de máis meses do año. O estudo elaborado polo concello contempla o arranxo das fontes e pozos máis próximos e os seus correspondentes tramos de tubarías, deixando as maís lonxanas para una segunda fase de actuación. Son en concreto catro as fontes que se inclúen: A Fonte do Lobo, a de Curtalumes, e as dúas da Vagoada.
Tamén é fundamental a segunda das actuacións pois as tubarías de sanemento e abastecemento da rúa Doutorr Mosquera (e incluso da pista que dende de baixada da pista da Barosa ata a propia rúa Doutor Mosquera en Condide), son moi antigas e están moi danadas. As avarías son contínuas con cortes de auga á veciñanza e con problemas no pavimento case sempre que chegan á intersección con Estrada Nacional N-550.
Agora temos unha gran oportunidade para acometer estas dúas actuacións no plan da Deputación de Pontevedra (sabemos que outros grupos tamén consideran prioritaria a execución destas obras) e non debemos desaproveitar esta gran ocasión.
Pontecesures, 19/08/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures»»»»