Trata a concelleira nacionalista Cecilia Tarela de meterme no medio do problema que creou o goberno municipal cos titulares das churrerías de Pontecesures, acusándome de contaminar este tema da Festa do Churro e de que creo mal ambiente entre as churreiras e o concello.
Nada máis lonxe da realidade; este concelleiro, alarmado pola eliminación da festa no programa, denunciou con todas as súas forzas esta decisión por considerala moi negativa para o concello, para os titulares das churrerías e para os veciños en xeral. ? unha obriga da oposición denunciar estes feitos nos medios, para tratar de que un goberno totalmente ineficaz, como o que sufrimos en Pontecesures, reaccione e se celebre a festa que é o obxectivo que persigo.
Para nada tratei de influir na decisión das churreiras nin na súa postura. Nunca tratei de predispoñer a ningunha persoa ou colectivo contra o concello. Precisamente a que creou o mal ambiente foi Cecilia Tarela coa súa actitude o 20 de xuño cos artesáns do churro e un goberno municipal que non lle quere á festa, que a considera un trámite, e que non tiña unha postura clara o propio día 20 xuño, a tres semanas do evento. ¿A qué estiveron esperando para ter a reunión? ¿Por que foi só á cita Cecilia Tarela sen poder de decisión?. ¿Por que o goberno estivo cruzado de brazos dende ese día sen decidir nada?.
Non dí a verdade a Sra. Tarela en canto ao cartel da festa. ? certo que a Festa do Churro tivo un cartel específico noutras edicións, pero sempre, a maiores, foio incluído na programación xeral das festas do Carmen. Quere transmitir a concelleira que a festa ía celebrarse igual, pero entón, ¿Por que o 21 de xuño ordenou á comisión organizadora das festas que se retirase a Festa do Churro 2013 do programa xeral das Festas do Carme?.
En fin; seguen os despropósitos do goberno local. Agora resulta que se trata de culpabilizar da situación creada por eles a este concelleiro. Cada vez estou máis convencido: Se non chega a ser polo malestar das churreiras e polas denuncias da oposición quedabamos sen Festa do Churrro. Seguro.
Pontecesures, 30/06/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures