Será na Casa do Concello está primeira sesión organizativa da nova corporación. O punto estrela é o 8, o das dedicacións exclusivas do grupo de goberno. Faise un chamamento aos veciños para que asistan ao pleno para coñecer en vivo a actualidade municipal.
A orde do día é a seguinte:
1. Acta anterior.
2. Réxime de sesións do pleno.
3. Creación e composición das comisións informativas permanentes.
4. Nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados.
5. Coñecemento das resolucións da alcaldía en materia de nomeamentos de tenentes de alcalde e de delegacións da alcaldía.
6. Proposta de creación da xunta de goberno local.
7. Comunicación da constitución dos grupos políticos municipais, integrantes e voceiros.
8. Dedicacións exclusivas.