O grupo folclórico cesureño actuará o próximo venres neste programa da Televisión de Galicia. Lévase bastante tempo preparando esta actuación por parte dos rapaces que acuden ilusionados a esta cita. ? un aliciente para todos eles e para asociación cultural «Algueirada» co fin de continuar traballando pola consolidación dun grupo nado en 1996.
Sociedade
O sábado, 14 de xaneiro, Festa da Raíña dos Anxos en Carreiras.
-Pola maña disparo de foguetes.
-Alborada do grupo folclórico Algueirada de Pontecesures.
-Ás 12:30 Misa Solemne na Igrrexia Parroquial de Pontecesures
-Despois, poxa de ramos no campo da festa e sesión vermouth no que actuará a orquestra «La Bámbola»
-Pola noite, gran verbena coas orquestra «La Bámbola» e Metrópolis».
Haberá carpa no campo da festa.
Sociedade
O 12 de outubro, festividade do Pilar en San Xulián
Polá mañá o grupo de gaitas do grupo folclórico cesureño Algueirada dará os pasarrúas polo lugar. Ás 12 terá lugar na Capela de San Xulián a misa solemne na honra da Virxe do Pilar oficiada polo párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, e cantada polo coro parroquial Dos Tilos. De seguido terá lugar a procesión pola rúa do Pilar. Ao remate actuará o grupo de baile da agrupación Algueirada. O custo da misa é sufragado por Lucía Pardal Miguéns.
Os actos son organizados pola Asociación de Veciños «San Xulián de Requeixo»
Cultura
Algueirada actúa mañá venres, 23 de setembro, en Corrubedo.
O grupo folclórico cesureño actúa mañá pola tarde nesa localidade de Santa Uxía de Ribeira onde se celebran os actos na honra de Santa Tegra e San Roque.
Cultura
Algueirada actuará na Festa do Caldo de Quintandona (Portugal).
O grupo folclórico cesureño actuará o domingo, 18 de setembro, ás 13 horas nesta localidad do municipio de Penafiel (Portugal), saíndo a expedición ás 8:30 horas do domingo da parte traseira da praza de abastos de Pontecesures.