
Finou o pai de Juan Ordóñez, monitor de gaita de Algueirada.
Juan Manuel Ordóñez Otero, veciño de A Cubela-Rois, finou no día de onte aos 67 anos.
O velorio será instalado esta tarde no Tanatorio de Oín e mañá, ás 12:45 horas, terá lugar o funeral na Igrexa de San Mamede de Rois.
Descanse en paz.
Pontecesures reúne alimentos no perecederos destinados a la Cocina Económica de Santiago.
El Concello de Pontecesures anuncia un festival solidario en el que reunir la mayor cantidad posible de alimentos no perecederos, los cuales serán entregados a la institución benéfica de carácter privado Cocina Económica de Santiago, que se creó en el año 1891 para ayudar a los más necesitados. La cita es el día 22, desde las 18.00 horas, en la iglesia parroquial, donde intervendrán las asociaciones culturales Xarandeira y Algueirada, Escola de Música Moderna y la Coral Polifónica Pontecesures.
Faro de Vigo
Celebrouse o día do Pilar en San Xulián.

Na instantánea vemos ao novo presidente da Asociación de Veciños de San Xulián, Manolo Meniño, bailando cunha moza do grupo Algueirada ao remate da actuación de dito grupo cesureño.
Con bo tempo e bastante público, celebráronse os actos da festividade. Houbo pasarrúas, Misa Solemne cantada polo coro Pontecesures, procesión polo lugar e actuación do grupo folclórico Algueirada.
O novo presidente, visiblemente satisfeito, manifestou que para o ano que ven estaban a estudar a celebración de máis actos festivos para que o 12 de outubro sexa un día completo de festa.
Comezan as clases de Algueirada para este curso escolar.

-Gaita e percusión. Monitor, Juan Ordóñez. Clases os mércores a partires das 17 horas no Centro Social. Comezo: mércores, 2 de outubro.
-Baile tradicional e pandeireta: Monitor, Gustavo Couto. Clases os sábados a partires das 16 horas no ximnasio do CPI Pontecesures. Comezo: sábado, 5 de outubro.