Unha veciña de Rianxo denuncia ter sido vítima de abusos cando era menor de idade

Canal Barbanza – 28 Julio, 2017

Hadriana Ordóñez, veciña de Rianxo denunciou o pasado mes de xuño ao seu tío político Luis Álvarez Angueira, por presuntos abusos sexuais, acontecidos cando ela era menor de idade. Dende entón pasaron 15 anos, un tempo no que esta moza gardou silencio, pero agora, a sua condición de nai, levouna a dar este paso, facendo acopio de moito valor.

A noticia está a ter unha maior repercusión porque tanto a denunciante como o denunciado se adican á política, Hadriana Ordóñez é concelleira en Rianxo, mentres o denunciado foi alcalde en Pontecesures.

El exalcalde de Cesures abandona el BNG tras ser denunciado por abusos sexuales

Luis Álvarez Angueira presentó la baja del BNG recientemente, ??fai poucos días?, puntualizaron ayer fuentes del partido, y la organización la aceptó. La renuncia se entregó y se hizo efectiva después de que su sobrina política

Luis Álvarez Angueira presentó la baja del BNG recientemente, ??fai poucos días?, puntualizaron ayer fuentes del partido, y la organización la aceptó. La renuncia se entregó y se hizo efectiva después de que su sobrina política y edil de Igualdade en el Concello de Rianxo, Hadriana Ordóñez, presentase una denuncia acusándolo de haber abusado de ella cuando era menor de edad.

Fuentes del partido por el que Álvarez Angueira fue alcalde de Pontecesures durante doce años subrayan que ??o BNG quere que se investigue o tema ata as últimas consecuencias?. Causar baja en el partido es habitualmente un proceso más lento, que empieza en el Consello Comarcal correspondiente. Comunicada la decisión, su responsable es el encargado de remitir a los ??órganos nacionais? el parte de bajas acompañado de una copia del acta donde consta la aceptación y de la ficha de la persona, según figura en los Principios organizativos e Normas de fundamento del BNG.

Ordóñez pertenece también a la misma organización, que cierra filas en torno a ella. Así, desde el grupo municipal de Rianxo del que forma parte muestran su ??total apoio persoal nunha situación difícil para ela?. Destacan que ??imos apoiar a unha compañeira que deu un paso moi importante?, afirma el alcalde, Adolfo Muíños.

Álvarez Angueira, por su parte, negaba esta semana los hechos. Aseguraba que lo denunciado ??é absolutamente falso, non é certo? y añadía que ya se puso en contacto con su abogado ??para que se formulen as accións xudiciais oportunas a quen corresponda?.

[Ver a nova completa en Diario de Arousa]

Una joven de Taragoña denuncia a su tío político por agresión sexual

La mujer es concejal del Bloque en Rianxo mientras que el acusado, Luis Álvarez Angueira, fue alcalde en Pontecesures del mismo partido// Cometió abusos reiterados durante 5 años, cuando la edil solo tenía once y hasta los 16, según la querella presentada en los juzgados de Padrón// ??Din este paso cando tiven a miña filla. Non quero que sea outra vítima?, dice Hadriana Ordóñez (más…)

Padrón estrea Día do Peregrino.

Pepe Domingo Castaño comprométese a promocionar o Camiño Portugués tras recibir o Berce do Xacobeo.

O Concello de Padrón estreou onte o seu Día do Peregrino, un evento organizado pola concellería de Turismo no marco da celebración das Festas do Santiaguiño do Monte, que viven hoxe o seu día grande coa romaría e o ascenso ao monte. No día de onte, o Concello entregou o primeiro galardón Padrón. Berce do Xacobeo ao xornalista Pepe Domingo Castaño e veciños e visitantes desfrutaron pola tardiña do tradicional derbi asnal polas rúas da vila e dos concertos musicais.
O galardón Padrón. Berce do Xacobeo que distingue a Pepe Domingo Castaño como I Peregrino de Honra, foi entregado polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, nun emotivo acto celebrado na igrexa parroquial ao remate da misa do peregrino.
O rexedor explicou que este recoñecemento de nova creación pretende ??homenaxear á figura universal do peregrino, neste caso representado na figura de Pepe Domingo Castaño?, no contexto dunha vila como Padrón, tan vinculada historicamente ao nacemento do fenómeno xacobeo.

El Correo Gallego

Dornas en homenaxe á «Branca vela» de Rosalía van desde Valga a Padrón.

Rosalía é unha das grandes poetisas do panorama nacional e autonómico. En Galicia viviu a maior parte da súa vida e compuxo varias das súas obras, como Cantares Gallegos ou Follas Novas. Rosalía representa a unha muller adiantada ao seu tempo, revolucionaria e transgresora fronte aos convencionalismos da súa época, que abriu o camiño cara o recoñecemento de dereitos sociais e lingüísticos conseguidos tempo despois polo pobo galego.

? por iso que, máis de 150 anos despois da súa morte, a súa figura segue lembrándose cada ano. Unha das numerosas homenaxes tivo lugar onte na praia fluvial de Vilarello, en Valga, por iniciativa da fundación Rosalía de Castro. Baixo o nome de Ruta rosaliana anunciábase a quinta edición do percorrido que as dornas da ría de Arousa realizan remontando o río Ulla e o Sar, o seu afluente, ata Padrón.

O nome deixa claro que é un acto por e para rememorar a figura de Rosalía, tal e como asegura Anxo Angueira, o presidente da fundación. Decenas de mariñeiros toman as súas embarcacións e dispóñense a retornar aos tempos nos que Rosalía, dende a fiestra da súa habitación, vía pasar as dornas mentres, inspirada, escribía os seus versos: «¡Qué hinchadiña branca vela / antre os millos corre soa, / misteriosa pura estrela! / Dille o vento en torno dela: / ????Palomiña, ¡voa!, ¡voa!????».

Rosalía xa non está na súa xanela, mais foi a súa estatua, no paseo do Espolón, si agardaba onte pola chegada dos mariñeiros. «Na súa época vía pasar os veleiros dende a casa, xa que antes non había tellados que tapasen as vistas». Coa de onte xa se levan realizadas cinco edicións do evento.

A saída programárase para as catro da tarde. O día elixido, «como se vén facendo todos os anos», era de mareas vivas, o cal axudaría ás barcas a chegar a Padrón nun tempo de «hora e media», segundo os cálculos de Anxo. Os participantes no evento celebraron nas horas previas unha comida na praia fluvial, aproveitando o día soleado. Dende o alto de Cordeiro, podíase escoitar aos gaiteiros interpretar animadas cancións. Un día festivo que parecía aveciñarse tranquilo.

Porén, os primeiros problemas chegaron cando, a iso das tres e media, a marea e o vento empezaron a baixar e a dar problemas. Un dos mariñeiros maiores aproximouse aos demais capitáns dicindo: «Ou marchamos xa ou non chegamos, non vai haber marea». Entre os tripulantes deixábase sentir a preocupación: «Ou collemos os remos… ou nada». Rapidamente, todos recolleron os seus aparellos e dispuxéronse a subir aos vinte barcos, que inundaron o río dunha banda á outra. «Hoxe as embarcacións viñeron de todas as Rías Baixas, incluídos Vigo e Pontevedra, e tamén Muros»

Eran as cinco e media da tarde cando aínda as dornas estaban intentando subir o tramo final do Ulla, facendo fronte aos continuos cambios na forza da auga. Cinco das embarcacións lideraban a ruta, tratando de chegar a vela ata o Sar.

Sobre as seis, conseguiron chegar a Padrón, tomando os remos para afrontar a falta de vento. O primeiro en chegar foi Salvador Allo, presidente da Asociación Dorna, de A Illa. Xa fronte á estatua, o canto do himno e as candeas pecharon o acto na honra da poetisa.

A repentina baixada da marea e a falta de vento obligaron a adiantar a saída das dornas media hora

Foi necesario tomar os remos durante o último tramo da travesía para chegar a Padrón.

La Voz de Galicia