Valga y las dos caras del empleo.

valgfe

En Valga, la disputa electoral se limita a Bello Maneiro (PP) y María Ferreirós (PSOE).

Vencer al paro. Ese es el principal objetivo que se han fijado los dos aspirantes a la alcaldía de Valga, el popular José María Bello Maneiro y la socialista María Ferreirós. Vencer al paro, sí, pero ¿cómo? El actual alcalde y aspirante a revalidar el bastón de mando apuesta por atraer nuevas industrias a Valga. Y para ello, dice, hace falta ganar en el Supremo el polígono industrial que la Justicia ha tumbado. «Quen se opuxo a este polígono está botando ás empresas -hai dúas interesadas en vir para aquí- de Valga», sentencia, lanzando un dardo directo a su rival en la carrera hacia las urnas. Y es que María Ferreirós fue la cabeza visible del movimiento vecinal que logró parar una zona industrial «completamente inxustificada, e non porque o digamos nós, tamén o din os tribunais. Nós queremos industria, queremos empresas, si, pero en Valga hai xa sete zonas industriais. Así que non hai que dicirlle que non ás empresas», replica ella. El modelo económico por el que apuesta el equipo del que forma parte pasa por abrir nuevos horizontes. En concreto, consideran imprescindible poner en valor el verde de Valga, bien sea mediante la calificación de montes para su explotación forestal, bien mediante la creación de cooperativas agrícolas.

(más…)

Cecilia Tarela primará el bienestar y el saneamiento.

Cecilia Tarela afronta por primera vez el liderato de la lista del BNG de Pontecesures, aunque ya está curtida en la política municipal, en la que lleva inmersa 8 años, los últimos 4 en el gobierno de coalición con PSOE y Tega. El BNG aspira a revalidar la alcadía (en los pasados comicios obtuvo 4 ediles de 11) centrando sus prioridades en políticas de bienestar social, en concluir el 100% de los separativos y el saneamiento integral del municipio y en trabajar para logar un espacio para la celebración de actos «chámese casa da cultura ou pequeño auditorio». Tarela Varela, que sustituye en el cargo a Luis Álvarez Angueira, recalca que de lograr la alcaldía su equipo centrará los esfuerzos en los primeros meses en acabar proyectos y actuaciones inconclusas, que no pudieron materializarse por falta de ayudas. «As axudas viñeron agora todas xuntas e non vai a dar tempo de rematar obras en asfaltado, aforro enerxético, cambios de caixas o de luminarias no medio rural. Algunhas se licitarán estes días». Sobre el balance de la legislatura, Tarela recalcó que a pesar de los recortes y de las escasas ayudas recibidas, Pontecesures cierra esta etapa con un superávit de 300.000 ? y unas cuentas saneadas, y donde el Concello primó «o benestar da xente. Tentamos axudar aos veciños que están a pasar unha difícil situación».

El Correo Gallego

Decepción: O Concello de Pontecesures non solicita unha escola obradoiro.

Con decepción coñece esta agrupación de que o noso concello non está incluído nos que solicitaron escolas obradoiros ao abeiro da Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 21 de xaneiro de 2015 (DOG do 21/01/15). Tampouco o fixo en 2014 feito que foi moi criticado por esta agrupación.

En base ao número de desempregados o Concello de Pontecesures non podía solicitar a escola obradoiro só, senón que tiña que facelo xunto con outro ou outros da zona (por exemplo sí o fixeron conxuntamente Valga, Cuntis e Moraña). Pero o goberno local de Pontecesures, coa pasividad habitual nestes case tres anos que levamos de mandato, non xestionou a solicitude con outros concellos e un ano máis nos quedamos sen obradoiro de emprego. Non se traballa, non hai ilusión, non hai xestión, nin sequera se tenta conquerir as axudas doutras administracións. A desidia, dende logo, e a característica destes catros anos.

Con tantos desempregados que temos, xoves como maiores, resulta triste o sucedido. Moito falar as forzas que integran o goberno que ían adoptar medidas para paliar o desemprego e agora atopámonos con isto. Moito criticar a xestión do goberno anterior (por certo, no período 2007/2011 sí houbo un obradoiro de emprego), cando agora temos un goberno totalmente ineficaz. A única medida a prol do emprego do actual goberno foi retribuirse a eles mesmos coa adicación exclusiva de tres dos seus membros por primeira vez na historia de Pontecesures. Moitos non entendemos para que, pero advertimos que os tres tenentes de alcalde que cobran as exclusivas van encabezar listas electorais para os comicios de maio. Intuimos que van tratar de seguir cobrando outros catro anos máis.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

SUBVENCI?NS DA XUNTA DE GALICIA PARA RENOVACI?N DE TELLADOS E FACHADAS.

No DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13/marzo/2015 saen publicadas axudas da Consellería de Economía e Industria para renovación de cubertas con tella cerámica e para rehabilitación con granito de fachadas.

Enlace web para acceder ao contido destas axudas:

Renovación de cubertas:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150313/AnuncioCA04-060315-0003_gl.html

Rehabilitación de fachadas:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150313/AnuncioCA04-060315-0001_gl.html

 

AXUDAS DO INEGA: TICKET ELECTRICO SOCIAL DE GALICIA.

logo_inega

Axudas económicas do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) de 90 ? por semestre a través do tícket eléctrico social de Galicia.

Prazos de solicitude:
– Do 5 de marzo ata o 30 de abril para o 2º semestre de 2014.
– Do 1 de xuño ata o 15 de setembro para o 1º semestre de 2015.

Maís información no Servizo Social Comunitario deste concello os luns de 11 a 15 horas e os martes e venres de 9 a 13.30 horas.

Descarga das bases destas axudas (bando municipal e bases no Diario Oficial de Galicia):

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=722

 

A ACP denuncia que o goberno local de Pontecesures perde axudas da Rede Natura por non solicitalas.

O municipio de Pontecesures ten 9,04 hectáreas incluídas na Rede Natura 2000 (fundamentalmente a lámina de auga do Río Ulla e unha das marxes do mesmo) e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicou o 07/08/14 unha orde sobre concesión de axudas 2014/2015 aos concellos incluídos en dita Rede Natura para actuacións nela (axudas ao 100% do investimento cun máximo de 20.000 euros por concello).

Pois ben, no DOG de anteonte publícase a resolución coa concesión das axudas aos concellos e así como a Catoira e Valga se lles conceden axudas por 19.955 e 20.000 euros, respectivamente, Pontecesures non aparece na relación.

Con sorpresa e indignación comprobamos que a razón de que a Pontecesures non se lle concedera axuda algunha foi porque o goberno local que padecemos nin presentou a solicitude. O sexa, coas necesidades que temos non solicitan unha axuda para actuar na zona da Rede Natura para a que non hai que achegar nin un só euro de fondos municipais. Permiten así que se perdan uns cartos amosando unha xestión realmente lamentable por parte dun goberno coa metade dos seus integrantes cobrando unha adicación exclusiva todos os meses.

Puderonse solicitar por exemplo, actuacións na ribeira do río, nos seus sendeiros, para preservar o hábitat ou o ecosistema natural. Tamén arranxar a problemática que presentan determinadas canalizacións que verten ao río, pero, na práctica, non se fixo nada por parte dun goberno que despois afirma que se preocupa polo medio ambiente.

En fin outro fracaso máis de xestión seguindo a tónica do ocorrido nestes catro anos.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures