AXUDAS AO ALUGUER 2015.

Axudas estatais ao aluguer do Plan Estatal 2013-2016, tramitadas polo Institudo Galego da Vivenda e o Solo, de ata o 40% da renda anual.

Prazo de solicitude ata o 19 de febreiro de 2015.

Máis información no Servizo Social Comunitario deste concello os luns de 11 a 15 horas e os martes e venres de 9 a 14 horas.

Descarga do Bando e das bases desta convocatoria no seguinte enlace:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=705

A oposición de Pontecesures pregunta de novo pola aula TIC e o destino dos ordenadores.

SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE PONTECESURES
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, concedeu en 2012, ao abeiro dunha liña de axudas para proxectos dinamizadores de áreas rurais de Galicia (fondos europeos), unha subvención de pouco máis de 14.000 euros, subvención do 90% do custo total, para un proxecto integral dunha sala multiusos dixital a instalar no semisoto da Casa do Concello. (Aula TIC)

En maio de 2013, e logo do procedemento licitatorio, o concello adxudicou a actividade por 14.908,01 euros dos que a AGADER subvencionou o 90% de dito importe, aproximadamente, e o concello o resto. Acondicionouse con estes cartos o local para a aula e subministráronse 15 ordenadores novos co mobiliario correspondente.

En varias ocasións denunciouse que a aula TIC xa non existía e se nos contestou que estropeárase a alimentación dos ordenadores pola humidade a avariáranse os equipos.

Aos asinantes deste escrito parécelle moi grave que os ordenadores, que foron adquiridos cunha subvención finalista de fondos públicos para formar parte dun aula de informática ao servizo da poboación, non estean operativos no semisoto da Casa do Concello. Non sabemos nin onde están, nin que condicións presentan nin se están adicados a outros usos alleos á subvención concedida. O certo é que no local do semisoto do Concello non están.

Realizando as funcións de fiscalización e control e co fin de aclarar o que está a suceder, solicítase:

1. Autorización para consultar o expediente administrativo de adquisición dos 15 ordenadores coa factura corespondente.
2. Que se nos mostren físicamente, un por un, os 15 ordenadores. Queremos coñecer onde están, a que se adican na actualidade e se están en funcionamento ou avariados.

O obxectivo desta actuación é que a aula TIC estea operativa canto antes pois non se pode privarlle de dita aula á veciñanza nin tampouco incumprir o destino da subvención de fondos públicos concedida no se día.

Pontecesures, 15/11/14

Juan M. Vidal Seage (PP)

Maribel Castro Barreiro (IP)

Luis A. Sabariz Rolán (ACP)

AXUDAS ECON?MICAS ÁS FAMILIAS CON FILLOS MENORES A CARGO E QUE OS SEUS INGRESOS NON SUPEREN O IPREM, PARA O PAGO DA FACTURA EL?CTRICA A TRAV?S DO TÍCKET EL?CTRICO SOCIAL DE GALICIA, DURANTE O 1º SEMESTRE DE 2014.

cover_inega_corp

Axudas do INEGA (Institudo Enerxético de Galicia) para pagar parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, para o 1º semestre de 2014. Destinada a familias con fillos menores a cargo e que non superen o IPREM.

Prazo de solicitude: Ata o 4 de novembro.

Máis información destas axudas no bando municipal que se pode descargar no seguinte enlace:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=656

Outro recorte máis: Pontecesures sen servizo de educación familiar.

A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Pontecesures unha subvención de 7.506,50 para contar dende primeiro de ano cun traballador á fronte do Servizo de Educación Familiar (contrato a media xornada), debendo achegar o concello a cantidade restante para asumir o salario e os custos sociais do traballador.

Pois ben; non se contratou ao traballador e non se puxo en marcha o servizo privándose do mesmo a un número de familias de Pontecesures, as de recursos máis escasos. Agora hai que devolver á Deputación o importe da subvención que foi solicitada no seu día polo concello para este fin.

Non entende a supresión do servizo de educación familiar a ACP. Un goberno que fala de progresismo e de axudas para os máis necesitados, deixa na estacada ás familias máis humildes. Moito criticou o grupo de goberno os recortes da Xunta de Galicia nos serivzos sociais e cando a Deputación concede axudas deste tipo son rexeitadas. Ao concelleiro de Servizos Sociais, Roque Araújo, parece que só lle importa a ludoteca (non hai día non letivo sen este servizo), deixando abandonados aos usuarios da biblioteca no verán (a instalación permanece pechada durante este mes) e aos do servizo de educación familiar.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PARA REHABILITACI?N DE FACHADAS CON GRANITO E RENOVACI?N DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA.

No Diario Oficial de Galicia (D.O.G.) nº 121 do 27 de xuño de 2014 saen publicadas dúas ordes de subvención da Consellería de Economía e Industria, unha para rehabilitación de fachadas de vivendas con granito e outra para a renovación de cubertas con tella cerámica.

Na liña de axudas para as fachadas a subvención será do 30% do orzamento subvencionable cuns topes máximos de 12.000 ? para vivenda unifamiliar e de 40.000 ? para edificios de vivendas.

Na liña de axudas para as cubertas a subvención será do 30% do orzamento subvenciónable cun tope máximo de 16,50 ? por metro cadrado de vivenda.

O Prazo de solicitude remata o 31 de xullo de 2014.

No seguinte enlace accedese ao D.O.G. do 27 de xuño onde se poden consultar as bases completas destas axudas:

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/srv/www/doga/Publicados/2014/20140627/Secciones1_gl.html&paginaCompleta=false&fecha=27/06/2014&compMenu=10102