AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PARA REHABILITACI?N DE FACHADAS CON GRANITO E RENOVACI?N DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA.

No Diario Oficial de Galicia (D.O.G.) nº 121 do 27 de xuño de 2014 saen publicadas dúas ordes de subvención da Consellería de Economía e Industria, unha para rehabilitación de fachadas de vivendas con granito e outra para a renovación de cubertas con tella cerámica.

Na liña de axudas para as fachadas a subvención será do 30% do orzamento subvencionable cuns topes máximos de 12.000 ? para vivenda unifamiliar e de 40.000 ? para edificios de vivendas.

Na liña de axudas para as cubertas a subvención será do 30% do orzamento subvenciónable cun tope máximo de 16,50 ? por metro cadrado de vivenda.

O Prazo de solicitude remata o 31 de xullo de 2014.

No seguinte enlace accedese ao D.O.G. do 27 de xuño onde se poden consultar as bases completas destas axudas:

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/srv/www/doga/Publicados/2014/20140627/Secciones1_gl.html&paginaCompleta=false&fecha=27/06/2014&compMenu=10102

 

¿Que foi da aula TIC do Concello de Pontecesures?.

2014-06-12 21.00.09-1-1

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, concedeu en 2012, ao abeiro dunha liña de axudas para proxectos dinamizadores de áreas rurais de Galicia (fondos europeos), unha subvención de pouco máis de 14.000 euros, subvención do 90% do custo total, para un proxecto integral dunha sala multiusos dixital a instalar no semisoto da Casa do Concello (Aula TIC).

En maio de 2013, e logo do procedemento licitatorio, o concello adxudicou a actividade por 14.908,01 euros dos que a AGADER subvencionou o 90% de dito importe, aproximadamente, e o concello o resto. Acondicionouse con estes cartos o local para a aula e subministráronse 15 ordenadores novos co mobiliario correspondente.

Presentou o goberno local a bombo e platillo a aula cando en xullo de 2013 anunciou que se ía celebrar nas novas instalacións un curso de iniciación á informática para a terceira idade, e incluso na nota publicada se nos falaba da “flamante aula” xestionada e conquerida polo goberno local.

Pois nin flamante nin gaitas; o aula TIC xa non existe e tan só queda o cartel colocado no exterior da porta de entrada so semisoto da Casa do Concello. Apenas houbo un curso máis, e no inverno pasado, ao parecer, estropeouse a alimentación dos ordenadores pola humidade e averiáronse os equipos.

A esta agrupación parécelle moi grave o ocorrido denunciando a desastrosa xestión que está a realizar o goberno que temos. Fallou a previsión en canto as condicións do local pero é que, ademais, os ordenadores, que foron adquiridos cunha subvención finalista de fondos públicos para formar parte dun aula de informática ao servizo da poboación, non sabemos que condicións presentan e se están adicados a outros usos alleos á subvención concedida. O certo é que no local do semisoto do Concello non están.

Prégase que se instalen con toda urxencia os 15 ordenadores na aula TIC para que estea operativa de inmediato. Ademais de privarlle do aula á veciñanza, estase a incumprir o destino da subvención concedida en 2012 e pode o concello ter responsibilidades económicas, e doutro tipo, diante do órgano que subvencionou a actuación por culpa dunha xestión tan lamentable do goberno municipal.

Pontecesures, 14/06/14

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Axudas municipais á escolarización: curso 2014/2015

escolarizacion

 

Axudas do Concello de Pontecesures para a escolarización dirixidas ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil (bolsas de 80?) e para Educación Primaria e E.S.O.(bolsas de 75?).

O prazo de Solicitude é dende o 16 de xuño ata o 15 de xullo.

Máis información e presentación de solicitudes no Servizo Social Comunitario do concello os martes e venres de 9.00 a 13.30 horas.

No seguinte enlace pódense consultar as bases completas destas axudas e descargar o formulario de solicitude:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=628

 

ACP pide que se acometa con celeridad el pavimentado de un camino en San Xulián.

El portavoz de ACP de Pontecesures, Luis Sabariz, alertó ayer sobre el estado “lamentable” de un tramo de la pista de Forneiras, en el lugar de San Xulián. Su pavimento presenta “socavóns  que dificultan o paso de vehículos e incluso dos propios veciños”, lo que ha generado “bastantes queixas dos afectados”, afirma. El edil independiente reconoce el “bo criterio” del gobierno local al incluir esta obra en un plan de infraestructuras financiado íntegramente por la Consellería de Medio Rural, pero lamenta la tardanza en la tramitación. “A pesar do tempo trascorrido dende a aprobación do programa por parte da adminsitración autonómica, aínda non sabemos nada da adxudicación das obras” que también afectan a otras carreteras locales en Souto (Porto), Condide o la rúa Fontaíña. “Non sabemos a qué está esperando o goberno municipal para activar estas actuacións e solucionar deficiencias tan graves como as da pista de Forneiras” indica Sabariz Rolán, que recuerda que estas obras deben estar justificadas ante a Consellería de Medio Rural antes del 30 de junio.

Así, Sabariz pide al Ejecutivo que “actúe con celeridade e non deixe todo para última hora”, de forma que puedan surgir después “problemas de prazos”. A su juicio el tripartito se caracteriza “pola falla de logros ante outras administracións e nin sequera xestiona ben as axudas xerais”

Diario de Arousa

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR DE PRESTACI?N ECON?MICA DE PAGO ?NICO POR FILLO A CARGO MENOR DE 3 ANOS 2014.

Dende o martes 18 de marzo ata o venres 25 de abril está aberto o prazo para as solicitudes de prestación económica de pago único por fillo a cargo menor de 3 anos.

Máis información e presentación de solicitudes no SERVIZO SOCIAL COMUNITARIO deste concello os luns, martes e venres de 9.00 a 13.30 horas.

Descarga do bando completo:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=596

 

Nota sobre a visita do delegado territorial da Xunta ao CPI Pontecesures.

Polos medios de comunicación coñeceu este concelleiro a nova da visita do xoves do delegado territorial da Xunta e do xefe territorial de Educación en Pontevedra ao CPI de Pontecesures para comprobar “in situ” a importante obra de renovación da cuberta do ximnasio do colexio realizada pola administración autonómica no pasado Nadal. Lémbrase que as numerosas pingueiras afectaban negativamente ao desenvolvemento da actividade docente no ximnasio e iso motivou varias queixas do concello, da comunidade educativa e da formación política que represento.

Agradece este concelleiro a Educación o investimento, e lamenta que o goberno local non convidase a esta visita aos representantes de todas as forzas políticas que integran a corporación. Outra actitude de desprecio  para con este concelleiro que durante os case quince anos que leva na corporación, (e durante outros doce nos que presidiu a ANPA), implicouse sempre a fondo na mellora das instalacións do CPI Pontecesures sin percibir retribución algunha por dedicacións exclusivas como as que cobran agora tres integrantes do grupo que nos goberna. Pero xa non é só pola actitude denunciada,  impideuse a este concelleiro plantexar cuestións de interese para a comunidade educativa ás autoridades autonómicas.

En fin: a visita xa tivo lugar e agora só queda informar aos veciños, que a ACP estará atenta para que a renovación do pavimento do ximnasio do CPI Pontecesures comprometida polo concello se realice canto antes. A Xunta cumpriu coa cuberta pero o Concello non cumpriu todavía co solo. Haberá que estar vixiantes.

Para rematar, dicir que non se entende que as chapas da cuberta do polideportivo municipal, situado a carón do colexio, caidas a principios de xaneiro por mor dos temporais non esten repostas nestas datas. Está ben pedir axudas a outras administracións, pero esta é unha instalación totalmente municipal e a renovación dunhas cantas chapas da cuberta ten que ser acometida de inmediato pois do contrario pronto pode haber filtraccións de augas con pingueiras, ocasionándose problemas para a práctica deportiva no recinto. Unha das tarefas básicas dun goberno municipal é acometer as tarefas de conservación dos seus bens. O de Pontecesures, coa ineficacia de sempre, queixase dos recortes noutras administracións,  pero non actúa botándolle a culpa das deficiencias sempre aos demais.

Pontecesures, 22/02/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures