CONVOCATORIA DE AXUDAS DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA PARA ASOCIACI?NS E CLUBES DEPORTIVOS 2014.

axudas asoc 2014reducido

No B.O.P. (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra) do 8 de xaneiro de 2014 saen publicadas as convocatorias de axudas, da Deputación de Pontevedra, para asociacións culturais e clubes deportivos para o ano 2014.

Enlace do BOP do 08/01/2014 (axudas asociacións páxina 2, axudas clubes deportivos páxina 17):

http://www.boppo.depo.es/bop-portlet/download?groupId=31603&folderId=1864254&fileName=bop.PONTEVEDRA.20140108.004.pdf

 

As emerxencias de Pontecesures. Nota da ACP.

No pleno ordinario de xaneiro de 2013 o alcalde Álvarez Angueira informou que tivera unha xuntanza do director xeral de emerxencias da Xunta de Galicia anunciando que ía haber un Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) en Padrón para actúar, entre outros municipios, no de Pontecesures. Incluso adiantou unha porcentaxe aproximada da achega económica que tiña que ingresar o concello pola atención das emerxencias do citado grupo.

Pois ben; dende aquela non enteramos da formación do GES de Padrón, do evidente malestar dos integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontecesures porque non se contou para nada con eles neste tema, e de que nestes días anunciase a constitución doutro GES (con menos efectivos) en Valga.

Realmente estamos confundidos, e comprobamos con decepción o «pouco que pinta» Pontecesures en materia de emerxencias cun peso político nulo tanto do alcalde como do grupo de goberno. Nin sequera se obteñen axudas para acondicionar o edificio municipal de Protección Civil de Pontecesures que presenta bastantes deficiencias.

Como en Pontecesures xa non temos nin plenos (o derradeiro foi en maio de 2013), preguntamos públicamente ao goberno local o seguinte:

1. Se está asinado o convenio de achegar cantidades para o funcionamento do GES de Padrón.

2. Cal será o GES que interveña nas emerxencias de Pontecesures (o de Padrón, o de Valga ou ámbolos dous).

3. Cales son as razóns para que non se conte cos voluntarios de Pontecesures á hora de integar os GES (están perfectamente capacitados) e que xestións fixo e fai o concello na súa defensa.

Pontecesures, 13/09/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Axudas da Xunta de Galicia para a obtención do carné de conducir, para mozos/as de 18 a 30 anos.

carne_de_conducir

 

Axudas da Xunta de Galicia para a obtención do carné de conducir (clase B). Para mozas e mozos de 18 a 30 anos.

Importe das axudas 250 ?.

Requisito ser títular do carné xove.

Prazo de solicitude ata o 1 de outubro de 2013.

Consulta das bases destas axudas no Diario Oficial de Galicia, no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130513/AnuncioCA05-070513-0003_gl.pdf

Convocadas as subvencións a clubes deportivos para o ano 2013

Baixo o epígrafe» Bases e subvencións a entidades e clubes deportivos para apoiar o deporte de competición federado para o ano 2013″ a Deputación de Pontevedra ven de convocar no DOP do día de hoxe, as axudas correspondentes aos clubes deportivos federados que fomenten o deporte base.
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días contados a partir de mañán.

Un zapatero padronés repara calzado gratis a personas en paro.

scale

Carlos Otero puso un tope semanal de seis pares, pero lo rebasa.

Ser solidario cuesta muy poco o, prácticamente «nada», como bien señala Carlos Otero, titular de la tienda de reparación de calzado Trucos, de Padrón, situada en el número seis de la avenida de Compostela. Desde principios de diciembre, este pequeño empresario y su empleado reparan calzado de forma gratuita para personas sin trabajo, un par a la semana por cada una que vaya a su local y hasta un máximo de seis pares semanales, por orden de llegada.

No obstante, este tope es «orientativo», según explica Carlos, que no quiere dejar de atender a nadie si llega en el número siete. De hecho, la semana pasada repararon hasta diez pares pertenecientes a personas en paro. En la tienda de Padrón ya cubrieron ese tope «varias veces» pero en la de Bertamiráns, que atiende su hermano Marcos, aún no llegaron a ese máximo. La solidaridad en las tiendas de los hermanos Otero se contagió de la de otra hermana, Anabel, que tiene, en sociedad con otra persona, una academia de inglés en Santiago y hace unos meses decidieron impartir un curso gratis durante todo el año a una persona desempleada.

Para la reparación del calzado, las personas sin trabajo deben presentar la tarjeta del paro y el Documento Nacional de Identidad. Nada más. Unos entran directamente en la tienda con calzado para arreglar y otros para preguntar si se pueden beneficiar de la promoción, si pueden llevar calzado de los hijos… Casi nunca se les pone problemas porque, como explica Carlos Otero, «o que máis costa aquí é a man de obra, o teu tempo, e tampouco é tanto, cinco ou dez minutos máis, non costa nada máis e axudas un pouco a xente que o necesita».

En cuanto a la duración de esta promoción, Carlos dice que, en principio, no tiene fecha límite para acabar, «mentres a cousa estea como está», por lo que seguirá «ata que faga falla» porque, como señala, «podes permitirte traballar para esas persoas» que lo necesitan.

Agradecimientos

Hasta ahora, los parados que entraron en su tienda son de Padrón y alrededores y a Carlos les consta que «marchan contentos». Y «agradecidos» por el gesto solidario de este pequeño empresario. Incluso hay otras personas que, al leer el cartel que anuncia la promoción en el escaparate de su tienda, entran para decirle que «é un detallazo o que estás facendo».

Con la crisis, la mayor parte del calzado que reparan en esta tienda de Padrón, que también se dedica al arreglo de mandos de portales, garajes y coches, copias de llaves de todo tipo y cerrajero las veinticuatro horas, está fabricado en plástico cuando antes el 80 % era en piel.

Tapas, suelas y otras pequeñas reparaciones son lo que más demandan, lo suficiente para que un par de zapatos pueda echar a andar de nuevo sin problemas. Cada uno ayuda con lo que puede pero la iniciativa solidaria de Carlos y su hermanos bien podría valer para que otros pensaran en aplicar descuentos a aquellos que no tienen empleo.

LA VOZ DE GALICIA, 25/01/13

Luis Álvarez Angueira: ??Gobernar nunca é fácil, sexa co voto dividido ou concentrado?.

anco

Elexido por segunda vez , grazas os apoios do PSdeG e Terra Galega, non prevé que cos actuais recortes se poidan facer grandes obras este ano // Rexeita as fusións de concellos e aposta por activar a mancomunidade

Nado en Pontecesures en 1961, Manuel Luis Álvarez Angueira, é profesor de Filosofía. Foi elixido alcalde de Pontecesures polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) en 1999 co apoio de ACP e PSdeG-PSOE. En 2003 repetíu como alcalde cos mesmos apoios. En 2007, a pesar de ser o BNG a forza máis votada perdeu a alcaldía a mans dun goberno tripartito con PPdeG e PSdeG que encabezou a concelleira de IP Maribel Castro Barreiro. En 2011 volveu ser elixido alcalde grazas a un pacto cos eiles do PSdeG e Terra Galega.

Que balance fai deste ano e medio de lexislatura?

Un balance positivo a pesares da situación económica a que se enfronta o país. Evidentemente, moitos proxectos que tiñamos en mente quedaran pospostos ata que a situación mellore.

? facil a gobernabilidade nun Concello cun voto tan dividido e ter que gobernar en coalición?

Gobernar nunca é facil sexa voto dividido ou moi concentrado. Xa que moitas veces para os gobernantes, ben sexan municipais ou doutras institucións, a lentitude administrativa e a resolución de problemas aos veciños pode chegar a facerse desesperante.

Nesta época de recortes e de pago de débeda, como está a afectar ao Concello de Pontecesures os recortes nas axudas das administracións (central, autonómica e provincial) e que plan de axuste tivo que aplicar o municipio?

O plan de recortes aféctanos, evidentemente, xa que aínda que o Concello de Pontecesures non entrou o rescate do Estado e temos case todos os pagos cos proveedores ao día, temos que centrarnos nas prioridades como o persoal e os servizos básicoa. Neste senso quedan pendentes actuacións que en épocas de bonanza se podían facer.

Os recortes afectaron a obras e investimentos previstos?

Sí. Como dixen anteriormente si tiñamos pensado acometer algunhas obras, que quedaron propostas. Así como as que poidan vir da Xunta, do Estado ou da Deputación.

Como afectan as medidas impostas polo Goberno central na plantilla e nos salarios dos traballadores e as extras do persoal do Concello?. Neste punto se e posibel, gustaríame saber cantas dedicacións exclusivas te o goberno municipal e os soldos.

Evidentemente os recortes nos salarios e nas pagas extraordinarias e unha merma na calidade de vida dos traballadores. Hai tres exclusivas parciais cunha cantidade de 1.000 ? cada unha.

Xa ten elaborado o orzamento de 2013?. En caso de que sí, lle pediría que me explicara as partidas (investimentos e gastos) o diñeiro que se adica o pago da débeda e que obras contemplan para o vindeiro ano?

Non os temos elaborados pero evidentemente temos certas ideas para facer pero tod depende dos ingresos e dos gastos correntes. Se algo queda despois dese axuste, algo faremos serán cousas non de grandes investimentos pero que sirvan de servizo aos cidadáns.

Que taxas e impostos actualizan en 2013 e canto recauda o Concello por este concepto?

A única taxa que foi modificada para este ano 2013 é a auga e tamén será actualizada a de saneamento e a do cemiterio.

Cal é a súa opinión sobre a polémica xurdida pola posible desaparición do plan de prevención de drogodependencias de Ulla/Sar?

Sería unha tristura que desaparecera este plan de prevención, xa que fixo un labor moi positivo no ámbito de prevención a todos os veciños da comarca afectada. Dende logo, dende o Concello de Pontecesures faremos todos os esforzos para que se manteña ou estar integrados nestes programas xa que nos parecen positivos cara ao futuro da xuventude desta zona.

Que medidas toman contra as contínuas denuncias de verquidos no río?

As medidas correspondentes como é avisar ao Seprona, Medioambiente, e notificar aos causantes dos vertidos para que se tomen as medidas correctoras e non volten a suceder.

? vostede máis partidario de mancomunar servizos ou da fusión de concellos que tanto se está a falar?.

Nós sempre fomos partidarios de mancomunar servizos, pero non se pode ter unha mancomunidade abstracta como é a mancomunidade que non oferta ningún servizo para os veciños dentro desa mancomunidade. Estamos en contra da susión dos concello pola nosa historia, idiosincrasia, etc… O que si estamos polo labor de repenssar o funcionamento da mancomunidade para que realmente funcione.

Ultimamente, o edil independente (ACP) fala dunha oleada de roubos na vila. Se é certo, que medidas están a tomar a tomar para incrementar a seguridade?

Esta persoa é alarmista e está obsesionada por todo aquilo que signifique alarma, pero os datos son obxectivos. A pesares de que si houbo roubos e remitimos escritos á Subdelegación do Goberno para que houbese máis presenza policial, eles remitíronos un escrito, que xa nos explicara anteriormente, onde se pon de manifesto que o Concello de Pontecesures é un dos máis baixos da comarca en nivel de delincuencia e criminalidade. Aínda así, cremos que canta máis presenza policial haxa, e así seguiremos insistindo, suporía un elemento disuasor para aqueles que queiran cometer un delito.

Cal é a súa política en materia social, cultural, educativa, e medioambiental?. Que actividades e programas desenvolven e canto invirten en eles?.

Nas circunstancias nas que nos encontramos para nós o máis importante é o labor social. En Servizos Sociais o concello gastou 260.000 euros. E no apartado de servizos sociais comunitarios incrementouse en 3.000 pasando de 100.000 no 2011 a 103.000 no ano 2012. A nosa intención é tentar iuncrementar isto no 2013 para atender ás familias de Pontecesures con necesidades, No apartado de actividades culturais e deportivas, áa que se viñeron facendo nos últimos catro ou cinco anos anteriores.

EN POUCAS PALABRAS

ORZAMENTOS: Polo momento están sen aprobar os de 2013.
D?BEDA: Non tiveron que acollerse ao plan de pagos do ICO.
PROXECTOS: Pospostos tralos recortes e á espera de que mellore a situación económica e volten as axudas.
GASTO SOCIAL: Manteno á espera de amplialo neste exercicio.
VERTIDOS: Espera que manteñan as medidas correctoras.
ROUBOS: Dí que o concelleiro da ACP é un «alarmista».

EL CORREO GALLEGO, 23/01/213