Convocatoria do voceiro do PP no Concello de Pontecesures á militancia.

Estimado/a amigo/amiga:

? un pracer para min en nome do Partido Popular de Pontecesures agradecerche a confianza que depositaches en nós tanto nas eleccións locais do pasado maio, como nas eleccións sexrais celebradas o pasado 20-N.

Nestas breves palabras aproveito a ocasión para invitarche a refrexionar sobre o momento que vive o Partido Popular a nivel nacional, autonómico e local.

Neste último ámbito, Pontecesures non conta cun goberno do Partido Popular o que lamentamos sinceiramente xa que de non ser así agora, a pesar do momento de crise que vivimos, seguramente Pontecesures tería moitas máis perspectivas de crecemento a todos os niveis, tanto económico, cultural, social, etc..

Non puido ser doutro xeito nos pasados comicios de maio, e o Partido Popular en Pontecesures quere facer partícipes aos seus afiliados e simpatizantes da idea de reestruturar esta agrupación a nivel local, agrupación na que todos temos ocasión de participar sen atrancos de ningún tipo, na que todos somos necesarios e na que todos estamos obrigados dalgún xeito a entendernos para poder facer do noso Pontecesures unha vila unida e así poder achegarnos ante calquera administración con garantías de acadar axudas para este noso pobo que ten necesitado está de tantas cousas.

Polo tanto para poder comezar a andar todos xuntos e co fin de tratar diversos temas como o referido á organización interna da agrupación local así como dar a coñecer as actuacións que se están a levar adiante polo grupo municipal do partido no concello, convídoche para o vindeiro día 16 de decembro ás 21:00 horas na sede local do Partido Popular en Pontecesures coa finalidade de tratar as cuestións expostas e atender ás vosas preguntas e suxerencias.

Agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo.

Juan Manuel Vidal Seage

O pleno provincial trata mañá a cesión da rúa Deputación ao concello. Nota do PP de Pontecesures.

Mañá venres, 28 de outubro, no Pleno Ordinario da Deputacion tratarase entre outros puntos da orden do día o cambio de titularidade e entrega da estrada provincial EP8601 (Rúa Deputación) á titularidade municipal. Dito cambio de titularidade formalizarase en próximas datas coa sinatura entre o Presidente da Deputación e o Alcalde de Pontecesures de dito traspaso.
O Grupo Municipal do Partido Popular recibe con agrado a nova deste cambio de titularidade co que culmina un proceso de mellora de dita rúa na que a Deputación invisteu 796.000 euros.
Asimismo anima ó actual grupo de goberno a que xestione ante os organismos públicos axudas que posibiliten investimentos que beneficien ós veciños e veciñas de Pontecesures na liña do acadado polos gobernos municipais anteriores.

Juan Manuel Vidal Seage
Voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular

Sabariz afirma que el Concello concedió una ayuda de emergencia social ??sen facer trámite algún?.

La Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) criticó ayer una entrega de alimentos con cargo a las ayudas de emergencia social tras detectar una serie de anomalías en su concesión.

Luis Ángel Sabariz explicó que la compra de productos se efectuó el día 27 de junio y que la factura fue aprobada con fecha del 17 de julio mediante resolución de Alcaldía. Sin embargo, cuando se interesó por el asunto, se encontró con que: ??Non houbo solicitude por escrito da persoa beneficiada, nin informe algún dos servizos sociais sobre o cumprimento dos requisitos para a concesión desta axuda, á data de retirada dos alimento?. Tampoco encontró, según él, ??expediente, nin sequera acordo algún de concesión da axuda?.

El edil aseguró que ??a posteriori? de que él solicitara la información pertinente sobre este caso, los servicios sociales municipales elaboraron un informe que data, según él, del 17 de agosto.

??Non temos nada en contra destas axudas para as familias con necesidade nos tempos que vivimos? Sin embargo, añadió, ??consideramos que neste tipo de subvencións que saen dos fondos de todos os cesureños, deben resolverse os expedientes con carácter previo e non actuar á lixeira pois pode producirse desigualdade nos trámites de axudas desde tipo entre uns veciños e outros?.

En esta misma línea, el concejal Luis Ángel Sabariz manifestó que desconoce si el concejal encargado de este departamento de servicios sociales, Roque Araújo, conocía lo sucedido cuando se retiraron los alimentos ??sen trámite algún?. Con todo, ??non comeza ben o seu labor?, expuso y ??tendo en contra que ten dedicación exclusiva hai que esixirlle máis atención e dilixencia nestes temas tan delicados?.

DIARIO DE AROUSA, 28/08/11

El asfaltado de la calle Deputación de Cesures concluirá mañana.

El concejal de la ACP, Luis Ángel Sabariz, aunque en la oposición, sigue muy pendiente de la actualidad de su municipio y ayer dio cuenta de que las obras de pavimentado de la calle Deputación llegan a su fin. Esta circunstancia permitirá que pueda pasar por allí la procesión de San Roque de Porto que está prevista para mañana a las doce del mediodía.

El concejal no deja de recordar que esta actuación fue gestionada por el anterior gobierno local, del que él formó parte, gracias a un acuerdo con la Diputación de Pontevedra, que aportó 596.933 euros de los 812.895 euros que costó la obra. El resto de los fondos los aportó el Concello con cargo a los fondos anticrisis que repartió el organismo provincial entre los concellos.

Una vez asfaltada la calzada y construidas las aceras, queda por instalar el alumbrado público, el mobiliario urbano y enterrar el cableado de todos los servicios, así como la retirada de los viejos postes. «Se espera que en poco más de un mes la obra esté finalizada por completo», explica Sabariz. El edil informó ayer, además, de que la Consellería de Economía e Industria acaba de conceder al Concello cesureño una subveción de 3.527 euros para instalar mobiliario urbano, bancos y jardineras en las calles Portarraxoi, San Lois, Sagasta y Víctor García. El concejal independiente hace hincapié en que esta ayuda fue solicitada en el anterior mandato y manifiesta su «satisfacción» porque «sempre é positivo realizar estes investimentos coas axudas doutras administracións sen que se resinta en demasía a facenda municipal».

LA VOZ DE GALICIA, 18/08/11

O Concello de Padrón, sí, contesta.

Co novo cambio político, novos aires, novas ideas parecen entrar no Concello padronés esquecendo aquelas actitudes sobre as cales moitos cidadáns solían manifestar os consabidos comentarios cando non conseguían resposta as súas queixas, como : «non saben, non contestan», ou alegando o tan socorrido «silencio administrativo», etc.

Pois ben, agora o Concello sí contesta (como debe ser a súa obriga), alomenos así se pudo comprobar recentemente ao responder a pesares do curto tempo dende a toma de posesión da nova Corporación, ás demandas veciñais dende moito tempo atrás con respecto a limpeza e adecentamento do espazo do Pasadizo do Arco que comunica coa rúa Rosalía de Castro, nunha das entradas ao casco histórico da vila.

Unha vella reivindicación que ven a sumar coas obras de mellora noutras rúas, que neste caso a anterior Corporación levou a cabo seguindo o plan E nacional . A rúa Santo Domingo é un magnífico exemplo, entre outras, aparte as de inmobles que seguen a aproveitar as axudas do programa de rehabilitación vixente; obras todas que están a por do mais fermosa a capital do Sar, merecendo eloxiosos comentarios de turistas e visitantes que en importante número a cotío ata aquí chegan.

E asemade coma cando de facer constructiva crítica toca, non dubidamos, tampouco debemos escatimar os parabéns aos responsables do Concello cando coma no caso actual cremos que son merecedores por canto a tarefa beneficia a toda a cidadanía que é quen disfrutará deses logros .

E finalmente abondando neste senso, facernos eco nesta columna da satisfacción con que os padroneses en xeral acolleron as manifestacións do novo alcalde, Fernandez Angueira, días atrás nunha entrevista co director de ??Tierras??, Juan Salgado, principalmente ao respecto de que «O legado de Cela, debe quedar en Padrón» como a outros temas que na ampla entrevista deu a coñecer.

Por José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 09/08/11

Axudas para o Náutico de Pontecesures.

Rafael Louzán visitou as instalacións do Club Náutico de Pontecesures, que nos últimos anos se conssolidou como un dos equipos de piragüismo máis importantes da provincia.
Acompañado polo alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira, o presidente provincial entregoulle ao máximo representante do club de Pontecesures, Anxo Barreiro, unha subvención de 18.500 euros, dos cales 15.000 están destinados á compra de embarcacións e palas, e outros 3.500 correspóndense coa subvención federativa para a participación en competicións oficiais. No acto participaron , e o portavoz municipal do PP, Juan Manuel Vidal.
Rafael Louzán tivo unhas palabras de agradecemento para Portos de Galicia, que o ano pasado construíu un pantalán para que puidera ser utilizado polo club de Pontecesures e destacou a necesidade de seguir colaborando entre institucións «para administrar mellor os recursos escasos dos que dispoñemos, sumar sinerxias e mellorar os servizos, dotacións e instalacións coas que contan os clubs deportivos»

DIARIO DE PONTEVEDRA, 20/07/11