El PSOE de Valga acusa a Maneiro de mentir a ocho empresas del municipio sobre las ayudas del covid.

María Ferreirós, portavoz del PSOE de Valga

La portavoz del PSOE de Valga, María Ferreirós, denuncia abiertamente que el alcalde de la localidad, José María Bello Maneiro, mintió a ocho pequeñas empresas del municipio que solicitaron ayudas extraordinarias por la pandemia del covid. La socialista expone que fue el 9 de diciembre de 2021 cuando el Concello valgués sacó la convocatoria de ayudas de la que podían beneficiarse firmas del sector de la hostelería, comercio, agencia de viajes y similares. Esas ayudas –dice el PSOE– se financiarían con cargo a un crédito de 17.109 euros preasignado por la Diputación de Pontevedra en el marco del Plan Concellos. Según María Ferreirós el Concello presidido por Bello Maneiro no llegó a solicitar el dinero a la administración municipal.

Eso sí, señala la socialista que seis meses después de la convocatoria (el 27 de junio de este mismo año) el alcalde firmaba la resolución mediante la cual se le denegaba la ayuda a las ocho empresas que la habían solicitado. En este sentido Ferreirós asegura que “na resolución do expediente desaparece toda mención á achega provincial, dado que o Concello non chegou a tramitala”.

Explica Ferreirós que las bases de la convocatoria del Concello de Valga eran idénticas a las publicadas en su día por la Diputación para los concellos interesados. Eso sí, con una diferencia. La convocatoria de la ayuda provincial apuntaba a que las subvenciones concedidas eran totalmente compatibles con las dadas por otras administraciones. Sin embargo en la convocatoria del Concello se optó por declararlas incompatibles. De ahí que en la resolución firmada por Bello Maneiro se utilice este argumento para desestimar las ayudas a las firmas solicitantes.

Ante esta situación la portavoz socialista en Valga exige “explicacións inmediatas” al gobierno local al entender que se encuentra delante de una “cadea de mentiras ao tecido empresarial” de la localidad. Advierte Ferreirós que “o señor alcalde convocou unhas axudas a partir dunha achega da Deputación que non chegou a solicitar e tardou máis de seis meses, nun alarde de axilidade administrativa, en facer unha trapallada de resolución para denegar todas as axudas sen aclararnos se tiña crédito aprobado ou non”. Por otra parte la socialista destaca que el Concello conocía “sobradamente cando publicou a convocatoria que unha trintena de empresas de Valga xa obtiveran axudas da Xunta e que, por tanto, se estas novas axudas ían ser incompatibles, o resultado estaba cantado”.

Es por ello que entiende la socialista que “ao final, oito empresas de Valga que podían ter recibido unha inxección de máis de 17.000 euros que a Deputación lle ofreceu a Valga dando todas as facilidades quedaron a cero”.

La portavoz del PSOE asegura que solicitará todas las declaraciones sobre lo que ella considera un proceder “opaco no que os fundamentos da convocatoria dunhas subvencións non coinciden cos da súa resolución”. Advierte que las empresas solicitantes no recibieron ninguna notificación a día de hoy. 

Diario de Arousa

O alcalde postúlase como vixía da legalidade do polígono empresarial de Pontecesures.

Vidal Seage replícalle ao BNG que inda quedan moitos informes técnicos previos antes de poder opinar sobre a conveniencia da elección da zona para o proxecto 

O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, recoñecía onte, ao ser preguntado pola cuestión por este xornal, non ter coñecemento inda de primeira man nin do fondo nin da forma da proposición non de lei que o BNG vén de presentar no Parlamento de Galicia solicitando a suspensión da tramitación do futuro polígono empresarial da localidade do Baixo Ulla, na zona da Terroeira. Unha petición que a formación nacionalista sustenta en dous argumentos principais e conectados entre si: a ausencia inda dun informe de Augas de Galicia pese á inclusión dunha zona húmida nos 326.000 metros cadrados sobre os que a Xunta de Galicia dimensionará a nova zona industrial. Mais Vidal Seage non precisaba coñecer a redacción do texto da proposición do BNG para considerar «prematura» a iniciativa en contra dunha dotación que o concello precisaría como auga de maio.

«A min gústame falar con datos contrastados, e neste momento da película, cando non hai máis ca un estudo de impacto ambiental no que se informa de que non vai haber menoscabo medioambiental na contorna, sen datos contrastados inda sobre niveis de inundacións, de ruídos, paréceme prematura» a iniciativa parlamentaria do BNG, sinala o rexedor cesureño.

Neste punto, Vidal Seage lanza unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza do concello e, sobre todo, da que lle toque lindar co futuro polígono industrial, postulándose como o primeiro garante de que todo o que se acabe facendo se realice conforme a máis estrita legalidade: «Vanse precisar moitos máis informes sectoriais antes de facer o parque empresarial. Vai haber un informe de Augas de Galicia, evidentemente. Teremos que ver as solucións técnicas para que esa zona húmida afectada sexa drenable. Este alcalde vai vixiar o cumprimento de toda a normativa medioambiental. Calquera que teña interese neste proxecto ten a posibilidade de presentar alegacións. E o propio Concello, se ve que hai algo prexudicial para a súa veciñanza, presentará alegacións».

Sobre a insinuación do BNG da posibilidade de que xa haxa titular para unha parcela de 61.000 metros cadrados, Vidal Seage asegura que neste momento «non hai nin proxecto de parcelación». Lembra que non é o Concello, senón Xestur Galicia, ente da Xunta, quen promove o polígono. Con todo, engade: «A min bombardéanme a chamadas un montón de empresas, e a ninguén se lle escapa que a nosa é unha comarca de monocultivo industrial do aluminio»

La Voz de Galicia.

«Falamos de poder prescindir do coche para ir traballar»

«Cando afortunadamente hai unha gran demanda de instalación de empresas, cando empresarios locais me din que teñen que marchar a Padrón ou a Cuntis por non ter espazo no concello, faise un fraco favor xerando este tipo de incerteza», declara o alcalde de Pontecesures referíndose á petición do BNG de suspender o proxecto do polígono industrial. Unha iniciativa estratéxica en opinión de Vidal Seage, por canto, sinala, se está a falar da posibilidade de: «Un parque empresarial periurbano. Coas axudas europeas orientadas á mobilidade non contaminante, sendo o prezo da vivenda no noso concello accesible, falamos de poder ofrecer vivir en Cesures prescindindo do coche para ir traballar a carón da casa».

Pontecesures recibirá axudas europeas destinadas a sistemas sostibles de xestión da auga

O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) concedeu subvencións a proxectos en 8 concellos da man da Deputación de Pontevedra. Son 692.300 euros que chegarán a Pontecesures, O Grove, Meis, Barro, Marín, Nigrán, Ponteareas e A Cañiza para implantar sistemas sostibles de xestión da auga que permitirán un aforro enerxético do 28%. 

As actuacións teñen un orzamento total de 865.380 euros polo que o IDAE asume o 80% do coste. O orzamento restante está financiado pola Deputación con 78.090 euros (9%) e os concellos con 94.990 euros (11%).

Realizaranse actuacións como o cambio de bombas de impulsión de auga ou a instalación de variadores de frecuencia nas súas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) e Estacións de Bombeo de Augas Residuais (EBAR).

Con esta subvención, as axudas concedidas polo IDAE no que vai de ano e xestionadas pola Deputación chegan aos 7,4 millóns de euros, destinados a 33 concellos da provincia e unha entidade local. 

Pontevedra Viva

AXUDAS EXTRAORDINARIAS DA XUNTA DE GALICA PARA PERSOAS TRABALLADORAS AFECTADAS POR UN ERTE (EXPEDIENTE DE REGULACIÓN TEMPORAL DE EMPREGO) COMO CONSECUENCIA DA COVID-19.

Axuda de 500 € por traballador/a.

Prazo de solicitude ata o 25 de outubro de 2021.

Documentación a presentar:

  • Anexo I (Solicitude).
  • Vida laboral dende o 14/03/2020 ata o 23/09/2021.

Descarga das bases da convocatoria no D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) e do anexo I (formulario de solicitude):

 BASES
 FORMULARIO DE SOLICITUDE

AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA PARA A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE DE CONDUCIR B e C.

Requisitos dos solicitantes:

  • Ter máis de 18 anos ou a idade requerida para o permiso de clase C.
  • Estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (16-30 anos).
  • Estar empadroado en Galicia ( cunha antigüedade mínima de empadroamento de 1 ano).

Axudas de 400 € para o carné de clase B e de 650 € para o de clase C.

Prazo de solicitude ata o 13 de setembro de 2021.

Nesta convocatoria é obrigatoria a presentación da solicitude por medios electrónicos, polo que é necesario dispoñer de CERTIFICADO DE FIRMA DIXITAL, DNI ELECTRÓNICO ou CHAVE365.

Descarga a convocatoria oficial no Diario Oficial de Galicia no seguinte link: