Subvención para a bilioteca municipal de Pontecesures.

Un total de 45 concellos da provincia de Pontevedra beneficiaranse este ano das axudas que a Xunta ten en marcha para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais ás súas bibliotecas e axencias públicas de lectura municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, para o que o Goberno autonómico destina este ano 153.176,6 euros. Na comarca de Caldas beneficiaranse seis concellos.

Como publicaba onte o Diario Oficial de Galicia (DOG) a primeira liña de axudas, queubvenciona a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico, beneficiará a Catoira, Caldas de Reis, Cuntis, Portas e Valga e conta cunha dotación de 5.847,93 euros. Con esta medida a Consellería de Cultura pretende ofrecer aos usuarios e usuarias estas novidades editoriais no momento da súa entrada no mercado.

O segundo programa, dedicado á mellora das coleccións bibliográficas, ten como destinatarios este ano a un total de seis concellos desta comarca (Caldas, Catoira, Pontecesures, Cuntis, Portas e Valga) e as axudas alcanzan un importe total de 22.661,83 euros.

Estas liñas de axudas enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia por mellorar e incrementar a oferta e o servizo aos usuarios.

El Correo Gallego

Comercios seguros en Pontecesures.

A Federación Provincial de comercio entregou en Pontecesures os selos do Comercio Seguro que acreditan que os establecementos que os reciben aplican os estrictos protocolos sanitarios e hixiénicos estipulados pola Xunta tras a crise da COVID-19.Á entrega dos distintivos asistiron o Alcalde e o edil de comercio, Raimundo Vázquez, xunto co secretario xeral da Federación Provincial de Comercio, Enrique Núñez.Dende o equipo de goberno agardan que se unan a esta iniciativa máis establecementos e crear un punto de partida para futuras agrpacións de comerciantes e hostaleiros que permitan acceder ás axudas que dende a Xunta de Galicia se destinan á mellora do tecido comercial de proximidade e hostalaría de calidade.

Concello de Pontecesures

REANUDACIÓN DO PROCEDEMENTO DE AXUDAS DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE PARA A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIR B E C.

Axuda de 400 € para o permiso de conducir B.

Axuda de 650 € para o permiso de conducir C.


Beneficiarios:

  • Ter cumpridos 18 anos na data da solicitude.
  • Ter o permiso de conducir (B / C) con data de expedición entre o 01/01/2020 e a data da solicitude.
  • Ou, de non ter os permisos, xustificante de matrícula nunha autoescola no momento da solicitude (presentaranse o/os permiso/os no momento da xustificación (15/10/2020 data tope).
  • Estar inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

PRAZO DE SOLICITUDE ATA O 31 DE XULLO. Aceptarán solicitudes ata agotamento do crédito, polo que é mellor solicitalas o antes posible.

+ INFO. e tramitación de solicitudes na Oficina Municipal de Información Xuvenil nas oficinas municipais. Tamén, de selo caso, tramitarase a inscrición no SNGX. Horario de 9.00 a 14.00 horas, necesaria cita previa no teléfono 986 564 410.

 BASES AXUDAS CARNÉ B e C NO DOGA (nº 46 do 09/03/2020).

AXUDAS EXTRAORDINARIAS DE EMERXENCIA SOCIAL POLA SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA POLA EVOLUCIÓN DA EPIDEMIA DO COVID-19

O PROCEDEMENTO A REALIZAR SERÁ:

Solicitude de axuda extraordinaria de emerxencia social pola situación de Emerxencia Sanitaria pola evolución da epidemia do COVID-19, NO QUE CONSTE:

Nome e apelidos:

Nº de DNI:

Número de persoas que compoñen a unidade familiar de convivencia:

Ingresos (indicar o importe e a procedencia) mes de febreiro:

Ingresos (indicar o importe e a procedencia) mes de marzo:

Saldo en conta/s bancaria/s o día da solicitude:

Gastos por aluguer ou hipoteca:

Indicar que documentos envía: (recibos de aluguer ou hipoteca, nóminas, estrato de contas bancarias, xustificantes de ingresos, baixa na Seguridade Social, notificación de fin de contrato, etc)

A formulación da solicitude terá o carácter de Declaración Responsable, polo que a ocultación ou falseamento de datos será causa de nulidade do expediente, coa obriga de reintegro das cantidades indebidamente percibidas, ademais das accións legais que proceda realizar por falsidade documental.

Tras a finalización do período de Alarma realizarase unha verificación das axudas concedidas podendo requirir os orixinais da documentación presentada para o seu cotexo.

O REGULAMENTO PODESE CONSULTAR NO SEGUINTE ENLACE:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=1433