Prazo de solicitude do 22 de xullo ata o 10 de setembro de 2019.

Prazo de solicitude do 22 de xullo ata o 10 de setembro de 2019.
Infórmase á veciñanza que a Consellería de Política Social, abre o prazo de presentación de solicitudes de Axudas Individuais para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2018, para persoas con discapacidade.
Requisitos
– Ter recoñecido un Grao de Discapacidade do 33% ou equivalente
– Estar empadroada/o e ter residencia nalgún concello de Galicia
– Que a renda per cápita da unidade familiar da persoa solicitante, non supere o 300 % do IPREM mensual vixente
– Que a entidade/profesional autónomo que presta o servizo de promoción da autonomía persoal figure inscrita/o, con anterioridade ao prazo de finalización de presentación de solicitudes, no RUEPSS,
Incompatibilidades
Quedan excluídas desta convocatoria as persoas beneficiarias de calquera servizo, prestación ou recurso derivados do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, como consecuencia da aplicación da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
Presentación de solicitudes:
As solicitudes de participación nesta convocatoria deberán presentarse preferentemente de forma electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365, que pode solicitar accedendo á web https://sede.xunta.gal/chave365.
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de novembro.
A persoa beneficiaria deberá ter realizadas as actuacións obxecto da axuda antes do 30 de novembro e en todo caso, a data límite para presentar a xustificación será o 10 de decembro de 2018.
Documentación:
– Solicitude e anexos (procedemento BS613B)
– Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas e concedidas derivadas do SAAD ou outras axudas (anexo I).
– Autorización de comprobación de datos (anexo II),
– Copia do libro de familia, no caso de que a persoa solicitante sexa menor de idade.
– Certificado de discapacidade, no caso de ser expedido noutra comunidade autónoma.
– Outra específica en función do obxecto da axuda solicitada (consultar as bases).
Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 14 horas, e os martes e venres de 9 a 14 horas.
Para moz@s menores de 35 anos.
Vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes.
Prazo de solicitude ata o 16 de novembro de 2018.
Acceso á convocatoria on Diario Oficial de Galicia:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181016/AnuncioC3Q2-081018-0001_gl.pdf
Informase aos veciños e veciñas que o Concello de Pontecesures convoca as Axudas á Escolarización dirixidas ao alumnado de Educación Infantil (2º ciclo) e de Primaria e da ESO.
A Prestación consiste nunha axuda económica de pago único, destinada a afrontar os gastos que xera a dotación de libros e material escolar entre outros para o 2º ciclo de Ensino Infantil e para os gastos extraordinarios en equipamento e vestiario que xera o inicio do curso escolar para alumnado de ensino primario e secundario.
Persoas beneficiarias e requisitos: |
Escolares que cursen o 2º Ciclo de Educación Infantil, e escolares que cursen Primaria e ESO, membros de unidades familiares empadroadas e con residencia efectiva en Pontecesures, que non reciban outras axudas polo mesmo concepto e finalidade, cuxa unidade familiar non supere os límites económicos (ingresos por todos os conceptos, incluído o rateo das pagas extraordinarias) que se establecen no 110% SMI para dúas persoas, no 125% para 3, incrementado nun 15% por cada membro adicional.
Nº MUF | Media mensual | Máximo semestre |
2 | 858,55 | 5.151,30 |
3 | 1.073,19 | 6.439,13 |
4 | 1.201,97 | 7.211,82 |
5 | 1.330,75 | 7.984,52 |
6 | 1.459,54 | 8.757,21 |
No caso de que o número de solicitudes (que cumpran os requisitos) sexa superior ó número de Bolsas previsto, concederanse aos que acaden maior puntuación na baremación das solicitudes.
Documentación: |
– Solicitude segundo modelo
– Fotocopia do DNI da persoa Solicitante e integrantes da UFC – Xustificante do curso que realiza a/o menor – Fotocopia do Libro de Familia – No seu caso, Tarxetas de demanda de emprego – Xustificación, no seu caso, do pago de aluguer ou de créditos hipotecarios de xaneiro a xuño – Xustificantes dos ingresos de tódolos membros da unidade de convivencia desde o 1 de xaneiro ao 30 de xuño 2018 (nóminas, certificados de prestacións e/ou pensións, …) – Declaración do IRPF 2017 ou Certificación Negativa da AEAT |
-Certificación bancaria do número de conta IBAN
No caso de non ter ingresos presentarase o estrato de movementos das contas bancarias nas que figure dos seis últimos meses.
A documentación presentarase referida a todas as persoas que convivan no domicilio, con independencia de se son ou non integrantes da unidade familiar.-
O empadroamento e a convivencia serán comprobados de oficio polo concello |
Prazo de Solicitude: Do 11 de xullo ao 14 de setembro
A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures |
Para máis Información poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10:30 a 13:30 e os martes e venres de 9 a 13:30 horas.
Concepto: |
Axudas urxentes de tipo social (AUXS) da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o pagamento da factura eléctrica ás persoas que teñan recoñecida a condición de consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social para asegurar o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica (IN414D)
Requisitos: |
Contía das axudas: |
Os gastos subvencionables serán o 50 % do importe das facturas que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e emitidas antes do 15 de decembro de 2018.
A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 250 ?/ano, ou de 400 ?/ano no caso de familias numerosas, que se irá pagando segundo a comercializadora remita as correspondentes facturas á Dirección Xeral de Enerxía e Minas.
Solicitudes e Documentación: |
As solicitudes de axuda cubriranse a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal , ou ben desde a ligazón https://axudascortes-subministracion.xunta.gal.
Unha vez validada a solicitude e sempre e cando existan fondos dispoñibles, a aplicación informática reflectirá o estado de «Reservada», e disporán dun prazo máximo de cinco (5) días hábiles para a súa presentación. De non presentarse no referido prazo, cancelaranse na aplicación informática e anularase a reserva de fondos.
A persoa interesada poderá autorizar expresamente os empregados públicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria ou os/as traballadores/as sociais de referencia para a presentación electrónica da solicitude e da demais documentación que se debe achegar con ela.
Documentación:
Prazo de Solicitude: |
O prazo de presentación de solicitudes dun mes estará aberto ata o 15 de decembro.
Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse á xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, á Dirección Xeral de Enerxía e Minas ou ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 13:30 horas, e martes e venres de 9 a 13:30 horas.
Axudas para o aluguer do Plan estatal 2018-2021
Modalidades: |
1)LI?A A: dirixida a poboación con escasos recursos económicos que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
2)LI?A B: dirixida a poboación moza (menor de 35 anos) que sexa titular ou estea en condicións de subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
Requisitos: |
– A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española ou se é estranxeira a residencia legal.
– Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente durante todo o período polo que se conceda a axuda. Na modalidade A as persoas integrantes da UC deben constar empadroadas na vivenda obxecto do alugamento na data da presentación da solicitude ou, e na liña B, no momento da presentación do contrato, se non se achegara coa solicitude.
– Que a renda mensual da vivenda non supere os 400?/mes (Zona territorial 1)
– Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan superiores a 0,7 veces o IPREM e iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM. Este límite será de 4 veces o IPREM en supostos de Familia numerosa, ou de cinco 5 veces o IPREM cando a familia numerosa sexa de categoría especial ou teña persoas con discapacidade: Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, cun grao recoñecido igual ou superior ao 33 %; Discapacidade física ou sensorial, cun grao recoñecido igual ou superior ao 65 %.
– Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da UC se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
– Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da UC non estean incursas nalgunha das circunstancias que lle impida recibir subvencións , así como que non se lles teña revogada, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda, deste ou dun plan de vivenda anterior.
– Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da UC non sexa propietaria ou usufrutuaria dunha vivenda, que non haxa parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda; nin sexa socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora; e que non sexa arrendataria dunha vivenda xestionada polo IGVS.
Contía das axudas: |
A Liña A será do 40% do custe mensual do aluguer con carácter xeral e do 50% para persoas de 65 e máis anos
A Liña B será do 50% do custe mensual do aluguer.
As axudas poderán concederse por un período máximo de ata 3 anos e con efecto retroactivo ao 1 de xaneiro
Solicitudes e Documentación: |
As solicitudes e documentación complementaria presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible en:
Prazo de Solicitude: |
O prazo de presentación de solicitudes dun mes estará aberto ata o 30 de xullo.
Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario e ao Servizo de Información Xuvenil deste Concello os luns, de 10 a 13:30 horas, e martes e venres de 9 a 13 horas.