O Fondo Galego combate a vaga de frío que afecta ás persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns.

– A asociación de concellos e deputacións achega 10.000 euros a Acnur para dotar de roupa, mantas e estufas ás e aos solicitantes de asilo en centros de Serbia

– Calquera persoa ou entidade pode contribuír coas súas doazóns a través da conta de emerxencia aberta polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

 

Pontevedra, 27 de xaneiro de 2017. As persoas refuxiadas que seguen a ruta dos Balcáns levan semanas soportando temperaturas baixo cero a causa da vaga de frío siberiano en Europa. Ante esta situación, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de achegar 10.000 euros ao Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur), que dotará así de artigos coma roupa, mantas e estufas ás e aos solicitantes de asilo en centros de acollida de Serbia, en coordinación co goberno do país e cos seus parceiros locais.

As deputacións e concellos socios do Fondo Galego contribúen deste xeito a paliar as duras condicións de vida das persoas refuxiadas. No entanto, as distintas administracións locais poden sumar a esta doazón a súa propia achega específica a través da conta ES78 2080 0559 2630 4000 4276 de Abanca, indicando como concepto a palabra ??refuxiados?. Esta conta de emerxencia está dispoñible tamén para persoas individuais, grupos ou calquera tipo de entidade que desexe canalizar así a súa solidariedade coas e cos afectados.

Calquera contía, por pequena que sexa, resulta valiosa ao engadirse ao conxunto. No entanto, o Fondo Galego de Cooperación é consciente de que este tipo de axudas non son a solución, que debe chegar desde as altas instancias políticas. Así o esixía hai un ano con declaracións institucionis nas que reclamaba substituír as medidas restritivas por accións que atallen as causas do problema, en cuxo cerne están os intereses xeopolíticos dos países máis poderosos, ao tempo que chamaba rexeitar os movementos xenófobos.

Co empeoramento das condicións climatolóxicas, o número de solicitudes de asilo en Serbia non deixa de aumentar. Trátase principalmente de persoas afgás, iraquís e sirias que foxen dos conflitos nos seus lugares de orixe á procura dunha vida mellor. A maioría áchanse en aloxamentos improvisados que están ao límite da súa capacidade e onde deben agardar arredor de medio ano para poder cruzar a fronteira.

Por outra parte, Acnur está a acondicionar un refuxio temporal para aloxar a quen se achan malvivindo nas rúas de Belgrado, cidade na que ademais se está a levar a cabo a identificación de centos de menores non acompañados para proporcionarlles asistencia especializada. Ás mortes no Mediterráneo, súmanse no que vai de 2017 cando menos outros cinco falecementos por hipotermia de refuxiados que se adentran a pé na ruta dos Balcáns.

Estes e outros datos serán ofrecidos pola persoa representante de Acnur que, dentro duns meses, visitará Galicia para render contas dos investimentos executados co diñeiro canalizado a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Mentres tanto, a cidadanía pode seguir informada do que está a acontencer na zona a través da web e das redes sociais de ambas as dúas entidades, así como das tarefas que se están a levar a cabo perante a situación de emerxencia.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está formado por 88 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Crónica de quince anos de vida.

O directivo do club cesureño narra en primeira persoa os tres lustros de éxitos da institución.

A finais do ano 2001, a Universidade de Santiago de Compostela desvinculase do deporte náutico e do club que se situaba no concello de Pontecesures. O Club Universitario de Santiago, con mais de 35 anos de historia náutica na localidade. ? así, cando remeiros do desaparecido Universitario coincidían en que non podía desaparecer a historia náutica deste pobo, tan arraigada dende anos, e xa nos últimos anos inexistente. Pero como pasa moitas veces, ideas hai moitas pero hai que levalas a cabo. Aí decidín dar un paso adiante, asumindo a presidencia ata o día de hoxe, e coller o timón dun barco a deriva, sen actividade, ou sexa sen deportistas, sen material adecuado para realizar a actividade, sen vehículos, sen ximnasio, sen remolques, sen lanchas, cunha instalación totalmente deficiente con enormes problemas de habitabilidade e salubridade.

En definitiva, comezar de cero sen axudas de ningún tipo, e cun horizonte por diante mais que escuro, na procura de reflotar a actividade náutica e darlle vida de novo ao piragüismo e ao río.

Na actualidade o Club Náutico Pontecesures é o club do toda a comunidade galega con máis actividade, e dicir, con máis licencias federativas de competición de todo Galicia, e non só de Galicia senón tamén de España, o que determina a enorme dimensión deportiva deste club non so a nivel galego, senón tamén nacional e internacional.

Foi moi difícil arrancar, ao non ter actividade porque as axudas funcionan moito nesa dirección. Custa moitísimo levantar cabeza. E o peixe que morde a cola. Se non tes actividade non tes axudas, se non tes axudas non podes comprar material para comezar coa actividade, e por iso foi moi difícil. Tiven duras batallas con políticos das distintas administracións e quince anos despois sígoas tendo. Cos números e datos dos que falamos anteriormente e moi difícil entender que non se teña en conta o traballo ou que non se valore xa non só o traballo deportivo que se esta a facer, senón todo o que supón ter a tanta mocidade enganchada o deporte do piragüismo.

O peor momento

Como peor momento, sen dúbida, a morte dun deportista nun accidente de tráfico. Foi moi duro. No funeral vin como todos os seus compañeiros do club chorábamos desconsoladamente. Aí realmente dinme de conta da importancia do que crearamos. Non so se trataba dun club de piragüismo, era unha familia de compañeiros que se querían, e que compartían as súas vidas cos seus amigos facendo o deporte que mais lle gustaba. O mellor momento, sen dúbida ningunha, a medalla olímpica de Camila en China no 2014. Vir cun bronce olímpico, iso foi espectacular. Ver o izado de bandeira, soando o himno para unha moza dun dos pobos mais pequenos de España. e que naceu deportivamente nunha actividade cos nenos do colexio foi incrible. Ademais de toda a experiencia de convivir durante 24 días co equipo olímpico español na Vila Olímpica na cidade de Nanjing.

La Voz de Galicia

O director xeral de Emerxencias visitou Pontecesures para coñecer as necesidades de Protección Civil.

emerg

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, visitou hoxe o Concello de Pontecesures e a súa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, visitou esta mañá o Concello de Pontecesures para coñecer de primeira man a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) local e as súas necesidades e inquedanzas. O director estivo acompañado do alcalde da localidade, Juan Manuel Vidal.

A Agrupación de Pontecesures conta con 14 membros e foi rexistrada en 2000, ano desde o que sigue desempeñando ininterrompidamente o seu labor na prevención e intervención en emerxencias, tanto no seu termo municipal como axudando aos concellos limítrofes.

O Concello de Pontecesures reforzou os medios materiais dos seus voluntarios de Protección Civil coa adquisición, o ano pasado, dun vehículo todo terreo pick-up. e un remolque de emerxencias, a través dunha liña de subvención da Xunta de Galicia.

Apoio ao labor do persoal voluntario.

Dende o Goberno galego apóiase o labor do voluntariado de protección civil, en temas como a formación, axudas económicas para o funcionamento das agrupacións de voluntarios e equipamento cedidos aos concellos para a súa utilización polas ditas agrupacións.

Para iso, no 2015 iniciouse unha campaña de motivación do voluntariado que ten como obxectivo principal pór en valor o labor altruísta e solidario de todo o persoal voluntario que na actualidade forma parte das diferentes AVPC que cobren o territorio galego.

Así mesmo, a través desta campaña tamén se busca potenciar o voluntariado naqueles concellos que non dispoñen na actualidade de AVPC e estarían interesados en formala; así como reforzar e incrementar o número de voluntarios naquelas AVPC que así o desexen e reafirmar a todas as agrupacións que xa veñen funcionando correctamente.

Actualmente, Galicia conta con 220 Asociacións de Voluntarios de Protección Civil, das que 73 están na provincia da Coruña, 37 en Lugo, 65 en Ourense e 45 en Pontevedra, sumando entre todas un total de 4.527 voluntarios en toda a nosa comunidade.

Xornal Galicia Sur

«A Fundación Rosalía fixo un esforzo extraordinario por modernizarse».

fro

Catro anos ven de cumprir Anxo Angueira (Manselle, Dodro, 1961) ao fronte da Fundación Rosalía de Castro de Padrón, un tempo no que a entidade «fixo un esforzo extraordinario por modernizarse», afirma o seu presidente.

-¿Que balance fai?

-Certamente positivo. A fundación asumiu o reto da celebración das distintas efemérides; levou adiante unha serie de publicacións; creou o arquivo, para o que catalogou e ordenou os seus propios fondos; renovou o perfil gráfico da Casa de Rosalía… Os resultados están aí e o esforzo realizado nestes anos pagou a pena. Detrás están moitas horas de traballo, pero tamén un equipo unido e, ademais, institucións e persoas que están con nós e confían no noso traballo e no noso proxecto.

-Cando se puxo ao fronte da fundación, a situación económica non era moi boa. ¿E agora?

-A situación económica creo que nunca estivo especialmente ben. Tampouco o está hoxe. A redución das axudas institucionais en tempos de recortes foi drástica. Por iso se bota moito en falta un apoio económico xeneroso e firme. Saímos adiante grazas en boa medida ó autofinanciamento. Agora ben, unha institución que leva o nome da escritora nacional galega, que desprega un importante número de iniciativas e actividades e que acolle na Casa de Rosalía máis de 15.000 visitas ó ano ben merecería unha especial protección neste sentido.

-Nestes catro anos houbo moitos cambios na Casa-Museo de A Matanza. ¿Rematou o proceso de modernización?

-Si, houbo moitos cambios. Interiores e exteriores. Espero que para ben. Non só en acondicionamento, accesibilidade, museoloxía e modernización. Tamén se fixo un moi importante labor no aspecto patrimonial. Velaí os legados documentais que nos foron confiados, as pezas bibliográficas, as obras plásticas, o mobiliario… No que é a Casa Museo queda levar adiante o proxecto de renovación do sobrado, para o que contamos con que a Deputación da Coruña prosiga coa súa axuda.

-Para as obras falou de buscar achegas privadas. ¿Foi posible?

-Non, en ningún caso. E non foi porque non o intentásemos. Infelizmente tampouco vivimos tempos propicios para o mecenado. O que si conseguimos foi a colaboración en distintos proxectos: premios, edicións, páxina web… Pero non en cuestións de envergadura, como as obras, salvo a colaboración co IES Losada Diéguez da Estrada: foron os alumnos de carpintería os que levaron fixeron posible estrear a balconada orixinal da casa.

-Na súa etapa a casa incorporou importantes fondos. ¿Que supón que todos estean en Padrón?

-A Casa de Rosalía deu un salto extraordinario nese aspecto. Conseguimos que saísen á luz para exposición pública da man da fundación pezas tan valiosas que vivían no ámbito privado coma o Cantares con foto e autógrafo, o cadro máis grande de Ovidio ou o fondo documental da familia Baltar Feijóo. E isto é bo para a Casa de Rosalía, pero tamén para Padrón e Galicia.

-¿Que obxectivos se marca de aquí en diante?

-Agora mesmo estamos pondo en marcha a revista Follas novas de estudos rosalianos e temos para publicar unha obra de envergadura, feita por Carlos Dacal, sobre a historia do Xardín da Casa de Rosalía. No horizonte está reinaugurar definitivamente a Casa de Rosalía, en primeiro lugar, e logo acondicionar os anexos, coma o auditorio e o edificio do Centro de Estudos Rosalianos.

Piano. A Casa de Rosalía inaugura o venres a instalación do cadro de Ovidio restaurado e do piano da familia da escritora, cedido, xunto con outras pezas, pola coral Follas Novas de A Coruña.

Acto do 15 de xullo. A fundación conmemora ese día o aniversario do pasamento da escritora e farao cun acto na Matanza, no que presentará o emblema Rosa de Galicia.

La Voz de Galicia

AXUDAS Á ESCOLARIZACI?N PARA O CURSO 2016/17 DO CONCELLO DE PONTECESURES.

material-escolar

Dirixidas a alumnos/as do 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.

AXUDAS:

  • Educación Infantil: 90 ?
  • Educación Primaria e Secundaria: 70 ?

Prazo de solicitude: Do 1 ata o 22 de xullo.

Máis información e presentación de solicitudes no Servizo Social Comunitario deste concello os luns de 10.30 a 14.00 horas e os martes e venres de 9.00 a 13.30 horas.

Bando axudas escolarización 2016/17.

Bases axudas escolarización 2016/17.

Formulario de solicitude axudas escolarización 2016/17.

 

CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS PARA REHABILITACI?N DE VIVENDAS NO CAMI?O DE SANTIAGO.

BANDO AXUDAS ARI CAMI?OS DE SANTIAGO 2016

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia publicou no DOG nº  246 de data 28/12/2015, a Orde do 22 de decembro de 2015 pala que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitacións de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración urbanas 2013-2016.

Por tal motivo e dado que este concello atópase na área de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago, o vindeiro día 6 de xuño, ás 17.00 horas, celebrarase unha charla informativa no Salón de Sesións da Casa do Concello impartida por un técnico do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

En consecuencia, convócase a todos/as os/as veciños/as interesados/as en asistir á devandita charla na que se informará aos asistentes sobre o ámbito e os requisitos das actuacións, as actuacións subvencionables, as persoas que poden ser beneficiarias das axudas, o procedemento e prazos para presentar as solicitudes e a contía máxima das axudas.

Bando informativo da charla do 6 de xuño.