O vindeiro martes, 24 de setembro a Asociación Medrando á Par presentará o programa educativo que está a prestar esta entidade e da que poden beneficiarse todos os veciños de Pontecesures que queiran participar, o acto terá lugar no local do club xuvenil, situado ao lado da Biblioteca Municipal, e nel explicarase o proxecto ás familias interesadas en asistir ao novo curso 2013/2014 que agora da comezo.
O obxectivo de Medrando á Par é fomentar a competencia educativa das familias coa creación dos espazos das familias, con reunións de apoio, nas que se desenvolverán actividades educativas nas que participarán conxuntamente nenos e pais.
As xuntanzas celebraranse cunha periodicidade quincenal dende outubro a xuño do vindeiro ano.
Un ano máis, coa firma do convenio de colaboración o Concello de Pontecesures, desde sempre preocupado polo apoio á familia, aposta por darlle continuidade a un servizo de asesoramento e atención educativo ás familias da nosa vila que tendes nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 6 anos, consideramos que esta primeira etapa e fundamental no desenvolvemento da persoa.
Dende o Concello estamos convencidos da necesidade de contribuir con toda a axuda que sexa posible para facilitar recursos que den apoio ós pais e nais na difícil tarefa de educar ós nosos nenos e nenas.
Invitámosvos e animamos a que participedes.
Díptico informativo desta actividade:
http://pontecesures.org/recursos/d%C3%ADptico_medrando_a_par.pdf