El diputado nacionalista, Luís Bará, insta a la Xunta a reprobar los hechos.
El BNG registró hoy una betería de iniciativas parlamentarias en relación al informe emitido por el Consello de Contas en el que se cuestiona la legalidad de las comisiones de coordinación de Valga y también del pago de dietas y gastos de locomoción a dos funcionarios. Asimismo, los nacionalistas alertan que una de las conclusiones del informe “é que edís dos gobernos municipais de Valga cobraron dietas ileigais desde o ano 1991 até o 2017”. En relación a esta circunstancia, el diputado Luís Bará solicita a la Xunta que repruebe estos hechos y que colabore con el Consello de Contas en la erradicación de estas prácticas.
El partido enfatiza en que Contas señala que la creación de la comisión de coordinación, en 2017, “no se adaptaba á legalidade vixente por non participar un funcionario público para levantar acta” y que los importes percibidos en concepto de asistencia a estas comisiones superaron los 87.000 euros entre 2017 y 2021. Además, los nacionalistas también advierten de “irregularidades graves” en los concellos de Catoira, Trazo y Vilasantar.
Encabeza unha lista completamente renovada que pretende «devolver a ilusión» á veciñanza ante o «agotamento» do goberno de Bello Maneiro
No ano 2015, o BNG desapareceu da vida política de Valga. A agrupación local do Bloque quedara tocada por unha serie de problemas internos e, cando aínda non tivera tempo de se recuperar, a crise que ameazou con esnaquizar á formación acabou desencantando a moitos militantes, que no caso de Valga decidiron marchar para as súas casas. Un daqueles militantes foi Fran Devesa, que durante todo este tempo seguiu sendo militante do BNG, malia que non puidera exercer como tal na súa vila. Ata hai aproximadamente un ano, cando «apareceu un grupo de xente nova» e con gañas de reactivar a agrupación. Daquel primeiro movemento ven de nacer a que será a candidatura coa que o BNG se presentará ás eleccións de maio en Valga. Á fronte estará Fran Devesa, empresario do sector do turismo e veciño da parroquia de San Miguel.
Explica Devesa que se aceptou asumir este reto e embarcarse nesta aventura foi porque ten a certeza de que non está so: segundo afirma, o Bloque foi quen de artellar unha candidatura formada por xente chea de ideas, de ilusión e de gañas de traballar. «É unha candidatura moi renovada, temos moitísima xente nova», sinala. A lista non está cerrada completamente, e a intención é incorporar á mesma «a referentes do BNG en Valga», simbolizando dese xeito o renacemento na vila do proxecto nacionalista.
A hora de debullar o programa electoral do BNG de Valga está por chegar. De momento, Fran Devesa explica que no Concello hai máis traballo por facer que nunca. «Estes últimos mandatos do actual goberno [presidido por Bello Maneiro (PP)] están a ser un desastre. Non hai proxecto, non hai ideas e non hai ganas, o que se pode comprobar botándolle un ollo a como está todo. Valga está abandonada». Conseguir ilusionar á veciñanza desta localidade con ideas e iniciativas é o reto que se ten marcado o BNG, unha formación que parece ter logrado recompoñerse nesta vila e que arrinca «con humildade» pero disposta a ir «a por todas».
O futuro de Pontecesures xógase na Tarroeira, temos que pensar se queremos ser unha vila pantasma e decadente con polígono ou unha vila activa, dinámica e atractiva, potenciando a economía local e os nosos recursos.
Nas últimas semanas, veciñas e veciños de Pontecesures están trasladándonos a súa preocupación ante algunhas informacións que se están difundindo respecto ó polígono industrial da Tarroeira. Vendo as declaracións de Alfonso Rueda respecto da necesidade de satisfacer os intereses dos poderes económicos (galegos ou non, que máis dará), podemos concluir que os intereses das veciñas e veciños de Pontecesures impórtanlle NADA.
O interés por manterse no poder nas vindeiras eleccións municipais, o cal garantiza poder seguir outros catros anos quecendo o sillón sen máis preocupación que combinar colores; así como, os intereses económicos empresariais que se agochan neste proxecto, confluen nunha postura única basada na comunicación tóxica, na desinformación e nunha ausencia total de ética e respecto pola nosa vila e as nosas veciñas e veciños.
Estase trasladando ás veciñas e veciños que o polígono non afecta ás vivendas, que non impactará na súa calidade de vida e que non xenerará contaminación acústica, visual ou ambiental. As zonas pintadas de amarelo están destinadas a INDUSTRIA, hai que decilo alto e claro; e evidente que quedan pegadas ás vivendas e dotacións públicas, sinaladas en vermello.
Que cada un saque as súas propias conclusións…..sobre si, directamente, meter as vivendas dentro do polígono que será moi beneficioso para todas e todos xa que xerará postos de traballo. Lembrar que o propio xerente de STAC non fala de NOVOS EMPREGOS, senón de MANTER os equipos actuáis. Como se desprende das súas declaracións, a parcela máis grande estaría destinada a satisfacer “los intereses de la firma”, xa que conta con unha superficie duns 80,000 m2, xusto a superficie que precisan, según as súas propias declaracións en prensa.Falamos de FÁBRICAS, INDUSTRIA, que, en moitos casos, traballa sete días á semana; 24 horas e 365 días ó ano. Alguén pensa que esto non vai ser perxudicial para as veciñas e veciños ou que non vai afectar ás vivendas?
Después de no haberse presentado a las elecciones locales de 2019 desde la formación nacionalista se espera presentar un candidato “potente” para este municipio aunque no se conoce el nombre.
No BNG levamos anos denunciando o abandono e suciedade das rúas da nosa vila. O señor Seage leva anos pasando do tema, non vai con él. Quixéramos pensar que as nosas denuncias nos plenos sobre o estado deplorable de Cesures foran tidas en conta pero non; máis ben a proximidade das eleccións municipais e ó medo a un resultado desfavorable para o PP do señor Seage fai recurrir ó alcalde a un clásico da precampaña: a limpeza vial. Non sabemos se rir ou chorar cando él mesmo declara “hai que limpar a presión para arrancar restos de ANOS”. Concretamente, dos anos que levan apalancados o señor Seage, a señora Villar e compañía, no concello sen dar pau á auga e sen molestarse por nada que non sexa sair na foto de turno, facendo o ridículo unha vez máis neste caso, posando mentres os operarios de limpeza fan a súa labor. Non deben ter moito que facer o señor Seage e a señora Villar no concello para pasar a mañán sacando fotos e grabando vídeos coas mans nos bolsillos mentres outros traballan .
BNG Pontecesures
Parece que a inminencia das eleccións municipais fai recordar ao equipo de goberno as carencias máis importantes de Pontecesures. Por unha banda, decatouse fai unha semana que o saneamento é unha das eivas máis graves que sufre o noso pobo. Por outra, a limpeza viaria, obxecto de múltiples queixas pola veciñanza durante todo este mandato, véndesenos agora como algo extraordinario… en fin.P.D. .O do posado nas fotos vendo como outros traballan, non ten desperdicio.