
O Concello que todos gobernaron.
Nun caso inédito, as cinco candidaturas que concorren ás eleccións tiveron a xestión nas súas mans antes ou despois.

Non é doado atopar un caso coma o de Pontecesures. O máis pequeno dos municipios de Arousa conta con cinco candidaturas. Todas elas formaron parte dos últimos gobernos locais, ben coaligadas co BNG na alcaldía, ben cedéndolle o bastón de mando á independente Maribel Castro, ben apoiando a moción de censura que este mandato colocou a Juan Manuel Vidal Seage aos mandos do Concello. Mesmo hai un exemplo, o de Ángel Souto e TeGa, que estiveron en dúas das tres fórmulas. Se Pedro Sánchez precisa afondar na arte da xeometría variable en política, Cesures é unha aula viva na materia.
-Se tivese que adoptar una decisión, unha soa, nada máis tomar posesión, cal sería?
–Juan Manuel Vidal Seage (PP). -Ditaría unha providencia da alcaldía para solicitar o reinvestimento do superávit do Concello, elaborando un plan marco de investimentos. Saberiamos onde se teñen que investir os cartos dos cesureños do xeito máis sensato, e sen cortapisas dos políticos que senten no goberno.
–Cecilia Tarela (BNG). Aprobar un orzamento, xa que este Concello leva tres anos sen telo. Creo que é a ferramenta máis importante para poñerse a traballar.
–Roque Araújo (PSOE). Sen dúbida, reunirme coa plantilla de traballadores do Concello.
–Ángel Souto Cordo (TeGa). É unha decisión moi difícil. O máis importante é o servizo á cidadanía e nós temos uns cantos puntos no programa. Se tivésemos que destacar algo, a construción dun centro sociocultural, pola cantidade de asociacións que temos no pobo. Carecemos dun edificio para que poidan desenvolver as súas actividades.
-Un Concello tan pequeno coma este pode sortear as crecentes trabas administrativas, coma a nova Lei de Contratos?
–J. M. V. A capacidade dos concellos para superalas é inversamente proporcional ao seu tamaño e composición organizativa. Os grandes consistorios, dotados de oficinas de contratación e equipos técnicos axeitados, teñen moito camiño andado en comparación cos de menor dimensión, que subsisten con escasas plantillas de funcionarios, que a propia lei lles impide ampliar, e con persoal temporal, bolseiros e persoal de plans de emprego.
–C. T. Si que pode. Outros concellos con menos persoal que o noso sacan as cousas adiante. Non nos vale que sempre se poña a mesma desculpa cando as cousas non se fan no seu tempo e na súa forma.
–R. A. Si, cunha mellor organización do traballo e a colaboración doutras entidades que permitan mellorar a xestión.
–A. S. Nos tres últimos anos conseguíronse subvencións por máis de catro millóns de euros, cando o orzamento municipal anda polos dous millóns. O problema é que contratar é cada día máis complicado, e nos concellos pequenos o traballo se multiplicou por catro ou por cinco. A lei mesmo nos impide contratar persoal, e isto provoca un prexuízo importante, non xa á Administración, senón aos veciños. Non discuto que a lei controle a xestión pública, pero non se pode complicar todo cada vez máis. O Goberno central debe solucionalo.
-O tren esmorece en Cesures. Sería preciso potencialo?
–J. M. V. O mesmo avance tecnolóxico, responsable da auxe do transporte individual, está detrás do esmorecemento dos transportes públicos, e en concreto dos trens de proximidade, converténdoos nun medio reservado aos románticos. Pontecesures sempre estivo ligado e favorecido polo servizo do tren. Mesmo a primeira liña Cornes-Carril estaba deseñada orixinariamente para rematar en Pontecesures. Criterios de rendibilidade mal entendidos serviron de argumento para deixalo esmorecer. Cómpre deseñar novas alternativas vinculadas a usos complementarios ao transporte regular de pasaxeiros.
–C. T. O tren forma parte da nosa vila. Teriamos que ter un servizo de calidade e unhas instalacións ao seu mesmo nivel. Queremos un tren de proximidade á altura do século XXI.
–R. A. Indubidablemente. O tren é un medio de transporte ligado á idiosincrasia cesureña. Por historia, por economía, por seguridade e fiabilidade, o transporte ferroviario debe ser mellorado e seguir ligado a este concello.
–A. S. Máis que necesario, o tren é imprescindible. Non podemos perder este servizo e por suposto debe ser potenciado.
-A última pregunta é para nota, tendo en conta os antecedentes. Con quen non pactaría nunca?
–J. M. V. Teño lido que todo o que se diga sobre pactos antes da noite electoral caduca en canto se pecha o escrutinio dos votos. Tamén é paradigmática a frase de ‘‘dime quen votas e direiche con quen pactas’’. No meu caso supoño que é unha cuestión de principios. Pactos que supoñan que o total sexa maior que a suma das partes e redunden no interese xeral e no beneficio dos cidadáns sempre serán viables. Non entanto, sempre haberá que distinguir os pactos por necesidade dos pactos por elección.
–C. T. O BNG espera acadar a maioría suficiente para desenvolver o seu proxecto sen ataduras. O resto xa se verá logo do 26M.
–R. A. Evidentemente, con aquel grupo político que non comparta unha grande parte do noso programa e que antepoña intereses persoais por riba dos xerais.
–A. S. Creo que das poucas cousas que se aprenden en política é que cando se sae, hai que saír a gañar, sen facer ningún tipo de especulación. Nós aspiramos á alcaldía e a poder gobernar, sen entrar no debate sobre os pactos. Despois, en función do que xurda, xa se falará.
Cuestións familiares impediron a Castro responder o cuestionario.
La Voz de Galicia
Corrixido o erro: a lista electoral de TeGa xa foi incluída na circunscripción de Pontecesures.
No BOP do 30 de abril publícase a anuncio da Xunta Electoral de Zona coas candidaturas definitivas para as eleccións locais do vindeiro 26 de maio. A lista de TeGa xa figura correctamente incluída en Pontecesures xunto coas outras catro (PP, PSdeG-PSOE, IP e BNG).
Un error lleva la lista de Terra Galega de Pontecesures a Pontevedra.
Souto Cordo ya ha reclamado y espera que se pueda subsanar el desaguisado.
El pasado lunes Ángel Souto confirmaba a La Voz que, una vez más, Terra Galega iba a presentar una candidatura para las elecciones municipales que se celebrarán el 26 de mayo. La sorpresa saltó cuando el Boletín Oficial de la Provincia publicó las listas y en las de la localidad cesureña figuraban las de Independientes de Pontecesures, PP, BNG y PSOE pero no la de TeGa. ¿Qué había pasado? Pues que un error a la hora de realizar la inscripción había traslado la aventura de Souto Cordo de intentar arrebatar la alcaldía a Vidal Seage, con quien ahora gobierna en coalición, a hacerlo nada menos que a Miguel Anxo Fernández Lores, puesto que la suya es una de las diez listas que figuran en la capital de la provincia.
Tras el sofoco inicial, Ángel Souto y su equipo se pusieron manos a la obra para intentar reparar el desaguisado. Elevaron una reclamación a la junta electoral para solicitar la rectificación y que Terra Galega regrese a las tierras cesureñas. En la formación cesureña están convencidos de que todo se subsanará y que lo sucedido quedará en una simple anécdota. TG fue la tercera fuerza más votada en los comicios que se celebraron hace cuatro años y ha contado con dos concejales en el mandato que está a punto de concluir.
La de Terra Galega es una de las 50 candidaturas que se han registrado en los concellos de O Salnés y del Baixo Ulla. El PP y el PSOE tendrán representación en todos ellos y el BNG en diez de los once puesto que, de nuevo, no ha conseguido formar una candidatura en Valga. Allí, justamente, ha surgido una de las sorpresas puesto que socialistas y populares se las tendrán que ver esta vez con una marea, la de Valga Viva que lidera Manuel Castiñeiras.
También habrá novedades en Vilagarcía, con la presencia de Vox y Ciudadanos y en Cambados, donde la formación naranja también se estrena en los próximos comicios, con Sergio Abal, hermano del concejal José Ramón Abal a la cabeza.
La Voz de Galicia
Candidaturas para as eleccións municipais en Pontecesures.
Independientes de Pontecesures (IP)
- María Isabel Castro Barreiro.
- Francisco García Sobrino.
- Miguel Ángel Ferreirós Lema.
- María del Carmen Conde Barral.
- Claudio Jamardo Lafuente.
- Silvana Lema Saborido.
- Marcelino Julián Villalongo.
- María Estela Agrasar Crespo.
- Susana Rivas Castro.
- José Carlos De Jesús Conzález.
- Magda Miroslava Gil Martinez.
Suplente. 1. Fernando Soto Gómez.
Partido Popular (PP)
- Juan Manuel Vidal Seage.
- Laura Villar Matos.
- José Ramón Cadilla Piñeiro.
- Raimundo Vázquez Iglesias.
- Mónica Espadas Díez.
- Luciano Freiría Castiñeiras.
- María José Cascallar Lafuente.
- Francisco Javier Lorenzo Barros.
- María Dolores Miguéns González.
- Daniel Alejandro Casalderrey Chimenti.
- María Luz Campos Taibo
Suplente: 1. Jorge Conde López.
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
- Cecilia Tarela Barreiro.
- Margarita Carolina García Castro.
- María del Pilar García Dios.
- Alberto Rivas de Jesús.
- Iván Fernández Iglesias.
- María del Pilar Pedrosa Agrasar.
- María Vanessa Castro Agrasar.
- Dores Rial Barreiro.
- Santiago Rivas Figueira.
- Samuel García Castro.
- Alejandro Magariños Iglesias.
Suplentes: 1. Magdalena García Abalo. 2. Ana Isabel Portas Potel. 3. Ethan Javier Potel Gómez.
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE)
- Roque Luis Araújo Rey.
- Concepción Gómez Figueira.
- José María Carles Muñíz.
- Mónica Karina Rey Roldán.
- Enrique José Herránz Grela.
- Jennifer Agrasar Crespo.
- José Manuel Rey Fraga.
- María del Carmen Otero Vidal.
- José María Zapata Casal.
- María del Carmen Dios Bascuas.
- Daniel Chenlo Padín.
Suplentes: 1. Ramona Barreiro Domínguez. 2. Óscar Gerpe Rodríguez. 3. Rosa Ana Otero Rial.
Terra Galega (TeGa)
- Ángel Manuel Souto Cordo.
- María Teresa García Miniño.
- María Josefa Rial Rodríguez.
- Aser Iglesias Rubio.
- Juan Carlos Mosquera Ferreiro.
- Miguel Saavedra Santiago.
- María del Carmen Rodríguez Castrelo.
- Pablo Silva Valiño.
- María Nazaret Agrasar Crespo.
- Mercedes Domínguez Abreu.
- Adrián Jamardo Castro.
Suplentes: 1. Adrián Suárez Castro. 2. Betina Poceiro Agrasar. 3. José Ríos Neira. 4. María Mercedes Touriño Castromán. 5. José Diango Agrasar Crespo. 6. María Paz Oliveira. 7. Gonzalo Iván González Arrietta.